Que é unha cookie?

Unha cookie é un ficheiro de texto inofensivo que se almgarda no teu navegador cando visitas case calquera páxina web. A utilidade da cookie é que a web sexa capaz de lembrar a túa visita cando volvas navegar por esa páxina. Aínda que moita xente non o sabe as cookies lévanse empregando desde hai 20 anos, cando apareceron os primeiros navegadores para a World Wide Web.

Qué NON É unha cookie?

Non é un virus, nin un troiano, nin un verme, nin spam, nin spyware, nin abre xanelas emerxentes.

Que información garda unha cookie?

As cookies non adoitan gardar información sensible persoal, como cartóns de crédito ou datos bancarios, fotografías, o teu DNI ou outra información persoal. Os datos que gardan son de carácter técnico, preferencias persoais de navegación, personalización de contidos, etc.

O servidor web non se asocia a ti senón ao teu navegador web. De feito, se navegas habitualmente con Internet Explorer e probas a navegar pola mesma web con Firefox ou Chrome verás que a web non se decata de que se trata da mesma persoa porque en realidade está a asociar o navegador, non a persoa.

Que tipo de cookies existen?

  • Cookies técnicas: Son as máis elementais e permiten, entroutras cousas, saber cando está a navegar un humano ou un aplicativo automatizado, cando navega un usuario anónimo ou un rexistrado, tarefas básicas para o funcionamento de calquera web dinámica.
  • Cookies de análise: Recollen información sobre o tipo de navegación que estás a realizar, as seccións que máis visitas, produtos consultados, franxa horaria de uso, idioma, etc.
  • Cookies publicitarias: Amosan publicidade en función da súa navegación, o seu país de procedencia, idioma, etc.

Que son as cookies propias e as de terceiras partes?

As cookies propias son as xeradas pola páxina que estás a visitar e as de terceiros son as xeradas por servizos ou provedores externos como Facebook, Twitter, Google, etc.

Que acontece se desactivo as cookies?

Para que entendas o alcance que pode ter desactivar as cookies amosámosche uns exemplos:

  • Non poderás compartir contidos desa web en Facebook, Twitter ou calquera outra rede social.
  • O sitio web non poderá adaptar os contidos ás túas preferencias persoais, como adoita ocorrer nas tendas online.
  • Non poderás acceder á área persoal desa web, por exemplo A miña conta, ou O meu perfil ou Os meus pedidos.
  • Tendas online: Serache imposible realizar compras en liña, terán que ser telefónicas ou visitando a tenda física se é que dispón dela.
  • Non poderás personalizar as túas preferencias xeográficas como franxa horaria, divisa ou idioma.
  • O sitio web non poderá realizar analíticas web sobre visitantes e tráfico na web, o que dificultará que a web sexa competitiva.
  • Non poderás escribir no blogue, subir fotos, publicar comentarios, valorar ou puntuar contidos. A web tampouco poderá saber se es un humano ou un aplicativo automatizado que publica spam.
  • Non se poderá mostrar publicidade segmentada, o que reducirá os ingresos publicitarios da web.
  • Todas as redes sociais usan cookies, se as desactiva non poderá utilizar ningunha rede social.

Pódense eliminar as cookies?

Si. Non só eliminar, tamén bloquear, de forma xeral ou particular para un dominio específico.

Para eliminar as cookies dun sitio web debes ir á configuración do teu navegador e alí poderás buscar as asociadas ao dominio en cuestión e proceder á súa eliminación.

A continuación indicámosche como acceder a unha cookie determinada do navegador Chrome da Google. Nota: estes pasos poden variar en función da versión do navegador:

  1. Vai a Configuración ou Preferencias mediante o menú Arquivo ou ben premendo na icona de personalización que aparece arriba á dereita.
  2. Verás diferentes seccións, preme na opción Mostrar opcións avanzadas.
  3. Vai a Privacidade, Configuración de contido.
  4. Selecciona Todas as cookies e os datos de sitios.
  5. Aparecerá unha listaxe con todas as cookies ordenadas por dominio. Para que che sexa máis fácil atopar as cookies dun determinado dominio introduce parcial ou totalmente o enderezo no campo Buscar cookies.
  6. Tras aplicar este filtro aparecerán na pantalla unha ou varias liñas coas cookies da web solicitada. Agora só tes que seleccionala e premer o X para eliminala.

Para acceder á configuración de cookies do navegador Internet Explorer da Microsoft segue estes pasos (poden variar en función da versión do navegador):

  1. Vai a Ferramentas, Opcións de Internet.
  2. Preme en Privacidade.
  3. Move o deslizador até axustar o nivel de privacidade que desexes.

Para acceder á configuración de cookies do navegador Firefox da Fundación Mozilla segue estes pasos (poden variar en función da versión do navegador):

  1. Vai a Opcións ou Preferencias, dependendo do teu sistema operativo.
  2. Preme en Privacidade.
  3. En Historial elixe Usar unha configuración personalizada para o historial.
  4. Agora verás a opción Aceptar cookies, podes activala ou desactivala segúndo as túas preferencias.