Cada vez que alguén representa nun mapa de Galicia unha variable municipal independente da superficie, sexa esta a poboación, os votos ou a porcentaxe de mozos, un porquiño celta morre esmagado por unha campá de Gauss nalgún lugar deste Far West.
Preparando cambios no sitio web dei por experimentar varias formas de representar graficamente a información estatística, nomeadamente representacións cartográficas de datos para os concellos galegos. Esta anotación amosa as posibilidades de Tableau Public, un dos servizos con modalidade gratuíta que vén merecendo mellores críticas por parte dos especialistas en visualización de datos.
Despois de facer un curso en liña e gratuíto do IGN, e de tentar infrutuosamente matricularme noutro máis, atopei o outro día no blogue da IDEE unha anotación sobre unha ferramenta informática moi tentadora: o MapAnalyst.
Con esta aplicación libre e gratuíta pódense comparar dous mapas e establecer cales [...]
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE

