Por invitación de Xesús Vega veño de escribir un artigo para unha revista española de pensamento crítico na que analizo a situación do nacionalismo galego á luz dos resultados do 21-O.
Xoguemos. Eu doulles dous gráficos cos resultados do BNG e do PSOE e Vostedes sinalan as diferenzas.
Esta é a relación entre a variación entre 2009 e 2012 e concello a concello do resultado da coalición AGE (IU+Anova), comparándoa coa evolución análoga do BNG, do PSOE e da abstención.
Neste artigo analizo algúns argumentos que poderían facer pensar na posibilidade dun sorpasso da AGE de Beiras sobre o BNG de Jorquera.
Se tivera que apostar non o dubidaba. Até o día en que rematou o traballo de campo da última enquisa publicada Feijoo reeditaría para o PP a maioría absoluta no Parlamento de Galicia.
Colgo na rede dous artigos de análise sociopolítica. Un, a versión integra da análise do 15M do libro de 2.0 editora, que por un erro saíu do prelo sen gráficos e pés de páxina. Outro, a versión extendida da análise do 20N en Galicia para o número de decembro de Tempos Novos.
A busca avanzada do Twitter por cadeas e localización permite seguir o fin de semana asembleario do BNG, e a súa API recoller e analizar a través de R todo o escrito polos tuiteiros. Velaquí unha escolma dos chíos xa descartados os máis involucrados con esta organización política:
A revista de análise e actualidade Tempos Novos convidoume máis unha vez, como nestes últimos dez anos, a facer unha avaliación dos resultados electorais do 20N. Este é un extracto da miña colaboración, publicada no número de decembro.
Hai quen quer ver repuntamentos electorais do BNG nas eleccións municipais de 2007 cando nunca aconteceu cousa tal. Hai quen no seu día quixo magnificar unha suba mínima do voto ao BNG nas eleccións xerais de 2008. Rebatirei estes intentos de suavizar a crise do proxecto político hexemónico do nacionalismo galego [...]
Os resultados das eleccións municipais demostran que a cultura dos pactos de goberno depara mellores resultados a todas as forzas políticas que gobernar en solitario, con maioría ou en minoría. Isto é especialmente certo para PSOE e BNG, que están chamadas a falar, entenderse e cooperar para non seren varridas do mapa polo PP.
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE

