Por invitación de Xesús Vega veño de escribir un artigo para unha revista española de pensamento crítico na que analizo a situación do nacionalismo galego á luz dos resultados do 21-O.
Xoguemos. Eu doulles dous gráficos cos resultados do BNG e do PSOE e Vostedes sinalan as diferenzas.
Esta é a relación entre a variación entre 2009 e 2012 e concello a concello do resultado da coalición AGE (IU+Anova), comparándoa coa evolución análoga do BNG, do PSOE e da abstención.
Se tivera que apostar non o dubidaba. Até o día en que rematou o traballo de campo da última enquisa publicada Feijoo reeditaría para o PP a maioría absoluta no Parlamento de Galicia.
Colgo na rede dous artigos de análise sociopolítica. Un, a versión integra da análise do 15M do libro de 2.0 editora, que por un erro saíu do prelo sen gráficos e pés de páxina. Outro, a versión extendida da análise do 20N en Galicia para o número de decembro de Tempos Novos.
A revista de análise e actualidade Tempos Novos convidoume máis unha vez, como nestes últimos dez anos, a facer unha avaliación dos resultados electorais do 20N. Este é un extracto da miña colaboración, publicada no número de decembro.
Os resultados das eleccións municipais demostran que a cultura dos pactos de goberno depara mellores resultados a todas as forzas políticas que gobernar en solitario, con maioría ou en minoría. Isto é especialmente certo para PSOE e BNG, que están chamadas a falar, entenderse e cooperar para non seren varridas do mapa polo PP.
“A medida que un debate interno do BNG sobre os resultados electorais negativos avanza, a probabilidade de que se empreguen análises erradas/interesadas achégase a 1″.
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE

