Calidonia Hibernia » Calidonia Hibernia

Outro xeito de visualizar información
Preparando cambios no sitio web dei por experimentar varias formas de representar graficamente a información estatística, nomeadamente representacións cartográficas de datos para os concellos galegos. Esta anotación amosa as posibilidades de Tableau Public, un dos servizos con modalidade gratuíta que vén merecendo mellores críticas por parte dos especialistas en visualización de datos.

O módulo javascript inferior presenta dous mapas con información sobre a renda media dos concellos galegos. O primeiro presenta un índice de nivel para o ano 2008, entanto o segundo presenta unha porcentaxe de variación para o período 1996-2008. Por renda represéntase a renda familiar bruta dispoñible por habitante, cos datos publicados polo IGE para o período 2000-2008 e para o ano 1996 (estes últimos xa non dispoñibles na súa web).

<object
class="tableauViz" width="854" height="919" style="display:none;"><param
name="host_url" value="http%3A%2F%2Fpublic.tableausoftware.com%2F" /><param
name="name" value="RendaFamiliarBrutaDispoibleporHabitanteenGalicia/ndicedaRendaFamiliarBrutaDispoibleporHabitantemediagalegaen20081" /><param
name="tabs" value="yes" /><param
name="toolbar" value="no" /><param
name="static_image" value="http://public.tableausoftware.com/static/images/Re/RendaFamiliarBrutaDispoibleporHabitanteenGalicia/ndicedaRendaFamiliarBrutaDispoibleporHabitantemediagalegaen20081/1.png" /><param
name="animate_transition" value="yes" /><param
name="display_static_image" value="yes" /><param
name="display_spinner" value="yes" /><param
name="display_overlay" value="yes" /></object>

Incendios, partidos e transparencia informativa
Revisito un traballo que realicei con ocasión da catastrófica vaga de incendios de 2006. No artigo analizaba a relación entre os lumes rexistrados no quinquenio 2001-2005 (últimos datos feitos públicos pola Xunta de Galicia a nivel municipal), e a cor política dos concellos ardidos.

Estes datos de lumes e superficies queimadas foran distribuídos pola Consellaría de Medio Rurral dirixida por Alfredo Suárez Canal con anterioridade aos lumes estivais que asolaron boa parte de Galicia en 2006, e que finalmente levaron ao goberno bipartito a decretar a non publicación da información estatística relativa ao detalle municipal dos incendios. Desde entón os datos dispoñibles non baixan do nivel do distrito forestal e non se publican, no que é unha clara vulneración da obriga de transparencia que teñen as Administracións.

Decidín asignar todos os lumes do ano electoral 2003, alí onde houbo cambio de goberno, ao partido que iniciou o exercicio, baseándome como de costume en que entre as eleccións (maio) ou as tomas de posesión (xuño) ou a formación de goberno (variable) e o período de máxima incidencia dos lumes (finais de xullo e todo agosto) transcorre un período de tempo moi breve que non da pé a variar a política nin a xestión forestal municipal.

Malia a que a competencia autonómica na materia é central existen unha morea de elementos de competencia municipal que inciden en maior ou menor medida no coidado dos nosos montes: a xestión municipal ou mancomunada dos parques de bombeiros, a aposta do goberno municipal pola prevención, o cumprimento dunha existente ou non ordenanza de limpeza de fincas e camiños, a comunicación e a coordinación na extinción de lumes, o nivel de retribución do persoal de bombeiros e protección civil, a conservación e mantemento dos equipos antiincendios… ou simplemente poder dispoñer da chave da motobomba cando se necesita.

En calquera caso esta análise non pretende en absoluto ser explicativa dos incendios, senón simplemente descritiva, introducindo na análise estatística dos lumes, das súas causas e dos seus efectos, unha nova variábel como é a cor política do concello onde se producen.

O reparto do territorio e da masa forestal

Durante o período 2001-2005 o PP ostentou a alcaldía dunha media de 227 concellos, mentres que o PSOE fixo o propio en 60, o BNG en 14 e o resto de forzas noutros 14. A partir dos datos de superficies forestais recollidas no Anuario de Estatística Agraria do ano 2004 agregamos as superficies segundo a cor política da alcaldía,e calculamos a media para o quinquenio, obtendo a seguinte distribución:

O PP administraba a través dos concellos unha media de case 2 millóns de Ha durante o período analizado, sendo de lonxe a forza política cunha maior porcentaxe de territorio, roldando o 73-75% da superficie galega, aproximadamente a mesma porcentaxe dos 315 concellos galegos nos que ocupaba a alcaldía. Pola súa banda o PSOE posuía alcaldes ou alcaldesas nun 18-19% do territorio, o BNG nun 4% e o resto de forzas (independentes, DG e CDS) nun 5-6%. Ditas porcentaxes da superficie total (ST) son extrapolables á superficie forestal (SF), e dentro desta con pequenas variacións, ás superficies arboradas (SA) e rasas (SR).

Visualizamos as carecterísticas do concello-tipo administrado por cada forza política na seguinte táboa (100 Ha=1 Km2):

Cada concello-tipo do PP xestionaba por termo medio unha ST e unha SF superior nun 3-4% á media galega, entanto o do PSOE era un 5-7% inferior e o do BNG un 16-20% inferior. No tocante á superficie arborada, en cambio, as diferenzas eran menores, correspondendo aos concellos-tipo do PP e do PSOE practicamente a mesma SA que a media galega (un 1% superior) e aos do BNG unha un 8% inferior. No que di a respecto da supercie rasa, polo contrario, as diferenzas aumentan: os do PP administraban unha SR superior nun 8% á media galega, os do PSOE unha un 18% menor  e os do BNG unha un 32% menor.

Por tanto, apenas existen diferenzas nas masas arboradas xestionadas por cada forza política nos concellos nos que detentaban a alcaldía, devindo das diferentes extensións de superficies rasas as diferenzas nas superficies totais e forestais. Expresado graficamente:

Demóstrase así a semellanza entre as tres principais forzas políticas en canto á superficie arborada xestionada, se ben a masa arborada tiña un peso máis importante nos concellos con alcaldía do BNG, por teren menos extensión de superficie forestal rasa e non forestal, e en menor medida o mesmo se pode afirmar dos concellos-tipo do PSOE. Tamén se verifica a importancia relativa da SAU nos concellos gobernados por outras forzas políticas minoritarias.

O número de lumes

Para esta estatística botei man dos datos publicados en 2006 pola propia Consellaría, os cales inclúen todos os lumes, tanto conatos como incendios:

Os concellos con alcaldías do PP e do BNG rexistraron un número medio de lumes cada ano semellante, entanto os do PSOE e os do resto de forzas presentaron un número de sucesos menor.

As diferenzas cobran maior relevancia se poñemos en relación o número medio anual de lumes en cada concello coa súa superficie forestal. Entón demóstrase que foron os concellos con alcaldía nacionalista os que rexistraron no quinquenio 2001-2005 un maior número de lumes por Km2 forestal (3,46). Tamén se situaron por riba da media os concellos doutras forzas políticas minoritarias (3,18), entanto os concellos do PP e do PSOE rexistraron unha taxa igual ou inferior á media galega.

Se comparamos estes indicadores de incidencia dos lumes entre as distintas forzas políticas, concluiremos que os concellos do BNG experimentaron en termos relativos un 25% máis de lumes que os do PP, e case un 50% máis que os do PSOE. As diferenzas son signficiativas se temos en conta que as diferenzas estruturais en canto á superficie arborada xestionada por cada forza eran mínimas, e que as diferenzas na superficie rasa eran de signo contrario (o BNG xestionaba unha SR un 38% menor á do PP e un 17% menor á do PSOE). Naturalmente, pódese interpretar o maior número de lumes como o resultado dunha menor eficacia das políticas de prevención, pero tamén dunha maior intencionalidade incendiaria, aínda que pode haber moitas outras causas.

Non repetirei aquí a concomitancia neste fenómeno doutros factores explicativos alleos ao ámbito forestal, tanto humanos como económicos ou xeográficos e climatolóxicos. Mais considérese, por exemplo, que PSOE e BNG detentaron alcaldías en moitos concellos de maioría progresista conxunta, de natureza socioeconómica semellante. Neses concellos os factores non forestais deberían actúar de forma e con intensidade semellante, pero os datos de lumes demostran que iso non é así e que hai diferenzas notables entre eles.

A superficie queimada

Á vista da táboa outro dato salta á vista: a superficie queimada é, para as tres grandes forzas políticas, inversamente proporcional ao número de lumes que sufriron os seus concellos. Nos concellos do BNG queimáronse por termo medio 70 Ha por ano, fronte ás 91 Ha dos concellos do PSOE e as 102 das do PP, iso en termos absolutos. Mais en termos relativos a afirmación segue sendo igual de válida, e así os concellos do BNG son os que presentan os indicadores máis baixos en tres vertentes: ST, SF, e SA. Por tanto nos concellos con alcaldía nacionalista as superficies ardidas por cada lume foron moito menores que no resto.

Se interpretamos estes datos en termos de eficacia na extinción dos lumes, teríamos que afirmar que nos concellos do BNG foise un 12% máis eficaz na conservación da superficie total, entre un 17% máis eficaz na conservación da superficie forestal e entre un 44% e un 54% máis eficaz na conservación da superficie forestal arborada que nos concellos do PP e do PSOE.

A modo de conclusión

Á vista dos datos anteriores constátase que os concellos con alcaldía do BNG eran algo máis pequenos pero relativamente máis arborados que os gobernados por outras forzas, que rexistraron un número de lumes moi superior ao do resto de forzas e máis que proporcional á extensión das masa arbóreas, e que as superficies medias ardidas por lume nos mesmos foron moito menores que nos concellos con alcalde ou alcaldesa do PP ou do PSOE.

Pregúntase un, encontro que lexitimamente, se estas evidencias do período 2001-2005 serían extensibles ao fatídico ano 2006, no que ardeu máis superficie que no quinquenio anterior (só 77.000 Ha nos doce días de agosto), e tamén aos anos sucesivos até hoxe, mais por desgraza a información foinos máis unha vez furtada.

O escurantismo e a ocultación non é nunca defendible, na miña opinión, nin sequera cando se xustifica sobre o denominado efecto chamada que a comunicación ten sobre os incendios (ou sobre o terrorismo, ou…). A transparencia informativa, os datos libres e abertos, son a condición necesaria (certamente non suficiente) para o coñecemento e a aprendizaxe individual e colectiva. Se nos quitan iso os dirixentes políticos acában construíndo discursos xustificativos ou exonerativos  que raian no máis groso dos esperpentos, e a cidadanía crítica e formada vese arrastrada a debates e opinións que merman a nosa calidade de vida democrática.

Vodafone, un conto de medo
Permítaseme hoxe aliviar aquí a miña impotencia e indefensión perante a compañía de telecomunicacións coa que levaba (levo?) máis de tres anos.

Tras informarme na internet (léase, obter información en maior medida da que me fornece a miña propia compañía) hai dous días chamei ao 122 (atención ao cliente de empresas e autónomos) para obter o número de fax ao cal hai que enviar por escrito a solicitude de baixa dunha liña e varios servizos.

A primeira na cara, ao solicitar atención en galego e obter por resposta que nese momento non estaba dispoñible dito servizo, que xa algunha vez utilizara (e coa de galegos no paro que hai). Finalmente e en perfecto castellano (o do empregado inmigrante que me atende, non o meu) describín durante varios minutos todo o que quería facer, utilizando para iso a nomenclatura propia da compañía que previamente tiña memorizado durante meses e meses de descifrar facturas.

Respirando con dificultade despois de tal esforzo outra interlocutora que me atendeu (algún día alguén terá que facer un documental coas confesións anónimas de ex operadores das compañías con atención telefónica) confírmame unha penalización por permanencia que xa esperaba, e acaba por dicirme que teño que tramitar todo a través dun número de fax 607… Un número de fax despois de facer todo por teléfono! Ben, case dei as grazas porque súo de medo só con pensar en ter que facer algo a través da súa web con usabilidade cero. Un número de fax pois, que polo visto varían dependendo do momento e do cliente (supoño eu que para que non se divulgue demasiado e anular así posibles baixas tramitadas a números errados).

Ocórreseme preguntar que facer cos equipos que teño que devolver e entón danme un enderezo de Madrid aos que ao parecer eu tería que envialos pola miña conta. Excuso dicirlles que a última vez me mandaron un mensaxeiro á casa a recollelos e me digo que xa virán por eles cando queiran. Primeiro desafogo. Métome no computador por uns minutos a redactar o documento. Baixo a un locutorio e envío o fax. 0,90 €.

Esperaba eu que no prazo de 48 horas, como se sinala nas condicións particulares do meu contrato e se recorda habitualmente nos foros de usuarios cabreados, cortaran liña e servizos. Pero por algunha razón transcorridos dous días e pico aínda podía utilizalos (e pagalos, claro) coma se nada. Un decátase nese intre de que xa temos interiorizado tanto a condición de ladróns de luva branca que tras anos e anos de impunidade e inacción política, con milleiros de milleiros de denuncias e xuízos ás súas costas, se teñen gañado a pulso,témolo tan claro, digo, que xa partimos, e non imos moi descamiñados, da presunción de culpabilidade, ou polo menos de saber que sempre, repito, sempre, vai acontecer algo con eles. Porén, como xa estamos advertidos, poucas cousas nos sorprenden, e todo o que podía ser pasmo se transforma en cabreo subrepticio (ou non tanto).

Volvo chamar ao 122 para preguntar por que aínda non cortaran. Despois de tres chamadas encadeadas e de falar con até cinco operadores diferentes non consigo que me digan máis que que non teñen constancia de ter recibido o tal fax, que non figura a solicitude no sistema, que ás veces chegan mal ou borrosos… E eu ollando atónito cara ao meu fax en branco e negro perfectamente maquetadiño e co comprobante de envío correcto. Pregunto e repregunto se o número que me deran está ben, e efectivamente estao.

Volta a comezar. Declárome indefenso e pregunto por outro xeito de humanamente solicitar a miña condición de persoa libre de ataduras coa devandita transnacional vermella (sic). Nada, nones, non hai. É entón que me lembro, debido a algunha sospeita sobre o xeito en que eu podería chegar a demostrar legalmente todo o que me está a acontecer, de que se cadra podía poñer un burofax. Miro na web de Correos e vexo que se precisa un enderezo que non teño, que un número de fax non serve de nada. Volvo chamar ao 122 e solicito pór unha reclamación, e en vez de pasarme co departamento correspondente vólvenme pasar co de baixas. Que non poden pasarme directamente. Chamo eu novamente para que me poñan directamente. Non hai xeito, directamente. Media mañá perdida no intento.

Nesa altura xa me vou convencendo de que o que desexan e persiguen co seu endiañado sistema é alongar a miña estadía como cliente de liñas e servizos alén da data que sinala o fin do ciclo de facturación, para así poder cobrar un mes máis de cotas fixas e demais custos periódicos. Obstaculizar e alongar. Todo un procedemento interno de funcionamento de calidade, certificado seguramente cunha ISO 9001 co único propósito de maximizar beneficios e amolarnos a vida aos usuarios.

Ao final desisto e volvo redactar un novo fax para volvelo enviar, adxuntando o anterior para que conste e quede ben clariña a miña data de solicitude de baixa inicial. Baixo a un locutorio a enviar o fax, e aí tópome con que non poden chamar ao bendito número 607… Polo visto algunhas compañías diferentes á miña teñen vedado tramitar envíos de datos a través dese número. Os pobres curdos que atenden o locutorio ao parecer xa está afeitos. Con que chamo de novo ao 122 e danme outro 607… correspondente a outra pltaforma de atención ao cliente distinta. Pero o resultado é o mesmo, ren de rien. Esgotada a miña paciencia camiño até unha oficina de Correos e poño o fax desde alí sen ningún problema, pero pagando 2,30 € por páxina. Veremos que acontece.

Atención: Esta anotación irase actualizando se os feitos o requiren.

1 ª actualización: Un día despois de enviar o segundo fax desde unha oficina de Correos, e antes de que pase un só día máis a favor da compañía, dous e pico antes de que venza o ciclo de facturación, chamo de novo ao 122 para preguntar polo estado das miñas baixas. Outra vez máis un deses enormes silencios de operadora cando teñen que consultar algo fora de micro, ao final para dicirme que non teñen constancia de ter recibido ningún dos dous faxes. Dígolle á miña interlocutora que a primeira vez colou pero que a segunda xa non me toman máis o pelo, e que procederei doutro xeito distinto.

A continuación dou os seguintes pasos:

1) Envío un burofax desde a Oficina virtual de Correos (con DNI electrónico ou certificado dixital) ao enderezo da empresa que figura no contrato, cun terceiro escrito no que recordo os xa enviados, con acuse de recibo físico e copia certificada. 24,84 € adicionais.

2) Poño unha reclamación vía email a soporte_empresas@vodafone.es adxuntando copia en PDF dos faxes de baixa.

3) Aviso ao banco de que non pague factura máis ningunha de Vodafone até novo aviso.

4) Continúo a tramitar a portabilidade a outra compañía coa única liña de móbil que non daba de baixa.

5) Poño unha reclamación na Oficina de atención ao usuario de telecomunicacións (con DNI electrónico ou certificado dixital).

A guerra aberta pola salvagarda dos meus dereitos xa comezou.

2 ª actualización: Un día despois do meu plante chégame resposta vía correo electrónico. Recibiron o meu correo adxuntando os dous faxes de baixa e avisándoos do burofax e da reclamación oficial. Agora déronse por enteirados. Cando non había outro xeito de proceder máis que por fax, mira ti. E fano agora que co prazo de 48 h para proceder á baixa xa entran dentro do seguinte ciclo de facturación, como osmaba. Estou a rir só pensando na que lles espera cando cheguen as facturas. Vouno pasar de medo.

Énchome de razón ollando o último informe da Oficina de telecos: Vodafone rompe records de reclamacións por cuestións de telefonía móbil o primeiro semestre de 2011. É a compañía máis denunciada perante este organismo, e as queixas aumentan un 132% respecto á media do ano anterior.

Colaboración en libro sobre o 15M
A finais de mes 2.0 editora publicará en soporte físico e dixital e baixo licenza Creative Commons un libro colectivo sobre o 15M coordinado por Marcos S. Pena e prologado por Manuel M. Barreiro no que tiven a fortuna de participar.

A miña colaboración consta dun capítulo titulado Cifras para unha caracterización ideolóxica do 15M, no que tento demostrar a fonda natureza ideolóxica do movemento, tanto dos seus participantes como daquela parte da sociedade que simpatizou co mesmo, cuantificar a súa repercusión nas eleccións autonómicas e locais do 22 de maio pasado, e pór de relevo a relación existente entre o seu éxito e o nivel de desenvolvemento económico das Comunidades Autónomas onde levou a cabo mobilizacións.

Para abrir boca, unha das gráficas que ilustran o meu artigo.

Nota: Os datos sobre os participantes no 15M corresponden á cidade de Salamanca, entanto os datos dos influenciados polo movemento e da poboación xeral corresponden a Castilla y León. Os primeiros proveñen de (Calvo, Gómez-Pastrana, & Mena, 2011) e os segundos de (Centro de Investigaciones Sociológicas, 2011).

OPM 2011: Renda familiar bruta dispoñíbel por habitante
As familias dos concellos galegos menos dinámicos socioeconomicamente foron os primeiros en sentir os efectos da crise económica xa en 2008. Na análise dos ingresos parece existir por tanto unha analoxía entre concellos e familias ou individuos con menos renda, o que é unha nova proba do aumento das desigualdades.

Neste artigo botamos man das estimacións de renda municipal elaboradas polo IGE e polo Atlas Socioeconómico de Galicia.

Con que alcaldes e alcaldesas e de que partidos medrou máis a renda durante os dous mandatos municipais comprendidos no período de análise?

Segundo os datos dispoñíbeis o crecemento da renda en termos nominais foi ininterrompido, aínda que desigual: nos concellos con alcalde independente ou centrista a renda multiplicouse aproximadamente por 2,2 entanto nos que tiveron alcalde do PP, BNG ou PSOE o índice da RFBD/hab. ao final do período situouse arredor do índice 200.

Non hai publicados en Galicia datos municipais de renda para o ano 2009 e seguintes, polo que non se pode determinar cal foi o impacto territorial do groso da crise económica sobre a renda familiar galega. Lémbrese que nas cifras macroeconómicas só a finais de 2008 se comezaron a reflectir os primeiros síntomas.

En 2008, a senda debuxada polos concellos gobernados polo PP, dunha renda media municipal superior á dos concellos gobernados por PSOE ou BNG, invirte o seu sentido e achégase á do resto dos concellos con alcaldía progresista. Todos os demais concellos ven medrar a súa RFBD/hab. calquera que for a súa cor política. Desta arte só os concellos de cor independente ou centrista se manteñen cunha evolución da renda tan favorábel como a dos populares. En todo caso redúcese a distancia entre os concellos con alcaldía do BNG e do PSOE a respecto dos demais.

Se encetamos a análise dos concellos en función da súa tipoloxía socioeconómica, loxicamente imos atopar niveis de renda diferentes en todos eles, sendo os concellos máis dinámicos os máis ricos e os regresivos os máis pobres. Mais independentemente do nivel de partida dos diferentes grupos de concellos a evolución da renda media municipal dos mesmos neste período é moi semellante e sitúase arredor do intervalo indicativo 200-225, con algunhas excepcións.

Apréciase unha evolución da renda media por habitante moi semellante nos catro grupos de concellos, e iso a pesar de que os concellos estacionarios e regresivos experimentaron como vimos perdas significativas de poboación.

Hipótese: O mantemento dos niveis de renda nos concellos estacionarios e regresivos prodúcese en termos por habitante, o que quer dicir que é a perda de poboación a que os fai evolucionar de forma parella aos concellos máis dinámicos, o cal non serve para recurtar as diferenzas de renda que existen entre os distintos grupos.

Hipótese: Os efectos do inicio da crise económica durante o ano 2008 se manifestaron primeiro nestes concellos máis desfavorecidos, nomeadamente nos concellos gobernados con maioría absoluta polo PP. Establécese así unha analoxía entre o que acontece nos planos territorial e individual: as faixas máis desfavorecidas da poboación, quer por lugar de residencia quer por condición de renda ou clase social, son as que sofren en maior medida a actual crise. Constátase ademais que a dereita política sustenta a súa hexemonía electoral municipal nos concellos e nas familias de menor renda.

É o peso dos das alcaldías populares (e en menor medida nacionalistas) entre os concellos máis regresivos as que explican a aproximación do nivel de renda dos concellos con gobernos do PP ao nivel dos de PSOE e BNG.

Malia a isto os concellos con alcaldía do PP estiveron sempre igual ou por riba dos outros durante case todo o período, do mesmo xeito que en tres dos catro grupos de concellos o PSOE se atopa polo lado inferior da evolución da renda de entre as tres grandes forzas políticas.

Comportamentos máis diversos aparecen para o BNG, correspondendo os ‘outliers’ positivos aos casos de Pontevedra no primeiro grupo e do ‘cluster’ de Allariz no cuarto grupo (coa adición de Rois no últimos anos). En canto á evolución positiva das alcaldías independentes no grupo dos concellos estacionarios estamos a falar de concellos moi diversos como Fisterra, Ponteareas, Brión e Meaño: o crecemento máis forte corresponde aos dous últimos casos (novos concellos residenciais).

Coa presenza de que partidos no goberno municipal coincide a evolución máis positiva da renda?

As posicións relativas son as mesmas que cando observamos a cor da alcaldía, salientando o retroceso en renda dos concellos o PP participa no goberno municipal en 2008, último ano con datos dispoñíbeis.

Non se observaron diferenzas significativas no comportamento da renda en función de se o goberno municipal era de maioría absoluta, pacto ou minoría nos 8 anos analizados, aínda que o 2008 parece iniciar un mandato no que as maiorías absolutas se relacionan con peores evolucións da renda media municipal.

Nota: Anotación publicada orixinalmente no mes de abril con datos de renda ata 2007. Actualizada en agosto cos datos publicados polo IGE antes do verán.

OPM 2011: Fiscalidade
Nesta anotación abordo por fin un aspecto que é 100% responsabilidade dos Concellos e dos seus gobernantes: a fiscalidade municipal, a facenda local. Os resultados amosan que as principais forzas políticas galegas se comportaron nos concellos segundo cabía esperar dos seus discursos, aínda que todas en conxunto seguen contribuíndo ao raquitismo fiscal dos concellos.

No que segue vou falar de tributos, unha categoría máis ampla que o que técnicamente se denominan impostos e que comprende non só impostos directos (IBI. rodaxe) e indirectos (construción) senón que inclúe tamén taxas (auga, saneamento, lixo, cemitarios) e outros ingresos (prezos públicos polo uso de instalaciósn deportivas) propios das facendas municipais.

A medida que vou usar para medir a fiscalidade é o esforzo fiscal, isto é, a porcentaxe da nosa renda que cada quen dedica a pagar os tributos municipais. A presión fiscal, concepto máis familiar para a maior parte da xente, mide a cantidade de tributos pagados por habitante, en termos absolutos, polo que non ten en conta a capacidade económica do pagador. Daí que prefira usar unha medida relativa como o esforzo fiscal en vez da presión fiscal.

As fontes de datos empregadas foron dúas esta volta: o Consello de Contas de Galicia e o Instituto Galego de Estatística. Para o cálculo do esforzo fiscal empreguei os datos de renda municipal analizados na anotación anterior, o que limita a dispoñibilidade de resultados ao período 2000-2007.

Con que alcaldes e alcaldesas e de que partidos medrou máis o esforzo fiscal municipal durante os últimos anos?

Os concellos cun alcalde ou cunha alcaldesado BNG foron os que estableceron ao longo do período unhas ordenanzas fiscais que se traduciron nun maior aumento dos ingresos propios, que se traduciu nun aumento do esforzo fiscal da orde do 11%. Entre 2000 e 2007 por tanto a fiscalidade ou os tributos medraron por riba da renda nestes concellos. Os concellos con alcaldía do PSOE comezaron o período calcando o comportamento dos do BNG para irse desmarcando progresivamente cunha tendencia decrecente do esforzo fiscal, até o punto de rematar co mesmo nivel de partida (índice 100). Ambos tipos de concellos caracterizáronse por aumentar a presión fiscal fortemente en 2001, por mantela en niveis superiores a 100 a maior parte do período, coa excepción de 2003 e sobre todo de 2007, ano no que se rexistra o maior descenso do esforzo fiscal, probablemente derivado dun incremento da renda máis que da baixa da presión fiscal. Nos concellos con alcaldía do PP a tendencia foi a dunha leve pero continua descida do esforzo fiscal.

Hipótese 1: As forzas políticas a priori máis proclives ao aumento do gasto público e da autonomía financeira na súa práctica á fronte das corporacións locais fan o que din. E o mesmo é válido para para o PP en canto forza preconizadora das privatizacións e do enmagrecemento do sector publico.

Nas tres categorías de concellos rexístrase como denominador común a diminución con intensidade do esforzo fiscal en 2003 e 2007. Se en 2003 a caída coincide cunha das fases de val do PIB galego o retroceso de 2007 coincide co cumio do ciclo económico expansivo, de xeito que se pode aventurar que contra ao final deste ciclo de crecemento os concellos non aproveitaron os seus intrumentos fiscais para aumentar ou cando menos manter o nivel de esforzo fiscal. E planea no escenario a posibilidade de que o incremento dos ingresos tributarios e do esforzo fiscal no período 2004-2006 estea baseado máis que noutra cousa no boom da construción.

Para 2008, ano en que a crise xa se fixo patente contra o final do exercicio, temos datos tributarios que indican un aumento considerábel da recadación tributaria local, mais como non temos unha estimación da renda media municipal para ese ano non podemos calcular o esforzo fiscal e ver se esa tendencia a alixeirar a carga tributaria relativa continuou ou non nin con canta intensidade.

Hipótese 2: No canto de aproveitar a época de vacas gordas para acompañar o crecemento da renda cun crecemento parello da fiscalidade que mantivese o esforzo fiscal e achegase aos concellos galegos -nomedamente os pequenos e medianos- aos niveis españois -ou mellor aos europeos- as tres principais forzas políticas non instrumentaron e actualizaron correctamente as súas figuras tributarias.

A análise por tipos de concellos, clasificados en función do seu dinamismo socioeconómico ou o que é aproximadamente o mesmo do seu nivel de renda, mostra como resultado constante a baixada do esforzo fiscal nos concellos con alcaldía popular. Pola contra hai comportamentos dispares para BNG e PSOE. No BNG o esforzo aumenta en todas as categoría excepto entre os concellos regresivos con alcaldía nacionalista, onde son os que máis reducen dito esforzo fiscal. No PSOE o esforzo aumenta nos concellos máis dinámicos e ricos e nos regresivos e máis pobres, entanto nos intermedios desce, o que constitúe unha forte incongruencia.

É indiferente para o esforzo fiscal que un partido teña a alcaldía de que simplemente teña presenza no goberno municipal?

Iso parece a teor dos datos. O que se pode engadir é que as forzas políticas centristas presentan un comportamento semellante ao do BNG, compartindo con el a política de esforzo fiscal á alza, entanto os partidos independentes alíñanse cunha redución do esforzo fiscal en niveis flutuantes pero parellos aos do PP. Ao final do período e no tocante ao esforzo fiscal IU viría a comportarse como o PSOE.

Cal é o influxo das situacións de maiorías, minorías e pactos sobre o esforzo fiscal de cada concello?

Á vista dos resultados anteriores, segundo os cales a alcaldías de BNG e PSOE corresponden aumentos ou mantementos do esforzo fiscal, cabería esperar que este aumente máis naquelas situacións de pactos de goberno. E así é.

Hipótese 3: Como amosa o gráfico o incremento do esforzo fiscal implica ou conleva un acordo maioritario das corporacións entre varias forzas políticas. Nas situacións de maioría absoluta dunha única forza a fiscalidade mantense, entanto que nas situacións de minoría se adiviña unha imposibilidade de decidir decidir sobre unha fiscalidade distinta, o cal conduce á conxelación dos ingresos tributarios, e ao medrar a renda redécese o esforzo fiscal.

Semella por tanto que se algún dís se soluciona o raquitismo fiscal dos concellos galegos iso requirirá sen dúbida dun acordo entre varias ou todas as forzas políticas.

OPM 2011: Paro
Continúo a análise do rendemento das forzas políticas nos 315 concellos galegos co tema crucial do desemprego. Os resultados amosan un comportamento moi semellante para a maioría de partidos políticos, máis aínda que no caso da poboación, e igual de desalentador para calquera tipo de concello que consideremos: desde os moi dinámicos até os recesivos.

No ámbito municipal a única estatística dispoñíbel é a do paro rexistrado, que ofrece datos absolutos de persoas paradas en cada concello. Os datos que empreguei proveñen dos Anuarios Económicos de La Caixa, onde se presenta esta información en forma de porcentaxe, calculada a partir do número de persoas paradas e da poboación municipal, dato este proveniente do Padrón de Habitantes. Por iso cómpre insistir na idea de que no que segue o que analizamos é o paro en termo relativos, independentemente da evolución poboacional dos concellos. Ademais a medida que emprego no plano municipal non é a que se emprega habitulamente -a taxa de paro- porque a EPA só ofrece unha cuantificación da poboación activa até o nivel provincial.

Con que alcaldes e alcaldesas e de que partidos medrou menos o paro durante os tres últimos mandatos municipais?

Como pode verse no gráfico, ademais da evidente plasmación do efecto dos ciclos económicos e da actual crise sobre o emprego, os concellos con alcaldías independentes son os que amosan un comportamento máis positivo do paro, ao ser onde menos aumenta este en relación con 1999 -até o punto de rexistrar no último ano con información algo menos dun 20% máis que naquel entón. Ségueno nesta clasificación os concellos con alcaldías do PSOE, onde o paro tería aumentado arredor dun 30% no mesmo período, e pechan a clasificación o resto de concellos, dirixidos por alcaldías do PP, candidaturas centristas e o BNG, onde o paro tería aumentado até un 40%.

Os concellos que amosan un mellor comportamento do desemprego teñen a mesma cor política que aqueles nos que máis medraba a poboación: os que teñen un rexedor ou unha rexedora independentes. Hipótese: existe unha ligazón estreita entre o dinamismo poboacional e o dinamismo do emprego nestes concellos ‘independentes’.

Dá practicamente o mesmo a forza política que goberne se do que falamos é de reducir o paro, pois en relación coa evolución do emprego as diferenzas entre forzas políticas son menores que no caso da evolución da poboación municipal. Hipótese: a marxe de incidencia das políticas municipais é moito menor no ámbito do emprego que no da poboación, esta última moi vinculada á política urbanística e residencial.

Sorprende que o BNG sexa a forza política que peor rende en relación coa redución do desemprego. Hipótese: As alcaldías do BNG e por tanto a súa base electoral gardan relación cun tipo de sectores e actividades económicas que pola súa natureza son as máis atacadas pola actual crise, cando menos nun primeiro momento (ano 2009). Aínda que cabería fixarse na semellanza co PP e concluír que ambos poderían compartir en algunha medida bases electorais semellantes, apunto a posibilidade de este comportamento deveña da súa vinculación co mundo sindical das empresas tradicionais -de enclave e de grande tamaño- en declive.

Como na anotación anterior dedicada á evolución poboacional, a análise desagregada dos concellos en función do seu grao de dinamismo socioeconómico, mostra algunha información adicional.

O crecemento do paro é moi semellante en todos os tipos de concellos, sinalando que o despoboamento apreciado nos concellos regresivos non implicou unha redución do desemprego. Hipótese: a despoboación vía emigración xuvenil non mellora sensiblemente a estatística do paro, o que obriga a cualificalo como problema estrutural e permite aventurar para os próximos anos un futuro complicado para a realidade laboral e poboacional deste tipo de concellos.

O bo resultados das alcaldías independentes rexístrase nos concellos dinámicos e nos regresivos, e non nos estacionarios. Pero o resultado máis claro é que as diferenzas de comportamento entre as distintas forzas políticas na alcaldía se establecen fundamentalmente no grupo dos concellos moi dinámicos, que é o demografica e economicamente máis importante. Cabe pensar que a incidencia da política de emprego e dinamización económica proposta por cada partido neste grandes concellos actúa fronte a unha realidade máis considerablemente grande e complexa que dificulta cambios significativos. Hipótese: o rendemento obtido por cada forza depende sobre todo da realidade de cada cidade en concreto, e boa parte das diferenzas entre elas débense aos cambios na alcadía que se producen en cada elección -2003,2007- ou con ocasión de mocións de censura -Vigo, 2005.

Coa presenza de que partidos no goberno municipal coincide a evolución máis positiva do paro?

Este gráfico sobre a presenza dunha forza no goberno municipal -con alcaldía ou sen ela- reforza a idea de que é en todo caso a acción de certas alcaldías en certos concellos as que poderían ter algún efecto medible sobre o paro. Os maiores contrastes entre a posición de alcaldía ou de non-alcaldía corresponde aos independentes, que neste gráfico se igualan co resto de forzas cando antes -ao analizar só as alcaldías- as avantaxaban. Hipótese: os independentes renderían moito peor cando están no goberno sen a alcaldía que cando a teñen, cando o resto de partidos non se distinguirían tanto nas dúas situacións.

Existe algunha relación entre as maiorías absolutas e a evolución municipal da porcentaxe de poboación parada?

A resposta é máis ben non, practicamente ningunha. Aínda que semella que os gobernos en minoría renderían mellor a análise desagregada por tipos de concellos amosa comportamentos diverxentes.

O que custa un coche
Recentemente veño de dar de baixa o primeiro automóbil autenticamente meu, pagado por min. Debido á (de)formación profesional que padecemos os economistas, ao longo da súa vida útil fun gardando todos os papeis e facturas vinculadas ao seu uso, e como san e verde exercicio dediqueime a contabilizar cal foi o seu custo real.

Falo dun Ford Fiesta diesel do ano 1999 comprado como quilómetro cero en 2000, con 10 anos de vida útil, até 2009, e un total de 240.000 quilómetros percorridos entre frontal e cu. Un automóbil que empreguei fundamentalmente para min só e para un uso mixto profesional e persoal, con máis do primeiro ao comezo e máis do segundo cara ao final.

Na táboa seguinte resumo o cadro de gastos que me xerou ao longo de 10 anos, contabilizados ou estimados segundo o caso, en euros correntes (moeda en curso de cada ano, con excepción do ano 2000, no que procedín á conversión das pesetas en euros segundo o cambio oficial de 2001).

O que custa un coche
Contabilización e estimación dos gastos (en € correntes) asociados ao coche: Marca: Ford. Modelo: Fiesta. motor: 1.8D. Matriculado en: 1999. Prezo: 9.000€. Vida útil: 10 anos. Km: 240.000.

Ano

Entrada e letras

Combustible

Portaxes e aparcadoiros

Seguro

Rodaxe

Mantemento e reparacións

Multas e guindastres

Outros

TOTAL

2000

6.487,83€

1.053,00€

200,00€

580,00€

87,00€

60,10€

85,87€

8.553,80€

2001

3.657,06€

1.100,93€

200,00€

580,00€

92,56€

852,44€

6.482,99€

2002

2.156,52€

1.146,75€

200,00€

580,00€

97,12€

298,53€

120,20€

4.599,12€

2003

2.156,52€

1.214,40€

200,00€

580,00€

100,52€

872,19€

120,20€

5.243,83€

2004

1.137,00€

166,67€

580,00€

103,40€

190,33€

890,00€

3.067,40€

2005

1.406,25€

166,67€

580,00€

108,40€

458,37€

691,95€

3.411,64€

2006

1.244,10€

133,33€

580,00€

112,00€

523,08€

120,20€

2.712,71€

2007

1.309,50€

133,33€

580,00€

150,19€

50,00€

200,00€

2.423,02€

2008

1.198,05€

118,22€

304,82€

140,59€

1.526,00€

3.287,68€

2009

1.046,18€

446,80€

305,85€

145,59€

305,00€

72,16€

2.321,58€

TOTAL

14.457,93€

11.856,15€

1.965,02€

5.250,67€

1.137,37€

5.075,94€

2.074,81€

285,87€

42.103,76€

Máis abaixo explícase o significado e procedencia destas cifras. Mais o que pretendo destacar aquí é como un coche cun prezo de 1.500.000 pesetas no ano 2000, isto é, aproximadamente 9.000 €, acaba por orixinar un desembolso de algo máis de 42.000 € (!) a prezos correntes.

Se empregamos o IPC para deflactar esta cantidade convértese en 38.000 € a prezos do ano 2000, o que supón máis de catro veces o prezo orixinal do vehículo ao contado. Do mesmo modo podemos calcular canto diñeiro tería eu hoxe, ao finalizar a vida últil do coche despois de 10 anos, se todo o diñeiro que gastei nel cada ano o fose metendo nun produto financeiro que me remunerase cun tipo de xuro equivalente ao IPC: 51.000 € (!) a prezos do ano 2009.

O custo por Km orixinado polo coche é de 0,21 €/Km, a prezos de 2009. Este dato interesará a aquelas persoas que usan o seu vehículo particular na actividade profesional da empresa para a que traballan. Se contabilizamos aparte aparcadoiros e portaxes, que se pagan normalmente á marxe das dietas, o custo por Km sería de 0,20 €/Km, o que, segundo teño entendido, é unha cantidade algo superior ao que se adoita pagar na maioría das empresas que coñezo en concepto de dietas de desprazamento. E iso que estamos falando dun vehículo pequeno e diesel máis ben de gama baixa.

É claro que quen decide ter un coche ten as súas razóns, e que o escenario alternativo de non compralo e dedicar todo o diñeiro a aforrar é bastante irreal, por razóns diversas. Porén, supoñamos o caso de alguén que para desprazarse por motivos laborais entre A Coruña e Santiago de Compostela durante o mesmo período ten que optar entre un coche particular dedicado en exclusiva á actividade e a alternativa dun transporte público como o tren.

O billete ordinario de ida e volta do tren de media distancia de RENFE entre as dúas cidades custa 10,90 €, o que, dada a distancia de 70 Km que as separa (media aproximada calculada en base a unha utilización 50/50 da autoestrada -76,3 Km de distancia- e da estrada convencional N-550 -65,4 Km-) supón un custo de 0,08 €/Km (contabilizando 140 Km de percorrido, ida e volta).

Constátase así que o tren supón fronte ao coche un aforro do 63% no custo de desprazamento (!), é dicir, só custa un terzo do que custa o automóbil (viaxando un só). Ese sería o custo de oportunidade de usar un vehículo privado no canto do tren. E iso sen contabilizarmos os descontos doutras tarifas e bonos que son de aplicación pola compañía ferroviaria.

Quer dicirse que dos 51.000 € que eu tería hoxe en día tería gastado en tren para andar o mesmo aproximadamente 19.000 €, podendo destinar os 32.000 € restantes a outros mesteres, incluíndo quizá esas situacións nas que o tren non cubre as necesidades de desprazamento. Unha cantidade esta realmente notoria que permite pensar en dedicar máis de 3.000 € por ano a outros medios de locomoción e transporte, por exemplo, autobuses urbanos e interurbanos ou taxis.

É claro que todos estes cálculos, estimacións e cábalas pódense refinar. Un economista inmediatamente imputaría un salario polo tempo de condución do coche, que no tren se pode dedicar a outras cousas, xa sexan remuneradas ou non.

A unha media de 60 Km/h dedúcese que para percorrer 240.000 Km fixeron falta 4.000 h de condución, isto é, 166,67 días. Isto é, case medio ano neto de vida dedicado a conducir (!).

Tamén sería tentador estimar o aforro en saúde que supón liberarse do estrés da condución, que para min está sendo con diferenza a compoñente máis importante desde que non teño coche. En vez de tempos mortos un pode dedicarse a tirar de portátil e facer algo produtivo durante as viaxes, mentres a paisaxe se desliza polas xanelas.

E finalmente poderíamos estimar o custo medioambiental: as diferenzas tanto na pegada ecolóxica da fabricación de ambos medios de transporte, na parte alícuota que corresponde a cada usuario, como na contaminación que se deriva do uso de cada un.

O automóbil dá liberdade e flexibilidade. Sen dúbida. Mais, agora que o combustible rexistra prezos históricos e os debates danse arredor de cuestións tan risibles como o de limitar a velocidade máxima en autoestradas a 110 Km/h, podemos dicir que realmente o coche compensa?

Cálculos en detalle

A entrada foi de 470.000 pesetas e as letras corresponden a un financiamento en catro anos (2+2). Daquela os tipos de xuro estaban máis altos e as condicións do financiamento roldaban o 7%. Os dous primeiros anos (25 cotas en realidade) o financiamento tivo un TAE do 11,25%, e os dous seguintes un TAE do 12,71%, ambas porcentaxes moi por riba dos xa de por si elevados tipos de xuro existentes naquela época. Por exemplo, o EURIBOR era do 5,25% no ano 2000.

O cálculo do gasto en combustible efectuouse mediante a aplicación dos prezos medios do gasóleo en España (sei que non coinciden cos de Galicia), dun número de Km percorridos por ano (que estimei axustándoo á realidade dun uso decrecente do vehículo) e dun consumo crecente de litros de gasóleo por Km (froito da perda de eficiencia da mecánica e dun peso progresivamente maior do uso do coche en medio urbano).

O que custa un coche
Estimación do gasto en combustible (en € correntes)

Ano

Km

Consumo (l/100 Km)

Gasóleo (l)

Prezo (€/l)

TOTAL

TOTAL

240.000

14.300,0

11.856,15€

2000

30.000

5,00

1.500,0

0,70€

1.053,00€

2001

30.000

5,25

1.575,0

0,70€

1.100,93€

2002

30.000

5,50

1.650,0

0,70€

1.146,75€

2003

30.000

5,75

1.725,0

0,70€

1.214,40€

2004

25.000

6,00

1.500,0

0,76€

1.137,00€

2005

25.000

6,25

1.562,5

0,90€

1.406,25€

2006

20.000

6,50

1.300,0

0,96€

1.244,10€

2007

20.000

6,75

1.350,0

0,97€

1.309,50€

2008

15.000

7,00

1.050,0

1,14€

1.198,05€

2009

15.000

7,25

1.087,5

0,96€

1.046,18€

Para o gasto en aparcadoiros e portaxes tamén realicei unha estimación dos oito primeiros anos, correspondendo os dous últimos datos a gastos reais contabilizados, destacando o gasto de 2009 pola adquisición dun OBE e o aumento dos Km percorridos por autoestrada. O cambio no custo do seguro deriva da conversión dun seguro dunha compañía tradicional a outra de baixo custo, e da rebaixa en paralelo do nivel de protección. O resto de conceptos responden a gastos perfectamente documentados.

O cambio de prezos constantes a correntes empregou as cifras oficias do IPC xeral para España (sei que tampouco coinciden co de Galicia).

O que custa un coche
Conversión dos gastos a prezos de 2000 e 2009 (€ constantes)

Ano

Gastos (€ correntes)

IPC (taxa de variación anual en %)

Índice (base 2000)

Índice (base 2009)

Gastos (€ a prezos de 2000)

Gastos (€ a prezos de 2009)

TOTAL

42.103,76€

37.893,05€

50.881,29€

2000

8.553,80€

4,0

100,0

74,5

8.553,80€

11.485,70€

2001

6.482,99€

2,7

104,0

77,4

6.236,04€

8.373,51€

2002

4.599,12€

3,5

106,8

79,5

4.307,21€

5.783,55€

2003

5.243,83€

3,0

110,5

82,3

4.744,92€

6.371,30€

2004

3.067,40€

3,0

113,8

84,8

2.694,72€

3.618,36€

2005

3.411,64€

3,4

117,2

87,3

2.909,84€

3.907,22€

2006

2.712,71€

3,5

121,2

90,3

2.237,63€

3.004,61€

2007

2.423,02€

2,8

125,5

93,4

1.931,09€

2.592,99€

2008

3.287,68€

4,1

129,0

96,1

2.548,84€

3.422,47€

2009

2.321,58€

-0,3

134,3

100,0

1.728,96€

2.321,58€

Se aprecias algunha incongruencia nos datos por favor faimo saber para axustar os cálculos. Graciñas.

Descentralización e desenvolvemento
Un estudo recente encargado pola Asemblea das Rexións Europeas demostra que as rexións dos estados europeos cun maior grao de descentralización posúen maiores niveis de renda e que en xeral medran por cima das demais ao longo do tempo.

A investigación advirte que nos estados máis descentralizados, e sobre todo en España, a descentralización non sempre vai acompañada de recursos financeiros en paralelo á autonomía ou capacidade de decisión das rexións.

O estudo analiza o conxunto da UE-27, exceptuando os pequenos estados de Luxemburgo, Chipre, Malta e Eslovenia e incluíndo adicionalmente Croacia, Suíza e Noruega, alén de estados extracomunitarios como os EUA, Canada e Nova Celandia. A efectos analíticos a investigación desenvólvese en dous planos distintos: o das rexións individuais e o de agregados de rexións semellantes dentro de cada estado. Aínda que no caso de España elabórase un único agregado coas 17 comunidades autónomas, como se verá a soa comparación entre estados produce resultados moi significativos.

A investigación divídese en dúas partes. Na primeira elabóranse índices que miden o grao de descentralización e na segunda parte empréganse os indicadores obtidos para analizar de que forma e en que medida a descentralización está relacionada co nivel de desenvolvemento económico.

Os datos empregados no estudo proceden de fontes estatísticas oficiais e dun cuestionario específico remitido ás rexións. O índice de descentralización está calculado a partir de máis de 200 variabeis que un comité de expertos sintetizan e ponderan adecuadamente. Do proceso de elaboración resultan cinco subíndices (correspondentes á descentralización administrativa, funcional, política, vertical e financeira), dous índices agregados (capacidade de decisión e capacidade financeira) e finalmente o índice xeral (descentralización). Tamén se analizan separadamente os indicadores de natureza cuantitativa e cualitativa, que coinciden ao 95%. En definitiva o estudo analiza a descentralización non desde unha perspectiva restrita, concibida como número e importancia das competencias, senón nun sentido máis amplo e complexo que abrangue o ‘ poder de decisión’ ou a ‘autonomía’.

Os datos conclúen que Suíza (índice 70/100), Alemaña (66), Bélxica (62-64) e España (58) son os estados máis decentralizados, entanto Grecia e a maioría dos antigos países comunistas (25-34) son os máis centralizados. Holanda e o Reino Unido serían os prototipos de estados medios en canto ao seu nivel de descentralización.

O estudo sinala tamén que a descentralización cuantitativa non coincide necesariamente coa cualitativa. Así, nos estados máis descentralizados, nos que as rexións posúen maior capacidade de decisión, os recursos financeiros adoitan ser insuficientes, non correspondendo ao nivel de autonomía política que posúen. O contrario rexístrase en cambio nos estados máis centralizados.

Fonte: ARE

Os datos manexados polo estudo serven, entroutras cousas, para cuestionar a aqueles que defenden a existencia das provincias, e tamén aos que argumentan contra a descentralización do Estado por redución ao absurdo (é dicir, quen contra as demandas de maior autonomía dunha rexión ou nación sen estado adoptan como estratexia un municipalismo localista).

Segundo a investigación un número maior de niveis na administración territorial e un maior número de unidades por nivel, é dicir, unha maior fragmentación vertical dos estados non implica necesariamente maior descentralización nin autonomía das unidades subestatais, senón máis ben e en todo caso o contrario, menor autonomía e maior dependencia do poder central.

Esta é unha conclusión intuitiva e lóxica que se deriva da realidade existente hoxe en Europa e que tamén sería aplicábel noutra escala de análise máis próxima, cando se aborda o debate acerca do número e tamaño óptimo dos concellos de Galiza, ou cando se fala da ordenación do territorio en xeral.

Descritas as diferentes compoñentes da descentralización, o obxectivo final do estudo é analizar en que medida un maior nivel de descentralización conduce a un maior nivel de desenvolvemento económico. O estudo conclúe que o comportamento económico, medido quer en PIB por habitante (nivel relativo) quer en crecemento do PIB (variación dinámica), está influído positivamente, entroutros factores, polo grao de descentralización.

Ceteris paribus, a un indicador de descentralización máis elevado asóciase un maior nivel de desenvolvemento económico, tanto se analizamos conglomerados de rexións como rexións individuais. Ademais, as análises evidencian que os aspectos cualitativos da descentralización son, cando menos, tan importantes como os cuantitativos (financeiros). Se falamos de crecemento en termos dinámicos os resultados amosan tamén que existe unha influencia positiva da descentralización, pero sempre tendo en conta que existe un nivel óptimo que maximiza o crecemento. Niveis esaxerados de descentralización xeran contributos menores e até negativos ás variacións do PIB.

Outra parte do estudo aborda os efectos da descentralización sobre o crecemento en relación coa innovación. Dáse a circunstancia de que a descentralización (sobre todo a financeira) favorece a innovación industrial local, entanto limita a innovación académica. Este resultado parece ser un argumento contra a proliferación de campus e universidades nun territorio e a favor das economías de escala neste ámbito.

Tecnoloxía é…
Saber, querer e poder construír barcos aínda que non nos deixen. Aproveitar os coñecementos adquiridos durante décadas por unha comunidade de traballadores. Acabar coas prexubilacións. Trocar a banca polos bancos de tempo e de terras. E seguir aproveitando a horta familiar.

Rebelarse cando unha industria perigosa asenta ao lado da casa, ou cando vai e amplía pola vía dos feitos consumados. Esixir o dereito a unha menor contaminación. Alarmarnos cando as empresas funcionan sen licenza, os malos empresarios campan pola Administración e as Leis só se aplican aos máis febles. Dar un día coa xustiza fóra dos discursos.

Decidirmos que ir por autoestrada de Vigo á Coruña ten que ser gratis, aínda que teñamos que pagar para penetrar na Meseta, e non ao revés. Prever a caducidade do motor de explosión e comezar de vez a artellar unha rede de transporte público como Deus manda. Non hai como viaxar para comparar.

Preguntarnos por que temos a internet máis cara de toda a OCDE -en Portugal é oito veces máis barata- e por que pagamos un canon dixital inxusto. Saber que un galego do rural paga por cada byte máis do dobre que os que vivimos nas vilas e cidades. Compartir na rede coma quen emprestaba un libro prohibido na Ditadura.

Pór en valor os valores. Saber vivir en épocas de crise e de abundancia á medida das nosas posibilidades. Non competir por un catroporcatro e unha casa máis grandes. Lembrar o valor do esforzo e do aforro, a importancia do investir para producir e progresar, e non para gastar e consumirnos. Colocar o sentidiño na economía, no canto de ter que andar todo o santo día cos cinco sentidos enriba dela.

E Vostede, sabe ou non sabe de tecnoloxía?

Primeiro e último artigo de colaboración en Xornal de Galicia, publicado o día de noiteboa de 2008 na columna de opinión titulada ‘O Estaleiro’. Somos tres as persoas contactadas antes da súa saída para colaborar con este esperanzador proxecto xornalístico na súa sección de cultura e tecnoloxía. Dóeme dicir que até o día de hoxe fomos ignoradas sen recibir a cambio nin unha soa explicación. Aínda así, sorte.