Cada vez que alguén representa nun mapa de Galicia unha variable municipal independente da superficie, sexa esta a poboación, os votos ou a porcentaxe de mozos, un porquiño celta morre esmagado por unha campá de Gauss nalgún lugar deste Far West.
Neste artigo analizo algúns argumentos que poderían facer pensar na posibilidade dun sorpasso da AGE de Beiras sobre o BNG de Jorquera.
Coa excusa dun estudo do Instituto Cervantes retomei a idea de cuantificar a presenza do galego na rede. Nos últimos anos non atopei por ningures unha estimación do tamaño do mercado interno da lingua galega en internet, un dato básico para quen desenvolve proxectos dixitais no noso idioma e/ou plurilingües.
Con ocasión das eleccións municipais do 22 de maio de 2011 enceto a publicación dunha serie de artigos de análise do rendemento das forzas políticas nos gobernos municipais dos 315 concellos galegos.
Desde A nave das ideas chégame un convite para colaborar nunha reflexión colectiva sobre a necesidade dun novo medio de comunicación en Galicia.
Non podemos máis que saudar e aplaudir a publicación por parte do IGE deste vocabulario estatístico, que se vén a sumar ao elaborado e publicado no seu día pola Universidade da Coruña. É unha noticia magnífica que por fin poidamos falar con rigor e naturalidade de desvío padrón no canto de [...]
As gráficas que presento a seguir foron extraídas dunha enquisa sociolingüística realizada dentro dun colectivo humano moi concreto pertencente a unha cidade galega. Non debo, por razóns obvias desvelar máis detalles sobre este traballo, mais o que me interesa é verificar como unha ferramenta científica de natureza estatística serve para describir de forma gráfica o [...]
Para desestresar e desconsolar, como diría o mestre da MPB, dei en rematar un traballo comezado hai tempo: a localización ao galego do reprodutor multimedia da Fundación Mozilla, o Songbird, que acaba de saír na súa versión 1.0.
A tradución está completa ao 100%, con que o noso [...]
Songbird é un reprodutor multimedia multiplataforma (linux, windows, mac) gratuíto e libre, vinculado á Fundación Mozilla.
O Songbird aproveita así moita da arquitectura que está facendo trunfar aos produtos da casa Mozilla, e conta entre as súa funcionalidades cun navegador web integrado, a posibilidade de incorporar extensións [...]
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE

