Moito cambiou en Cataluña desde que seguín as eleccións ao Parlament por vez primeira en 2006, ano en que os cataláns aprobaron aquel novo Estatut que 4 anos despois o Tribunal Constitucional daría en castrar. Nesta anotación recollo algúns dos retallos que me axudaron estes días a interpretar o que está a acontecer [...]
Por invitación de Xesús Vega veño de escribir un artigo para unha revista española de pensamento crítico na que analizo a situación do nacionalismo galego á luz dos resultados do 21-O.
Xoguemos. Eu doulles dous gráficos cos resultados do BNG e do PSOE e Vostedes sinalan as diferenzas.
Esta é a relación entre a variación entre 2009 e 2012 e concello a concello do resultado da coalición AGE (IU+Anova), comparándoa coa evolución análoga do BNG, do PSOE e da abstención.
O prognóstico prometido, estimado tan só con base nas enquisas publicadas até o luns pasado. PP 39-41 PSOE 18-21 BNG 8-11 AGE 6 Resto 0
O gráfico seguinte amosa como se distribúe o electorado galego, o que se considera nacionalista (galego) e o que non, en función do seu grao de nacionalismo.
Colgo na rede dous artigos de análise sociopolítica. Un, a versión integra da análise do 15M do libro de 2.0 editora, que por un erro saíu do prelo sen gráficos e pés de páxina. Outro, a versión extendida da análise do 20N en Galicia para o número de decembro de Tempos Novos.
A revista de análise e actualidade Tempos Novos convidoume máis unha vez, como nestes últimos dez anos, a facer unha avaliación dos resultados electorais do 20N. Este é un extracto da miña colaboración, publicada no número de decembro.
Nesta anotación presento a miña estimación da taxa de participación para as eleccións xerais do próximo domingo 20 de novembro en Galicia.
O motor de busca de Google Insights, unha división dos servizos Google orientada ás prácticas de marketing na rede, permite medir o momentum electoral das forzas políticas galegas semana a semana. Os gráficos a seguir mostran as posicións relativas de fortaleza do PP e de febleza de PSOE e BNG.
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE

