O meu nome é Carlos Neira Cortizas. Dedícome profesionalmente á consultoría nas áreas da economía, a estatística, a administración pública, a comunicación e as novas tecnoloxías da información. Calidonia Hibernia é o meu nome comercial, e tamén dá título a este sitio web.
Formeime como economista especializado en metodoloxías cuantitativas na USC, e desde entón realicei traballos en diversas áreas científicas e profesionais relacionadas co deseño de operacións estatísticas, o diagnóstico socioeconómico e empresarial e a avaliación e implementación de políticas públicas. Como resultado das tarefas de dirección e supervisión d eproxectos posúo experiencia na planificación e organización do traballo e na xestión do coñecemento.
Ao longo da miña traxectoria teño traballado tamén no ámbito dos medios de comunicación, especializándome nos estudio de opinión e na análise sociopolítica e electoral. Sobre este tema teño investigado e publicado, sendo un dos meus temas preferidos que ocupa boa parte dos contidos desta web.
Usuario da informática persoal desde os 11 anos co tempo, a inquietude e a experiencia fun adquirindo habilidades tecnolóxicas que acabaron desembocando no meu descubrimento do software libre e as súas múltiples posibilidades. Froito da combinación entre este movemento e o meu traballo é a localización de software ao galego e introdución no mercado galego do primeiro sistema profesional de enquisas multilingües orientado á empresa.
Na actualidade sou membro da Sociedade Galega para a Promoción da Investigación Operativa, SGAPEIO, e da Asociación Española de Responsables de Comunidad, AERCO. Podes atopar máis información sobre o meu currículo na rede profesional LinkedIn. Dúas versións visuais do mesmo poden verse aquí e máis aquí.
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Twitter
- RT @bufetalmeida: Lo más cercano a cero #esserespañol y por eso todo español quiere ser uno, y único.
- RT @GALANTIQUA: +Galiza se inclina por abandonar el BNG http://t.co/x9NBz5nU vía @elcorreogallego
- RT @xesgarcia: IU parece a gañadora do congreso do psoe e da asamblea do BNG
- RT @millanfernandez: @fbatallan moito, amigo, moito. estou dacordo. nos, o bng e a esquerda en xeral. facendo todo o contrario doq tiña ...
- RT @flipaita: 100% acordo @EstevoSG: Pois qué queredes que vos diga, pensei que era só o BNG, pero non. PArece que ninguén ten interese ...
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito localización lugo música mapa multimedia municipais municipal nacionalismo ourense partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta

