De como a dereita e a falsa esquerda che roubaron xa (II)

No artigo anterior vimos como a coalición inmobiliaria PP-PSOE fixo perder ao Concello máis de 25 millóns de euros desde 2014, cinco millóns de euros menos cada ano na recadación do IBI que poderían ter sido gastados no mantemento e mellora dos servizos e bens públicos municipais. Unha contía substantiva que serve para que o bipartidismo clásico presuma do ben que están os petos dos seus votantes a conta do mal que está a cidade. O indivualismo privado contra o público do común.

Máis...

Comparando allos e bugallos

Hai quen non gosta das comparacións. Un pode sair malparado se se coloca do lado de quen é ou está mellor, ou tamén pode sentir un desexo irrefrenable de comprar un tractor máis grande que o do viciño aínda que teña unha leira máis pequena. Porén, tamén hai quen copia boas prácticas, casos de éxito e aprende do que paga a pena imitar, aínda que ás veces tente aplicalo a realidades ben distintas. Comparar pode ser, por tanto, bo ou malo, depende.

Máis...

Leccións sobre Vox e a esquerda desde Andalucía

Os comentarios que vou realizar neste artigo están baseados na análise dos resultados electorais do pasado domingo en Andalucía. Os datos proveñen do reconto provisional publicado pola Junta para as sección censuais andaluzas. Describo os resultados de cada opción de voto (forzas políticas, abstención, brancos e nulos) e tamén comparo estes resultados cos obtidos nas anteriores eleccións autonómicas de 2015 para tentar explicar a súa evolución.

Máis...

De mudanza (outra vez)

Despois de tres anos sabáticos comezarei a pór orde nos meus documentos e irei vertendo aquí de vagar aqueles contidos que ache máis interesantes.

Máis...