Por invitación da amiga Belén Fernández Suárez o vindeiro luns 18 estarei na Facultade de Socioloxía da UDC para falar de sondaxes electorais en Galicia: aspectos metodolóxicos, historia e comportamento.
Este é o resultado dun pequeno experimento que realicei nas redes sociais. Invitei a quen quixera participar a que situara nun mapa de partidos políticos de Galicia as novas forzas AGE e CxG, xusto antes de coñecermos o postelectoral do CIS.
Moito cambiou en Cataluña desde que seguín as eleccións ao Parlament por vez primeira en 2006, ano en que os cataláns aprobaron aquel novo Estatut que 4 anos despois o Tribunal Constitucional daría en castrar. Nesta anotación recollo algúns dos retallos que me axudaron estes días a interpretar o que está a acontecer [...]
Por invitación de Xesús Vega veño de escribir un artigo para unha revista española de pensamento crítico na que analizo a situación do nacionalismo galego á luz dos resultados do 21-O.
Xoguemos. Eu doulles dous gráficos cos resultados do BNG e do PSOE e Vostedes sinalan as diferenzas.
Esta é a relación entre a variación entre 2009 e 2012 e concello a concello do resultado da coalición AGE (IU+Anova), comparándoa coa evolución análoga do BNG, do PSOE e da abstención.
O prognóstico prometido, estimado tan só con base nas enquisas publicadas até o luns pasado. PP 39-41 PSOE 18-21 BNG 8-11 AGE 6 Resto 0
Nas sondaxes a pé de urna realízanse entrevistas ás portas daqueles colexios electorais que mellor representan os resultados electorais pasados.
Velaquí os resultados de estimación de voto para Galicia producidos polo modelo no que Gonzalo Rivero e máis eu estivemos traballando estes días.
Neste artigo analizo algúns argumentos que poderían facer pensar na posibilidade dun sorpasso da AGE de Beiras sobre o BNG de Jorquera.
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE

