Cada vez que alguén representa nun mapa de Galicia unha variable municipal independente da superficie, sexa esta a poboación, os votos ou a porcentaxe de mozos, un porquiño celta morre esmagado por unha campá de Gauss nalgún lugar deste Far West.
Por invitación de Xesús Vega veño de escribir un artigo para unha revista española de pensamento crítico na que analizo a situación do nacionalismo galego á luz dos resultados do 21-O.
Xoguemos. Eu doulles dous gráficos cos resultados do BNG e do PSOE e Vostedes sinalan as diferenzas.
Esta é a relación entre a variación entre 2009 e 2012 e concello a concello do resultado da coalición AGE (IU+Anova), comparándoa coa evolución análoga do BNG, do PSOE e da abstención.
Velaquí os resultados de estimación de voto para Galicia producidos polo modelo no que Gonzalo Rivero e máis eu estivemos traballando estes días.
Neste artigo analizo algúns argumentos que poderían facer pensar na posibilidade dun sorpasso da AGE de Beiras sobre o BNG de Jorquera.
Uns resultados rápidos, brutos e provisionais de aperitivo mentres Gonzalo Rivero e mais eu traballamos nunha estimación electoral para o 21 de outubro.
Para avaliar mellor os datos que nos ofrece a recentemente publicada enquisa preelectoral do CIS coido interesante ver a evolución histórica de algunhas das súas respostas.
O gráfico seguinte amosa como se distribúe o electorado galego, o que se considera nacionalista (galego) e o que non, en función do seu grao de nacionalismo.
A revista de análise e actualidade Tempos Novos convidoume máis unha vez, como nestes últimos dez anos, a facer unha avaliación dos resultados electorais do 20N. Este é un extracto da miña colaboración, publicada no número de decembro.
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE

