Uns resultados rápidos, brutos e provisionais de aperitivo mentres Gonzalo Rivero e mais eu traballamos nunha estimación electoral para o 21 de outubro.
Para avaliar mellor os datos que nos ofrece a recentemente publicada enquisa preelectoral do CIS coido interesante ver a evolución histórica de algunhas das súas respostas.
As enquisas en Vigo caracterízanse neste mandato por presentar os seus resultados menos flutuacións que as elaboradas no mandato anterior. O cadro componse dun BNG con lixeira tendencia á baixa e perda dun edil, dun PSOE e dun PP que se manterían ou gañarían o edil perdido polos nacionalistas.
Se nos fiamos das enquisas, Santiago de Compostela sería trala xornada electoral, e descontando os efectos que sobre o voto poidan ter as mobilizacións do 15-M, un remanso de paz e tranquilidade, pois pouco ou nada se movería.
En Pontevedra as enquisas indican movementos significativos que, como probablemente acontecerá en toda Galicia, favorecen dos dous ao socio máis forte do goberno bipartito, aquel que detenta a alcaldía, e que neste caso é o BNG e non o PSOE.
O PSOE vería aumentar a súa representación, segundo as últimas sondaxes de cada instituto, entre 1 e 3 escanos, para acadar de 9 a 11 representantes, en vez dos 8 que ten agora. Esa sería a cifra de edís que perdería o BNG, que podería obter entre 3 e 4, entanto o PP manteríase [...]
O primeiro a ter en conta nas enquisas electorais de Ferrol é a existencia de dous datos artificiais correspondentes ao que con evidencia se trata dunha mesma enquisa divulgada en forma de dúas diferentes, en días consecutivos, unha polo PSOE ferrolán e outra pola prensa ferrolá.
As enquisas amosan como tendencias un crecemento significativo do PP, unha flutuación do PSOE arredor dos valores cos que principiou o mandato, e unha descida igualmente significativa do BNG.
Se para a última década de enquisas electorais referidas aos comicios autonómicos galegos se realiza un cálculo dos efectos domésticos (house effects) de cada un dos autores de enquisas, e se ao mesmo tempo se calcula o nesgo que cometen o conxunto das enquisas como instrumento de medición da conxuntura política, pódense corrixir [...]
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE

