Este é o resultado da análise do mercado das tablets empregando a metodoloxía da regresión hedonista que expliquei na anotación anterior.
En 2002 comecei a aplicar un estudo de mercado propio para a adquisición dun PC portátil co obxectivo de obter a mellor relación calidade/prezo. Non sabía eu entón que un enfoque idéntico se utiliza na literatura científica económica como método de cálculo do IPC para produtos tecnolóxicos con características rapidamente cambiantes.
Preparando cambios no sitio web dei por experimentar varias formas de representar graficamente a información estatística, nomeadamente representacións cartográficas de datos para os concellos galegos. Esta anotación amosa as posibilidades de Tableau Public, un dos servizos con modalidade gratuíta que vén merecendo mellores críticas por parte dos especialistas en visualización de datos.
Nesta anotación presento a miña estimación da taxa de participación para as eleccións xerais do próximo domingo 20 de novembro en Galicia.
O motor de busca de Google Insights, unha división dos servizos Google orientada ás prácticas de marketing na rede, permite medir o momentum electoral das forzas políticas galegas semana a semana. Os gráficos a seguir mostran as posicións relativas de fortaleza do PP e de febleza de PSOE e BNG.
Revisito un traballo que realicei con ocasión da catastrófica vaga de incendios de 2006. No artigo analizaba a relación entre os lumes rexistrados no quinquenio 2001-2005 (últimos datos feitos públicos pola Xunta de Galicia a nivel municipal), e a cor política dos concellos ardidos.
A finais de mes 2.0 editora publicará en soporte físico e dixital e baixo licenza Creative Commons un libro colectivo sobre o 15M coordinado por Marcos S. Pena e prologado por Manuel M. Barreiro no que tiven a fortuna de participar.
As familias dos concellos galegos menos dinámicos socioeconomicamente foron os primeiros en sentir os efectos da crise económica xa en 2008. Na análise dos ingresos parece existir por tanto unha analoxía entre concellos e familias ou individuos con menos renda, o que é unha nova proba do aumento das desigualdades.
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
ESTÁS EN
Home > estatísticaTraducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta

