Calidonia Hibernia » Calidonia Hibernia

A cota de mercado do galego en internet
Coa excusa dun estudo do Instituto Cervantes retomei a idea de cuantificar a presenza do galego na rede. Nos últimos anos non atopei por ningures unha estimación do tamaño do mercado interno da lingua galega en internet, un dato básico para quen desenvolve proxectos dixitais no noso idioma e/ou plurilingües.

O cálculo baséase na concatenación de varios datos e hipóteses:

Delimitación do mercado ás persoas dunha certa idade, seguindo o mesmo criterios de poder de decisión e de compra que empregan outros estudos de medios e audiencias.

Filtrado das persoas que declaran poder ler en galego. Se falamos de competencias lingüísticas non é o mesmo entender, falar, ler ou escribir. Dispoñemos de datos de competecia lectora en galego para grupos quinquenais de idade en cada concello.

Consideración do distinto nivel de acceso a internet. Non todo o mundo é usuario da rede. Existen condicións de imposibilidade -fenda dixital provocada pola inexistencia de conexións de banda larga- e diferentes graos de uso dependendo de cada tipo de persoa. Neste modelo estimo a probabilidade de uso de internet con base en dúas variables de segmentación: idade e concello de residencia.

Avaliación do idioma preferido para navegar, cando se dispón dos contidos como mínimo en dous idiomas: galego e castelán.

Debo advertir que como criterio para definir o acceso habitual a internet adopto un dos que emprega o INE na Enquisa sobre equipamento e uso de TIC nas casas: como mínimo un acceso semanal durante todas as semanas dos últimos tres meses. Ao meu entender este criterio de habitualidade semanal axústase mellor aos patróns semanais na utilización de internet e en xeral de calquera medio de comunicación.

Tamén debe terse en conta, dado que o nivel de visitas e usuarios únicos dunha web ten compoñentes estacionais, que esta enquisa adoita realizar o seu traballo de campo entre os meses de xaneiro e abril/maio de cada ano, o que significa que os seus resultados están afectados por esta estacionalidade e se refiren a unha media móbil dos tres meses anteriores a cada entrevista: orientativamente á media de uso de internet entre os meses de outubro a xaneiro/febreiro.

Vexamos a estimación paso por paso.

1. Idade

O EGM de internet analiza as persoas con 14 ou máis anos de idade. A Enquisa do INE analiza as persoas de entre 16 e 74 anos de idade. As cifras de poboación da Explotación estatística do padrón de habitantes témolas por grupos quinquenais ou ano a ano.

Para o caso que nos ocupa imos simplificar a análise e considerar como límite inferior os 15 anos (inclusive), e os 75 (exclusive) como límite superior imposto pola enquisa TIC. Este intervalo de idades é unha boa aproximación á poboación con capacidade de decisión e compra ou consumo, que é o criterio con orientación mercantil que subxace ás enquisas de audiencia.

Así delimitada a poboación en Galicia cóntanse un total de 2.117.483 persoas, como se pode ver unha cifra xa de entrada sensiblemente inferior aos 2.795.422 habitantes con residencia en Galicia no ano 2011.

2. Lectura en galego

Este filtrado xustifícase de forma lóxica pola necesidade de saber ler en galego para poder navegar contidos en galego.

Temos cifras de competencias lingüística en galego na vertente lectora en varios estudos sociolingüísticos con diferentes datas, algunhas relativamente recentes, mais a miña preferencia é empregar as cifras do Censo de poboación e vivendas do ano 2001, extrapolando no tempo as porcentaxes de competencia de galego lido, conforme o reemprazo xeracional e tendo en conta a tendencia cara a unha maior alfabetización en galego da poboación máis nova. Fago esta elección porque o Censo fornece unha desagregación de datos moi detallada, tanto a nivel municipal como a nivel doutras variables sociodemográficas, cousa que non fai ningunha outra fonte (son as vantaxes dos censos fronte ás enquisas), o que me vai permitir refinar determinadas estimacións, nomeadamente para cada concello e para cada intervalo de idades.

Realizo unha proxección para 2011 supoñendo que quen sabía ler en galego ségueo podendo facer 10 anos máis tarde, e tendo en conta unha mellora da taxa de competencia na poboación escolarizada despois de 1985. Como resultado da estimación obtemos, para a poboación obxecto deste estudo, entre 15 e 74 anos de idade, unha porcentaxe do 75,9% de competencia de lectura en galego. Ou o que é o mesmo, se escollemos a unha persoa galega destas idades ao chou teremos un 75,9% de probabilidade de que saiba ler en galego.

Nesta simulación as porcentaxes de lectura en galego non se distribúen de forma uniforme por todo o territorio galego. Así, por exemplo, teríamos unha porcentaxe do 62,7% en Ferrol e outra de 88,1% en Teo. Cada grupo etario de cada concello ten asignada unha porcentaxe diferente. Cómpre esperarmos ao Censo de 2011, actualmente en curso de realización e cuxos resultados se esperan para finais de 2012 ou comezos de 2013, para coñecer con que grao de exactitude esta proxección se axusta ás competencias declaradas pola poboación galega na actualidade.

Para avanzar no modelo débese asumir unha primeira hipótese discutible para a que hai argumentos a favor e en contra: o acceso a internet se distribúe de forma homoxénea entre as persoas que saben ler en galego e as que non. Se ben é certo que as persoas de maior idade e con menor nivel de renda están menos alfabetizadas en galego e posúen un menor nivel de acceso, e polo tanto debería ser máis probable encontrar a unha persoa con competencia de lectura en galego entre o segmento da poboación con acceso á rede, non é menos certo que os colectivos monolingues en castelán, os únicos realmente monolingües, tenden a concentrarse nas zonas máis urbanizadas, de maior nivel de renda e con maior acceso á rede, polo que sería menos probable atopar a un usuario galego da internet nestoutro segmento da poboación. Son dous argumentos cabais que operarían en sentido contrario e de difícil calibración cando só contamos con datos gobais ou frecuencias marxinais e non cos microdatos que nos permitisen cruzar estas variables. A falta de máis información supoño que ambos efectos se compensan, aínda que recoñezo que é unha simplificación da realidade.

3. Acceso e uso da internet

Na última década proliferaron os estudos e enquisas sobre internet, podendo contarmos na actualidade con bastantes fontes de datos (quizá algunhas redundantes, así como outras precisarían de homologación para mellorar a súa comparabilidade). Mais todos eles coinciden en sinalar que os principais factores que determinan en Galicia o acceso á rede e a frecuencia do seu uso son:

O nivel de renda media por habitante como aproximación da capacidade adquisitiva individual -máxime se temos en conta que España ten unha das bandas largas máis caras do mundo.

A carencia de infraestruturas de banda larga en amplas extensións do territorio galego, dato intimamente relacionado co nivel de urbanización, fenómeno á súa vez vinculado co nivel de renda.

O nivel de alfabetización tecnolóxica ou dixital e de apropiación da tecnoloxía, maior entre a mocidade e até hai un tempo superior entre os homes, aínda que hoxe ambos sexos están xa moi igualados.

Asignarei a cada persoa incluída nun intervalo de idades determinado e residente nun concello galego concreto unha probabilidade distinta de acceso á rede, e esta probabilidade vai ser o resultado da influencia conxunta de todos os factores anteriores.

A) Para a fenda dixital boto man das cifras de conexións de banda larga recollidas no Anuario socioeconómico de La Caixa na súa última edición. Segundo esta fonte en 2010 existían case 539.000 conexións deste tipo en Galicia (cifra concordante cos rexistros da CMT), o que supón unha media de 193 conexións por cada mil habitantes. Hai concellos con ningunha, como Negueira de Muñiz, e outros que raian as 319 como A Coruña (ou o que é case o mesmo, unha conexión por cada tres habitantes, xa moi perto do hipotético teito dunha conexión por vivenda).

A Enquisa TIC do INE estima para Galicia en 2011 unha porcentaxe media do 53,4% de acceso habitual á internet. O EGM, outra fonte, estima para o mesno ano unha cifra que vai desde o 48,8% ao 49,6% dependendo de cal das tres ondadas anuais escollamos. No EGM as cifras refírense a usuarios mensuais (media cuatrimestral dos que accederon cando menos unha vez no último mes), criterio que presiona á alza as porcentaxs de acceso, e inclúen no cómputo unha base máis grande, ao considerar tamén á poboación de 75 ou máis anos, o que presiona á baixa as porcentaxes de acceso. Para non complicarnos considéroas equiparables a todos os efectos, dada a súa escasa diverxencia.

Adoptando a cifra do INE como referencia e supoñendo que o acceso á rede se distribúe de forma lineal con respecto á dotación de conexións de banda larga, pódeselle facer corresponder a esa porcentaxe do 53,4% a taxa media de 193 conexións por mil habitantes, estimando a partir daí unha probabilidade de acceso diferente para cada concello de forma proporcional á súa dotación de banda larga. Así por exemplo, seguindo esta hipótese, en Negueira de Muñiz non habería ningún usuario habitual da rede en tanto na Coruña atopariamos o máximo dun 88% do noso universo de estudo conectado.

O INE tamén ofrece datos de porcentaxe de acceso habitual para España en función do tamaño do concello residencia, e para as capitais de provincia e cidades de máis de 100.000 habitantes estímaa nun 66,5%, en tanto esta proxección lineal que adopto produce para os concellos das sete cidades galegas unha porcentaxe do 74,5%, unha porcentaxe algo maior que deixa as portas abertas a futuros refinamentos do modelo.

B) Para aproximar o nivel de acceso por idades, boto man da mesma Enquisa TIC do INE. Aínda que esta fonte só ofrece ese detalle para España, podo estimar porcentaxes para Galicia en cada intervalo de idades. Para iso adopto dúas hipóteses: Unha, que en Galicia as diferenzas relativas entre un intervalo de idades e a media son as mesmas que se rexistran en España. Dúas, que non obstante o anterior prodúcese unha converxencia parcial das porcentaxes de acceso entre as persoas máis novas. O resultado é que a porcentaxe media do 53,4% de uso habitual de internet convértese en máis dun 85% para as persoas entre 16 e 24 anos e en menos dun 15% para as de entre 65 e 74 anos.

Estimo as porcentaxes de acceso para cada grupo quinquenal de idade de cada concello achando a medio xeométrica das dúas porcentaxes calculadas en A) e en B).

Débese sinalar neste punto que nos cálculos estamos a asumir varias hipóteses adicionais: que as persoas se conectan de forma homoxénea desde os distintos lugares desde onde poden facelo: casa, traballo, universidade, locais comerciais… e que as conexións en mobilidade son redundantes a respecto das fixas. De todas formas os últimos datos do EGM sinalan que en España case o 92% dos usuarios conéctase como mínimo desde a casa, polo que as distorsións inducidas por estas hipóteses son pouco relevantes.

4. Idioma preferido para navegar

Nos puntos anteriores veuse como os filtros actúan no sentido da redución do número de persoas potencialmente lectoras de galego na rede. Mais o factor que verdadeiramente incide na redución da cota de mercado do galego en internet son as preferencias idiomáticas dos usuarios.

Este dato, o cruzamento entre uso de internet e lingua preferida, é o dato máis escaso e máis difícil de obter. A falta de estudos de audiencia na rede, que merezan fiabilidade para o ámbito galego e que teñan en conta a súa realidade plurilingüe, a fonte que emprego para distribuír os usuarios habituais da rede entre os principais idiomas empregados nos contidos que consumen (castelán e galego) é o módulo de lingua da Enquisa de condicións de vida do ano 2008 realizada polo IGE.

Nesta fonte achamos unha sección adicada á preferencia de idioma nos medios de comunicación, que ten como base de cálculo a poboación que sabe e pode escribir, máis ampla aínda que non estritamente abranxente da poboación con acceso á rede, e da poboación con competencia lectora en galego. Neste punto asumo novamente que as preferencias idiomáticas se reparten homoxeneamente en todos estes colectivos, malia a intuirmos que a realidade existente non é precisamente así. Con isto estou dicindo que traslado ao colectivo de menor tamaño as preferencias dun conxunto máis amplo de persoas.

A pregunta concreta que pretendo utilizar é a da lingua preferida para navegar por internet en caso de dispor dos contidos tanto en galego como en castelán, detallado este reparto por idade do usuario e provincia de residencia. Os datos refírese á poboación de 5 ou máis anos, límite que non coincide co que vimos utilizando pero que á vista das pequenas diferenzas existentes entre os diferentes intervalos de idade e entre as catro provincias, vou considerar equiparable. As cifras que fornece a ECV do IGE son as que se amosan na gráfica seguinte:

Os contidos en galego están presentes no 42,4% dos usuarios galegos que navegan por interner, entanto o castelán está presente no 92,2% dos casos. Unha combinación desigual de ambas linguas está presente no 34,6% das navegacións. As cifras reflicten claramente a situación minoritaria do galego e a existencia de máis persoas que navegan nos dous idiomas que as que o fan só na nosa lingua.

E se en vez de persoas falamos de contidos? Se asignamos ás categorías plurilingües unha porcentaxe estimativa de reparto de contidos (cando gl>es asignamos 2/3 dos mesmos ao galego e 1/3 para o castelán, cando es>gl as proporcións complementarias, e cando se trata de categorías monolingües un peso de 1 ou cero para cada idioma) podemos estimar que a porcentaxe de contidos en galego que prefiren ler os usuarios galegos de internet é do 22,4%. Esta é en rigor a cota de mercado do galego na rede, se consideramos só a suma dos contidos en galego e castelán.

A proporción de contidos navegada por cada tipo de usuario que inclúe o galego nas súas preferencias (de forma exclusiva, maioritaria ou minoritaria) é practicamente idéntica a respecto do total (7,8% 6,1% e 8,5% respectivamente), polo que ademais da situación en minoría do galego débese ter presente a pluralidade de preferencias idiomáticas que atopamos entre quen navegan contidos en galego.

Outras fontes de datos confirman no fundamental a situación minoritaria do idioma galego na internet galega e outorgan consistencia ás cifras que vimos de ver. O informe Situación da Lingua na Sociedade Galega publicado polo Observatorio da Lingua Galega en 2007 estimaba nun 37,1% a porcentaxe de persoas que navegaban contidos en galego (menor que o 42,4% da ECV do IGE realizada un ano máis tarde).

A mesma fonte do Observatorio inquiría aos entrevistados polas horas consumidas en internet nun ou noutro idioma: a distribución global era dun 11,3% de horas en galego un 82,0% en castelán e un 6,7% noutras linguas (se obviamos as últimas o reparto sería 12,1% para o galego e 87,9% para o castelán). De traducirmos as horas en contidos esta fonte alternativa falaríanos dunha situación para o galego bastante peor que a debuxada pola fonte do IGE, o que nos obrigaría a revisar o reparto 1/3-2/3 que asignamos ás categorías plurilingües de resposta. Uns últimos datos desta mesma fonte: o 16,7% da poboación que usa internet di ter a súa páxina de inicio en galego, e entre o 14,8% e o 17,4% empregan o galego de forma exclusiva ou preferente para diferentes servizos da web. Todas elas son porcentaxes inferiores ao 22,4% que adoptamos.

En resumo, e coas fontes dispoñibles para os anos 2007-2008, entre o 12% e o 22% debería estar a cota de contidos en galego na internet galega, cifras coincidentes coas daquela estimación pioneira que realizara en 2006 a raíz do estourido dos blogs en galego. Cabe razoar se a partir de 2008, e conforme a evolución negativa que se desprende doutros estudos sociolingüísticos, a situación do galego non terá virado a peor.

Un apuntamento adicional para quen se pregunte pola importancia das normativas reintegracionistas en todo isto: a escritura non se corresponde exactamente coa lectura en internet (porque quen escribe é máis activo que a media e sempre aparecerá magnificado, o cal é especialmente certo para os colectivos marxinais), pero o OLG estima que a porcentaxe de blogues escritos en Galicia en galego é o 30%, dos cales o 5,9% empregan unha norma ortográfica reintegracionista, é dicir, o 1,8% do total de bitácoras escritas en Galicia en galego e o 0,5% das escritas en Galicia en calquera idioma. Estas baixas porcentaxes permítenme obviar esta cuestión da norma do galego, na que moitas persoas aínda teiman, en todo o que se refire a cuantificar o mercado interno.

Cálculo e resultado

Sexa CG a cota de mercado da lingua galega en internet a respecto do mercado de consumo en Galicia, tanto para castelán como para galego e tanto para internet como para fóra dela; PG a porcentaxe de galego como lingua de preferencia nos contidos de internet entre castelán e galego; AI a porcentaxe de poboación con acceso á internet; e LG a porcentaxe de poboación con competencia lectora en galego. Sexa i o intervalo de idade quinquenal e k o concello de residencia. A cota de mercado do galego en internet para cada concello e intervalo de idades virá dado pola expresión:

CG(i,k) = LG(i,k) · AI(i,k) · PG(i,k)

Sexa N o tamaño do universo. O mercado do galego en internet no segmento i,k virá dado pola expresión:

M(i,k) = CG(i,k) · N(i,k)

O mercado interno total do galego en internet M será o sumatorio para cada i,k.

Cando os datos non permitan un detalle quinquenal ou municipal adxudico o valor de detalle dispoñible inmediatamente superior. Cando dispoño de máis dun dato para un mesmo segmento calculo a media xeométrica dos datos dispoñibles.

O resultado é:

CG = 8,96% dos galegos entre 15 e 74 anos de idade

M = 189.825 lectores habituais equivalentes de galego en internet

Onde, como dixemos, a habitualidade refírese a un acceso mínimo semanal en cada unha das últimas 12 semanas, e a equivalencia establécese cun usuario de internet que navegara exclusivamente en galego.

A favor dos dereitos fundamentais e do coñecemento
Contra a aprobación da Lei Sinde por un Goberno en funcións totalmente deslixitimado aínda que teña o apoio engadido do novo Goberno. En contra tamén de todos canto traballan por unha SGAE á galega como solución para o sistema cultural galego.

Os dereitos de autor non poden situarse por encima dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.

A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.

A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, entorpecendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e retardando a súa proxección internacional.

A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e entorpece a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizouse extraordinariamente a creación e emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen principalmente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.

Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos a unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a esta nova contorna non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baseábase no control das copias das obras e en Internet non é posible sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían buscar outro modelo.

Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, cribles e alcanzables e que se axeiten aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.

Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga sendo libre.

Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sustentable e realista de face ao futuro.

Propomos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e consultando previamente a todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.

Un outro xornal?
Desde A nave das ideas chégame un convite para colaborar nunha reflexión colectiva sobre a necesidade dun novo medio de comunicación en Galicia.

1. Precisa Galiza dun novo medio de comunicación? En caso de que si, cales serían os seus trazos?

Medio de comunicación ou empresa de comunicación? Existe unha necesidade? Quen a sente? Que entendemos por Galicia? A resposta a esta pregunta ten que ser, por forza, longa e demorada.

Do meu punto de vista Galicia non precisa un novo medio de comunicación. Dito o cal, recoñezo que existen colectivos -minoritarios- da poboación galega que senten -por enteiro- e transmiten -só en parte- a necesidade -máis política que outra cousa-, dunha empresa -que non dun medio- de difusión e influencia -antes que de información e comunicación-, e esta empresa sería editora dun xornal -antes que de calquera outro medio de comunicación.

É necesario facer moitos máis matices a esta afirmación. En concreto voume centrar en tres: natureza política, forma de financiamento, e lingua de comunicación.

a) Natureza política

O carácter netamente político do debate e das propostas sobre novos medios, presenta un primeiro problema de compatibilización, coordinación ou unidade da pluralidade de minorías políticas, ideolóxicas ou partidarias, de superación do minifundismo a ultranza para, establecendo unhas bases firmes nas que asentar a pluralidade, acadar unha certa masa crítica máis que necesaria para ter éxito nas dimensións reducidas do noso mercado.

Na miña opinión a historia política recente do país demostra claramente a dificultade deste reto, dificultade que na actualidade tórnase imposibilidade manifesta. Ao longo das últimas décadas diferentes circunstancias provocaron unha certa unidade de acción, primeiro no nacionalismo político e máis tarde no conxunto da esquerda, pero ambas están en proceso de liquidación. Adianto que a pluralidade á que eu aspiro, e a que considero imprescindíbel en termos de viabilidade para calquera novo proxecto de comunicación, debería acadar a amplitude dunha fronte popular e superar a da fronte de liberación nacional, pero as condicións actuais distan de propiciar ese escenario. O que non concibo en ningún caso é que o centro ou o centro-dereita galeguista precise dun medio de comunicación, e coido condenado ao fracaso calquera intento neste sentido.

Mais en certo xeito o espazo político, ideolóxico e partidario, que inspiraría este novo medio está aínda por construír en Galicia. Sen dúbida este espazo existe no que poderíamos chamar galeguismo de esquerdas ou esquerda galega, nunhas coordenadas críticas tanto coas forzas políticas tradicionais -partidos- en xeral como cunha esquerda sucursulista -PSdeG-PSOE- ou cunha ideoloxía dogmática -IU, UPG e demais forzas políticas galegas á esquerda do espectro ideolóxico. O problema deste espazo político que é central e hexemónico no conxunto da esquerda galega, e maioritario na dimensión identitaria/territorial, é que non se materializa nunha forza política -ao estilo dun PSC-, e a estrutura do sistema partidario galego configurado neste contorno polo tándem das dúas forzas progresistas con representación parlamentaria -PSdeG e BNG- amósase incapaz de cubrilo. A historia recente déixanos mostras de imposibilidade tanto no plano político -Xunta bipartita- canto no plano mediático -A Nosa Terra e Vieiros. Ben é certo que non todo está perdido mentres perduren -?- a maioría dos gobernos locais bipartitos e/ou se produza realmente a reorientación de Xornal desde o quintanismo ao piñeirismo -e se faga ben, claro.

Estas reflexións fanme pensar que a creación dun novo medio, sempre que se faga desde unha concepción de necesidade política, como vén sendo o caso, pasa ou pola confluencia ou entendemento entre estas dúas forzas arredor dun núcleo galeguista e progresista -parece máis que difícil, dada a incapacidade de artellar sequera unha entesa electoral contra a novísima dereita- ou senón pola reestruturación do sistema de partidos -sistema que leva ancorado nos dous partidos e medio desde 1993. Aí abriríanse varias posibilidades, tendo todas como punto común a apropiación dese espazo estratéxico do galeguismo de esquerdas. Os escenarios poden ser tres: i) irrupción dunha nova forza ou refundación dunha forza agora marxinal -hipótese máis probábel-; ii) ocupación deste espazo polo PSdeG -nunha etapa de recuperación do PSOE no Estado, acompañada dun xiro galeguista do PSdeG e cun BNG abducido pola UPG e definitivamente autominorizado -escenario difícil de concibir na actual conxuntura de castigo ao PSOE pero probábel a medio prazo dada a ineficacia do BNG para recuperar o voto gañado ao PSOE hai agora uns 12 anos-; e iii) un PSdeG máis españolizado e centrado obrigado a ocupar esta nova posición en Galicia pola presión dun nacionalismo actualizado nos seus principios e no seu programa ideolóxicos, e liberado dos seus posicionamentos e referentes máis extremistas e sectarios -que ese e non outro é o seu problema na actualidade, aínda que este suposto é o máis improbábel dos tres.

En calquera destes escenarios hipotéticos do que non me cabe dúbida é de que determinadas minorías que hoxe lideran o sentimento de necesidade dun novo medio deberían ficar excluídas deste novo construto político-mediático, ben porque non son compatíbeis con el, ben -e isto é importante- porque para este espazo lograrse precisa tamén definirse por oposición/negación en relación a algúns dos actuais actores e idearios. Sendo isto así, algunhas destas minorías terían abondo cos seus voceiros particulares, de natureza marcadamente interna e de alcance limitado, desconectados en xeral do mainstreaming da sociedade galega, quer por unha concepción política dogmática, resistencialista ou simplemente inaplicábel, nuns casos, quer por prexuízos sociais tan amplamente estendidos como erroneamente combatidos, noutros. Na miña cabeza está a idea de que calquera proxecto de novo medio ten que partir da construción dunha nova minoría, maioritaria na esquerda, pero na que probablemente unha parte das minorías preexistentes non tería cabida nin acomodo.

Aínda que era a miña intención ilustrar estas reflexións con algúns datos, a falta de tempo obrígame só a apuntar algúns exercicios que, imaxino, nalgún momento terán sido feitos nas facultades de xornalismo e ciencias políticas do noso páis.

Centrándome no caso dos xornais, se contabilizamos as cabeceiras existentes en Galicia e as súas tiraxes e difusións, e as agrupamos por cabeceiras progresistas e conservadoras -incluíndo nestas as que X.M. Pereiro denomina progubernamentais ou sen liña editorial definida-, ou entre as de ámbito local e galego, ou entre as propias e as alleas -propiedade de grupos de comunicación con centro de decisión fóra de Galicia- observaremos, creo eu, que non hai tanto desequilibrio na oferta como parecería a simple vista. Se comparamos a porcentaxe de cabeceiras/tiraxe/difusión de medios progresistas en España coa mesma realidade en Galicia non hai tanto espazo para un xornal progresista como podería parecer -El País, Público, en certa medida Xornal e unha miríade de pequenos medios dixitais cobren bastante ben ese mercado. Se nos comparamos con outras nacionalidades históricas onde hai cabeceiras propias de ámbito rexional e non exclusivamente local, a cota de mercado destes medios ‘nacionais’ é pequena e limitada, e xa que hoxe por hoxe Galicia non alcanza o 50% de conciencia identitaria deses outros territorios -por apuntar unha cifra- a cota correspondente para un xornal ‘en clave galega’ é aquí aínda menor. Cabe facer outra comparación en termos de lingua ou idioma, pero déixoa para o último apartado.

b) O financiamento

Ademais das diferentes concepcións do transfondo político do novo medio e da cuestión da pluralidade, cómpre apuntar outra bifurcación no debate: a forma de financiamento. Existe unha tendencia certa a concibir este novo medio como empresa creada baixo o financiamento dun poder económico preexistente, idea que é de aplicación mesmo a parte daqueles que apostan por que este novo medio se cree desde abaixo -mediante a interacción bidireccional e a participación horizontal e distribuída, combinando profesionais e colaboradores remunerados-. A constatación de que un medio dunha certa dimensión só se sostén financeiramente con base a intereses e beneficios alleos ao mundo do xornalismo, e a evidencia da precariedade -ou directamente do paro- en que sobreviven moitos xornalistas na actual situación económica contribúen para que esta percepción sexa case xeral.

Así en canto ao financiamento temos tres opcións básicas posibles: o modelo Xornal-A Nosa Terra/Vieiros baixo o ‘mecenazgo’ ou dumping editorial dunha empresa de calquera tamaño -grande ou pequena o financiamento é da mesma natureza-, a do medio sufragado maiormente por achegas ao capital e subscricións no que denominaríamos modelo Tempos Novos/Edicións de Referencia -e no que a publicidade non podería considerarse un input fundamental, moito menos nun principio-, e a dun medio non profesional que cando menos nos seus inicios sería puramente colaborativo ou modelo Blogaliza/Chuza!.  Como pode apreciarse, para denominar cada opción escollín como mínimo dous exemplos de medios, cando menos un que perviviu e outro que non, con ánimo de visualizar que o éxito ou fracaso do novo medio non depende centralmente, creo eu, do seu xeito de financiamento.

Dun lado, se atendemos á rendibilidade económica sen lugar a dúbidas as iniciativas sen dumping editorial son as que se sosteñen en maior medida polos seus propios medios e con base no seu bo facer: coñecen de primeira man o que son as condicións do mercado e a continua esixencia de competitividade e calidade, e eventualmente de traballo comercial, para seguir tirando. Doutro lado, se atendemos á realidade de que mesmo a maior parte destes medios dependen nalgunha medida das subvencións institucionais ou da publicidade institucional/partidaria -cun certo nivel variábel de compromiso ideolóxico/filosófico-, a conclusión á que chego é que o mercado galego da comunicación -e dos xornais en concreto- está inchado na súa dimensión e distorsionado nas súas regras de funcionamento. De non existir este apoio/interese institucional/político dito mercado sería moito máis cativo, e as posibilidades de traballar ou de proliferaren novos medios máis cativas aínda.

Isto lévame a afirmar que a única vía posíbel para a creación dun novo medio, sen risco de perdas ou quebranto económico, e sen que iso sexa garantía de éxito, pasa pola forma dun medio non profesional, dixital, que moi pouco a pouco fora consolidándose, sumando tras o momento inicial e progresivamente subscritores e algo de publicidade. Ademais, malia a que politicamente creo que debera responder ás coordenadas que antes comentei, non debera esquecera nunca que para converterse nun medio de referencia a porcentaxe de información política debería ser máis reducida do que existe e existiu en iniciativas que todos temos en mente. Mesmo debera ser un valor desexábel unha certa dose de critica constante a reforma ou transformación dos partidos políticos, dos lobbies da comunicación e das relacións que se establecen entrambos.

c) Lingua de comunicación

Un dos maiores desequilibrios que existe no espazo da comunicación en Galicia está no idioma. En Galicia, como espazo bilingüe de comunicación, non existe correspondencia entre o uso idiomático e a presenza das dúas linguas nos medios. Porén este desequilibrio i) non é tan grande como podería parecer, ii) non se percibe de forma xeral como unha necesidade, senón que constitúe un fenómeno de desexabilidade social que só nunha pequena parte é unha demanda sentida e firmemente expresada; e iii) se ben grande parte da poboación vería con bos ollos o aumento da cota de galego nos medios, o certo é que a maior parte destas persoas non son consumidoras nin moito menos compradoras de ditos medios.

Malia a que a realidade do uso do galego e do castelán amosa porcentaxes próximas ao 50/50, as cifras agochan os aspectos cualitativos do debate e a realidade é que o consumo de información nun e noutro idioma é ben diferente e moito máis desigual. En termos xerais a porcentaxe de consumo de medios en galego debe rondar o 15-25%, cota que xa se cubre de forma aproximada na televisión con dúas canles públicas, e na radio con tres canles públicas autonómicas -dúas músicais- e a rede de emisoras municipais -con diferenza os medios máis galeguizados-. A mesma porcentaxe coincide grosso modo coa proporción de contidos xerados de forma espontánea na internet desde Galicia e en lingua galega -son cifras vellas que estimei no seu día sobre o universo de blogs. Con todo, hai que ter en conta que non se trata do mesmo 20% en todos os casos, pois a penetración e a audiencia destes medios é diferente e só parcialmente coincidente.

Distinto caso é o dos medios escritos, nomeadamente a da prensa xeneralista diaria, por teren un público distinto, tanto no territorial -máis urbanizado- canto na condición socioeconómica dos seus compradores e subscritores -dimensións máis importante que a do número de lectores. Aquí se concentra a maior parte dos creadores de opinión galegos -a maioría deles situados comodamente en coordenadas conservadoras. Se consideramos quen e onde se compra ou se le un xornal, a miña impresión, contrastada parcialmente con datos de tiraxe e difusión e comparada con outros territorios, é que as audiencias totais e o número de cabeceiras que hai en Galicia se aproximan bastante ás condicións obxectivas do mercado -cando non o exceden; habería que desenvolver un estado máis fondo e exhaustivo para confirmar esta percepción. Como único factor real de desaxuste entre oferta e demanda sinalaría a atomización ou localismo da maior parte das cabeceiras, o que abriría o mercado á perspectiva dun maior peso dos medios de ámbito galego no futuro. Mais neste terreo, o ámbito informativo local das cabeceiras actuais é un fiel reflexo da realidade existente.

Tan só en canto á porcentaxe de noticias en galego existe un déficit de cobertura, por así chamalo, déficit que cómpre entender á luz de que unha boa parte dos compradores/lectores de prensa non saben nin queren ler en galego, é dicir, son refractarios ao idioma galego. Contrastando con este público, minoritario na sociedade galega -un 10-20% na actualidade- pero moito máis importante dentro do mercado dos xornais, existe outro público máis galeguizado ou mesmo galegofalante que en cambio admite e le sen problemas contidos en castelán -pero menos numeroso que aquel. Ademais dos aspectos cuantitativos existen outro cualitativo: precisamente a ese sector con maior animadversión cara ao galego é ao que pertencen aqueles que detentan o poder e control da inmensa maioría dos xornais, e constitúen precisamente os referentes aspiracionais de medre social da maior parte do público que teñen.

a, b) e c) son para min todos eles aspectos centrais do debate, e da súa análise e da interpretación correcta ou errada da realidade social, económica e política de Galicia, dependen unhas expectativas de continuidade ou un máis ou menos lento pero inexorábel camiño ao fracaso. Ou, no mellor dos casos, a unha dimensión e unha presenza mínimas e testemuñais que non mudarían susbtancialmente o panorama mediático de Galicia.

Habería outras variantes adicionais que se poderían abordar aquí, como sería a participación de medios e empresas de fóra de Galicia no lanzamento deste novo medio, ou, visto de xeito complementario, a conversión deste novo medio nunha edición ou suplemento dun medio preexistente de ámbito estatal. Non vou comentar nada sobre este punto porque descoñezo as intencións de medios como Público e porque, na miña concepción do posíbel e do desexábel, o que se precisaría en todo caso é un medio galego, non unha sucursal, nin sequera un medio confederado, en parte por tentar configurar un espazo propio de comunicación dentro dunha tendencia crecente á ‘desnacionalización’ do mesmo.

2. Podemos aspirar a un xornal de subscricións ou sempre seremos dependentens de subvencións e publicidade?

En parte xa respondín a esta pregunta no punto 1b anterior.

Remarcada a idea de que o novo ou novos medios teñen na rede o seu ámbito natural de xurdimento e expansión, a pregunta sobre a forma de financiamento dun xornal é puramente aspiracional. Pódese aspirar a ter calquera forma de financiamento, subsidios incluídos. É máis, eu recomendaría todas as formas posibles, tendo en conta porén que os subsidios son unha fonte claramente flutuante e inestábel, caprichosa mesmo -unha potencial vía de influencia, presión e inxerencia-, e que a publicidade partilla en boa medida esas mesmas características -aquilo ao que me refería co nome de publicidade institucional-partidaria-, se ben cómpre recoñecer que fóra dese ámbito e xa inseridos no mercado privado o negocio da publicidade móvese nun entorno máis evoluído -non perfecto- e con regras de funcionamento máis sofisticadas -cando menso máis claras.

Subsidios? Si, pero non deben financiar o núcleo duro ou a estrutura básica do xornal. Publicidade? Si, pero virá en paralelo á audiencia, ao bo facer comercial, ao coñecemento do público e á súa condición socioeconómica -e tamén ao seu compromiso ideolóxico para co medio, chegado o caso, aínda que a experiencia demostra que en Galicia esta vía é raquítica e está atomizada e localizada. De calquera forma, folga dicir que subsidios e publicidade non deben comprometer a liña editorial do medio en ningún caso, se ben móstrome escéptico neste sentido, e considero que hoxe en día esa independencia plena só é posíbel a título individual -como xornalista- sendo inherente ás funcións do editor o manexarse con maior ou menor habelencia nese mar proceloso.

3. Precisamos dun xornalismo de investigación ou basta cun xornalismo que informe de xeito xeral?

Si, dos dous, pero temo que a demanda masiva tira máis pola información xeral que pola de investigación, e máis polas informacións xerais que polas políticas.

A querencia polo xornalismo de investigación ten unha base máis profesional -á vella usanza- e política -transformación da realidade dun punto de vista progresista- que de condicións do mercado. A información política representa unha porcentaxe da superficie do papel moi superior á demandada polo conxunto dos consumidores de xornais -así o testemuñan numerosos estudos sobre a demanda e oferta de contidos, e sobre o visionado e lectura das páxinas dos xornais-, de xeito que a presenza hexemónica de información política -patente ou velada- só se explica con base nas estreitas ligazóns entre intereses políticos e económicos, polas relacións existentes entre medios e gobernos e/ou empresas.

Feita esa aclaración, o xornalismo de investigación é un investimento e o xornalismo xeral un gasto corrente, por así dicilo. Ambos son necesarios nunha empresa editora dun xornal, pero o investimento só debe facerse cando é necesario e sostíbel. Un artigo de investigación pode ser 10 veces máis caro que un artigo informativo. Quen o sufraga? Na miña visión do novo medio a audiencia e os compradores determinarán progresivamente o nivel de esixencia dos contidos.

Ben é certo que a oferta tamén xera demanda -como recorrentemente se nos tenta aprender nas facultades de economía- pero postos a comezar a casa eu non principiaría polo tellado, ou en todo caso esperaría a eventos ou sucesos de alcance xeral -eleccións, catástrofes, axitación social- para desenvolver unha estratexia fundada no xornalismo de investigación. Para darlle saída a este tipo de xornalismo ‘caro’ cómpre ter en conta ademais a existencia de confidenciais e tertulias varias, co agravante de que as súas fronteiras co xornalismo amarelo son estarrecedoramente difusas, tamén en Galicia.

Non acredito por tanto que un novo xornal se poida soster soamente no xornalismo de investigación. E se falamos dun dixital o valor diferencial do novo medio debería pasar por outras cousas, na miña opinión: máis información xeral emenos política, máis informacións especializadas e menos axencias, enfoque no territorio, valor intrínseco na selección de noticias, rapidez na información, etc. De feito con só recuperarmos a esencia do bo xornalismo e superarmos a dependencia das axencias e do copipasteo, mesmo que non falemos de xornalismo de investigación, penso que xa teriamos andado a maior parte do camiño.

4. É posíbel a pluralidade dentro dun proxecto editorial? Cómpre que un medio teña unha liña ideolóxica marcada?

En parte xa respondín a esta pregunta no punto 1a anterior.

Pluralidade? Difícil. Como na política, é posíbel, pero sumamente difícil. E máis nunhas coordenadas críticas, transformadoras ou ideolóxicas de esquerdas. Un medio moi plural tería máis sentido baixo determinadas circunstancias e de forma transitoria, normalmente para facer fronte á adversidade ou a un inimigo común.

No concreto, un medio de esqierdas e politicamente plural debe ocupar o espazo político e partidario de PSdeG e BNG, cuxa centralidade está situada agora mesmo na abstención, e componse de poboación urbana de entre 30 e 50 anos, universitaria e profesional, galega e galeguista, sen adscrición partidaria e con consciencia crítica. Moita menor importancia teñen, ao meu ver, posicións máis extremas ou radicais sen apenas representación política institucional, como tampouco tería importancia, para o que estamos a falar, aquela abstención sistemática dos situados permanentemente fóra do sistema -se é que tal cousa é posíbel.

Ideoloxía? Si. Marcada? Non tanto, máis ben implícita e puntual. Se se quere informar e transformar o mundo sen dúbida cómpre ter esa liña editorial e cómpre mostrala, como san exercicio de transparencia, pero falaría máis de cosmovisión que de ideoloxía, de principios máis que de filiacións. Hoxe por hoxe non existe maior obxectividade e independencia que a que se pode encontrar nun debate aberto, contrastando informacións de varios medios, e disparando de cando en vez aínda que sexa de forma preventiva pero sempre con razóns contra a propia casa. Unha aliñación presuposta, automática e/ou permanente cun bando ou partido paréceme prexudicial.

5. As redes sociais e blogues: son fontes de información ou dividen aínda máis os esforzos para acadar un novo medio?

No tocante á división de esforzos os blogues non supoñen maior impedimento para a circulación da información que a saída das misas das doce, os viños nas tabernas ou o botellón. Son lugares onde a xente se comunica e se pode estar, escoitando ou participando activamente na conversa.

Impiden que apareza un novo medio? Non. E en todo caso un novo medio ten que aprender a estar presente neses espazos e a interrelacionarse con eles. Se un bota contas das ligazóns que acaparan os medios tradicioais nas redes sociais ou nos portais de novas sociais verá claramente que aínda que muden os lugares as referencias e as fontes mudan máis lentamente -aínda que si, os blogs e os novos dixitais teñen o seu nicho. As tendencias do mercado e as esixencias para novos medios pasan pola innovación -ocupar os espazos emerxentes-, a especialización -afondar nos existentes-, e a segmentación do mercado -mesmo a microsegmentación-.

Calquera novo medio ten que estar presente nas grandes redes sociais, portais e servizos web de alcance mundial, mesmo estando en contra da súa filosofía ou do seu carácter pechado ou privativo -unha cousa é construír unha realidade á marxe e outra transformar a presente. E esta lección non a acaban de ter clara determinados movementos e colectivos que apostan pola creación de novos medios -lexítimos pero moi limitados no seu mercado económico, ideolóxico, territorial e/ou lingüístico.

6. Pensas que o asunto Wikileaks mudará moito o xeito de informar sobre os gobernos ou será só un caso máis, semellante a outras filtracións do pasado? Influirá tamén no que a sociedade demande dos xornalistas?

O fenómeno Wikileaks tivo a súa magnitude dentro do aínda reducido e en boa parte endogámico mundo da internet, pero só acadou algo de repercusión masiva cando foron os propios medios tradicionais quen mediaron na difusión dos papeis. Se algunha virtude pode ter Assange sería -hipoteticamente e á marxe dos personalismos e do debate sobre a súa figura- ter comprendido -se é que foi así- que en determinada fase dunha estratexia de filtracións a escala planetaria e a medio prazo alguén tería que ter feito precisamente iso: asumir a contradición de que para aumentar a importancia da rede e de ferramentas de liberdade informativa como Wikileaks é necesario ir alén da internet e usar/ser-usado os/polos medios tradicionais.

Dubido que Wikileaks, Openleaks e outros proxectos vaian tirar embaixo goberno ningún. Iso sitúa a súa influencia e importancia lonxe do que supuxo o Watergate, por exemplo, aínda que é certo que parte desta condición de imposibilidade se debe non á súa natureza nin tampouco ao seu bo ou mal facer senón a que detrás de Wikileaks non hai intereses e poderes de entidade que noutros casos actúan por detrás promovendo os escándalos en beneficio propio. Acredito máis en determinados efectos pequenos, constantes e acumulados, na activación de ligazóns sociais febles que con ocasión de determinados acontecementos eclosionan en movementos e protestas organizadas, estes si con maior alcance político.

Doutro lado, creo que Wikileaks veu a visualizar algo que algunha xente xa sabía e moita outra xa intuía: que o mundo funciona peor do que parecía. Quizá os máis sorprendidos polas revelacións fomos as persoas que aínda conservamos -conservabamos?- algún crédito na política partidaria e na orde mundial -entendidas ao xeito tradicional. En xeral, o que eu vexo posto en cuestión, máis que este ou aquel goberno, é a credibilidade nos sistemas democráticos de representación política e a mesma validez do sistema xurídico e das leis -o que tantos denominan ‘Estado de Dereito’. E a verdade é que, en certa medida, esta deslexitimización dos gobernos contribúe máis á ocupación dos espazos de representación política polas forzas conservadoras e os poderes económicos do capitalismo neoliberal, ou ao caos, que a fornecer argumentos e ferramentas para unha nova forma de gobernanza.

Confío, porén, en que Wikileaks si poida ter algún valor no ensino e na adquisición da condición de xornalista, e que mude determinadas actitudes no xeito de informar e de publicar, pero máis por iniciativa profsional que por demanda social.

7. Cres que é necesario un xornalismo moi pegado á realidade ou sería máis conveniente outro tipo de xornalismo máis reflexivo e cun prazo de reacción ante os acontecementos máis sosegado?

En parte xa respondín a esta pregunta no punto 3 anterior.

Creo que non existe mercado para un medio de comunicación de periodicidade superior ao día. Toda creación nese sentido ou está ocupada por revistas e voceiros preexistentes, ou a concibo máis como suplemento semanal -non dominical- dun medio diario.

8. Nunha sociedade que potencia a figura do consumidor-produtor de información cal é a función, se é que teñen algunha que cumprir, dos xonalistas?

Atinar na ordenación, filtrado e selección da noticia e gañarse a pulso a credibilidade, tanto no plano individual do xornalista canto no colectivo como medio de comunicación.

Addenda

Botei de menos unha pregunta sobre as posibilidades de colaboración dun novo medio cos medios existentes, aínda que adianta a miña visión escéptica -cando non pesimista informada- sobre a viabilidade de tales colaboracións ou sinerxias. A experiencia demóstrame que prevalecen os intereses empresariais e persoais -e o individualismo se se quer- e que á vista diso todo éxito dun novo medio pasa polos acertos propios e a dinámica de competencia aberta cos medios preexistentes.

Actitudes galegófobas
As gráficas que presento a seguir foron extraídas dunha enquisa sociolingüística realizada dentro dun colectivo humano moi concreto pertencente a unha cidade galega. Non debo, por razóns obvias desvelar máis detalles sobre este traballo, mais o que me interesa é verificar como unha ferramenta científica de natureza estatística serve para describir de forma gráfica o que está a contecer co conflito lingüístico en Galiza.

Nas imaxes pódese apreciar unha nube de puntos na que cada punto corresponde a un individuo da poboación estudada. Sobre a nube sitúanse as respostas a varias das preguntas que se lles fixo ás persoas entrevistadas a través dun cuestionario, de forma que a unha maior proximidade espacial entre individuos (puntos) e respostas (etiquetas) corresponde unha maior asociación entre eles, e a maior distancia unha maior oposición.

Nesta representación obsérvase como a maioría dos individuos conforman unha nube alongada anque compacta, entanto unha minoría sitúanse fóra da nube a maior distancia, contribuíndo a tensionala e a, en certa medida, visualizar extremos opostos onde antes había unha certa concentración (consenso). Ao longo do arco de cor branca superposto, desde o seu estremo dereito e movéndonos cara ao esquerdo, imos atopando as persoas que habitualmente só falan galego até as que non o falan nuca, pasando polos grupos intermedios onde se usa o galego con maior ou menor frecuencia. Os individuos que se sitúan fóra da nube, outliers en terminoloxía estatística, son precisamente os máis próximos ao colectivo dos que nunca falan galego.

Este colectivo de monolingües en castelán caracterízase entroutras cousas por estar en desacordo coas seguintes afirmacións ou ideas:

- O deber dos pobos de transmitir a súa cultura e lingua ás xeracións futuras.
- O galego mellora as posibilidades de comunicación e acceso ás culturas lusófonas.
- O impulso á presenza e ao uso do galego en ambientes informais de comunicación.
- A necesidade de medidas de discriminación positiva a favor do galego fronte ao castelán.

Estoutra gráfica segue a mesma lóxica da anterior, só que neste caso o que se visualiza é a asociación ou non asociación de determinados adxectivos coa lingua galega, na opinión do mesmo colectivo. Outra vez os individuos anormais en sentido estatístico son os que non usan nunca o galego, e para eles os cualificativos que mellor describen ao idioma propio de Galiza é que se trata dunha lingua ‘secundaria’, ‘inventada’ e ‘imposta’.

Nube de palabras do Blogomillo v2.0
Grazas aos xogos malabares do Goretoxo podemos gozar desta nova versión da nube de palabras do blogomillo. A gráfica está composta polos termos do VOLGA máis frecuentes en todas as anotacións publicadas desde 2005 nos blogs galegos rastrexados pola araña da Blogaliza.

A diferenza de ocasións anteriores desta volta podemos personalizar a nube grazas ao servizo da IBM ManyEyes.

AraOS, linux con todo en galego
Conectar e a darlle.

Por fin temos un escritorio linux íntegramente en galego sen necesidade de andar tocando algunhas cousiñas aquí e aló para que o Firefox ou o OpenOffice falen tamén o noso idioma.

O AraOS está baseado na Ubuntu 8.04 LTS, polo que podemos considerala unha adaptación desta distribución libre baseada en Debian. Non é a última versión do sistema operativo patrocinado por Mark Shuttleworth, pero é a máis estábel e conta cun período de soporte máis longo que a recén lanzada Ubuntu 8.10, da que case ninguén fala ben nos círculos entendidos.

Parabéns á xente de Mancomún e demais responsábeis da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.

Descarga, copia e espalla!

Actualización: O AraOS é un metapaquete na xerga linuxeira que serve para personalizar ou tunear unha distribución ou instalación previa, neste caso de Ubuntu. Aínda que se pode descargar desde Mancomún unha distribución completa co metapaquete integrado a Consellaría de Industria acaba de lanzar Galinux, un sistema operativo en galego con identidade gráfica propia que se basea na personalización fornecida por AraOS.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/z3CHLJ0M5mk" width="490" height="395" wmode="transparent" /]

Os retos dos medios na Galiza que vén
Desde as eleccións autonómicas de 2005 e a coincidencia de gobernos progresistas en Galicia e España asistimos a un boom de medios dixitais galegos e en galego. Esta proliferación supuxo unha novidade no panorama da comunicación galega, pero en boa medida esta novidade tan esperada non implicou unha ruptura co modelo establecido.

Existía unha demanda latente de comunicación e debate fóra dos medios tradicionais, despois dunha época longa na que a credibilidade dos medios tradicionais comezou a ser posta en entredito de forma xeneralizada e non só en determinados círculos intelectuais ou políticos.

A esta liberación do ánimo, da palabra, de feitos e de enerxías, contribuíu o momentum que estaba a vivir a internet. A evolución recente da chamada web social, a rede participativa, distribuída e multipolar, favoreceu unha maior intensidade do fenómeno de difusión de contidos, ao tempo que impulsou a transformación de medios tradicionais e a creación de medios novos. Noutros eidos da vida, na expresión cultural e musical, por exemplo, tamén se produciu esta expansión posliberación. E todos a saudamos, contentes e inevitablemente complacidos.

Ora ben, tres anos despois coido que calquera observador alleo percibiría un arrefriamento, unha ralentización deste proceso, quizá tamén un exceso e un sobredimensionamento. Imponse xa que logo unha reflexión crítica sobre a cuestión, ocasión que aproveito para expresar e desenvolver algunhas ideas que xa tiña en mente.

A expansión de medios dixitais hai que vela con perspectiva, como unha prolongación natural da explosión dos blogs e da comunicación interpersoal dixital en Galiza e no Estado. A evolución social é continua e está detrás do boom que estou a comentar, pero non cabe dúbida de que tamén foron claves os episodios do Prestige e da Guerra que marcaron o comezo do fin dunha época política, que daremos en chamar indistintamente fraguiana e/ou do aznarato.

Aqueles eventos históricos que cambiaron xunto co 11M o devir político e social deixaron un pouso, pero son, non o debemos de esquecer, sinais excepcionais nun proceso de longo prazo de dereitización da nosa sociedade, onde campan cada vez máis folgados os spammers conservadores e os medios neofascistas, en contraste cunha realidade social con cada vez maiores desigualdades e inxustizas. Podemos dicir, por tanto, que aqueles fitos sociopolíticos tiveron un impacto enorme pero decrecente, e poden estar máis que descontados a día de hoxe.

Como reaxiron os medios galegos perante aqueles acontementos excepcionais? Nun primeiro momento só os blogs e os xornais dixitais Vieiros e Xornal, este último en moita menor medida, se envolveron no deber de informar sobre o que outros calaban. No papel, La Voz de Galicia, o único medio galego que é capaz de crear opinión e de facelo en toda Galiza, aínda hoxe, despois de apostar nun primeiro momento pola información imparcial, sendo xunto a Tele5 os principais referentes informativos da cidadanía galega, non tardou en arrimarse aos discursos do PP, materializándose dita viraxe na visita de Aznar á Coruña e na campaña propagandística do Plan Galicia. A seguir, a cadea do propietario-transmisor-xornalista/mercenario volveu a definir a forma de traballar no primeiro xornal galego, como nos mellores tempos do tándem Don Santiago-Bieito Rubido.

Desde entón as cousas pouco mudaron. O modelo de subvencións encubertas aos medios de comunicación instaurado por Pérez Varela segue funcionando a pleno rendemento, do mesmo xeito en que seguen traballando para a Xunta moitas das empresas e tinglados artellados pola súa cuadrilla sen que ao Goberno bipartito actual lle importe demasiado.

No mercado do papel, fóra da inevitábel e tardía avalancha dos gratuítos, non apareceu medio novo ningún merecente de ser mencionado (Galiza Nación é un voceiro, non un medio). Nos existentes o que se produciu foi unha simple conversión a redaccións dixitais de varias cabeceiras tradicionais, quer por simple adaptación aos tempos, en parello ao crecemento da rede, nos máis dos casos, quer acompañando procesos de reestruturación interna dentro dos grupos familiares, pretendendo tirar proveito das economías de escala que fornecen as novas tecnoloxías, non só de cara ao público senón, fundamentalmente, no plano organizativo.

Temos o exemplo do grupo El Progreso, que lanzou XeraciónWeb, hoxe Galiciae, onde conflúen as novas tanto do xornal lucense canto do Diario de Pontevedra. Asistimos igualmente á nova época de A Nosa Terra, que rematará en previsible fracaso malia a ser un dos mellores produtos xornalísticos en papel e en pantalla que temos hoxe en Galicia: non pode escapar da percepción social xeral coa que o canga a súa liña editorial e a súa historia. Non quixeron renunciar a unha cabeceira histórica que os confina a un minúsculo nicho de mercado.

Así as cousas, sen a aparición dun novo xornal que puidera inducir un problema no modelo de subvencións, minguando a parte proporcional que todos reciben, o panorama dos medios en Galiza segue enquistado na época fraguiana. O sistema carece de innovación e se perpetúan os males que o caracterizan: propiedade familiar, explotación e rotación laboral, carencia de liña editorial, localismo…

Anunciouse hai poucas semanas o que polo visto era un segredo a voces. O lanzamento dun novo periódico, o Xornal de Galicia, da man de Xosé Luís Gómez, editor do diario electrónico Xornal, e co financiamento do grupo San José. Hai que lembrar, dándolle algo de razón aos escépticos, que xa en 2005 2004, meses antes das eleccións autonómicas, se anunciara a aparición deste medio novo, sen que á fin se producira. Porén, todo apunta a que desta volta vai en serio, e que neste mesmo outono estará xa na rúa, e parece evidente que o cambio de Goberno na Xunta non é alleo a esta confirmación.

Iso si, os comentarios máis recentes distan doutros ouvidos con anterioridade: non haberá sete redaccións funcionando como unha verdadeira redacción dixital distribuída. A sede central localizarase na Coruña, unha decisión que supón chantar unha pica en Flandres. Terá dúas edicións, Coruña e Vigo, que se limitarán probabelmente, como no Marca, a destacar o equipo de fútbol de cada cidade. A presenza da nosa lingua non superará o 25%, porcentaxe que os sisudos expertos editoriais consideran o tope a partir do cal deixarían de vender o seu produto a lectores en castelán. Iso si, sei que o galego estará máis repartido que na edición galega de El País, confinada á intelectualidade cultureta.

Cómpre ser prudentes e non adiantar críticas, xa haberá tempo para facelas. Cando se materialice a saída terá lugar a consabida guerra de medios e promocións que aínda irá durar uns meses. Para cando o público canse de agasallos e os quiosqueiros fiquen sen espazo xa estaremos en plena precampaña electoral e será entón cando poderemos xulgar sobre feitos. Polo de agora o lanzamento ten a miña benzón, pois o simple feito de irromper no mercado e reducir as subvencións dispoñíbeis neste tempo de crise que comeza vai supór movementos moi serios.

Comezaba falando dos novos medios dixitais en Galiza. Desde a esfera da política, e nomeadamente desde os eidos nacionalistas, explícase a súa irrupción e dinamismo, en contraste coa parálise do mercado do papel.

Vía Goberno impulsouse a aparición de xornais electrónicos que foran afíns aos intereses dos seus promotores, foran estes píos ou impíos. Entre os primeiros cóntase o desexo de promover as ideas socialistas e nacionalistas e difundir as políticas levadas a cabo desde a Xunta, non sempre coherentes unhas e outras, ou aumentar a presenza da lingua galega no ámbito da comunicación de masas, até o momento expulsada con aleivosía e premeditación dos medios en papel. Os segundos escuso enumeralos, por resabidos.

Probablemente todo o que aconteceu desde entón atopa dun xeito ou doutro xustificación. Mesmo até que un Partido teña medios de seu, xa non en nómina senón en propiedade. Irritará a moitos, mais nos tempos que corren, en que todos podemos ter o noso medio de comunicación na rede e a quimera da obxectividade pasou a mellor vida, como negarlle a unha organización o seu voceiro? É algo normal. Iso si, non estaría de máis aprender algo do mundo dos blogs e colocar ben visíbel o pertinente disclaimer.

Pero teño pra min que o boom de medios dixitais en galego xa cesou. A tampa que supuña o período fraguiano xa deixou saír toda a enerxía acumulada que había. Semellaba hai un ano ou dous que había moito potencial, pero era porque vimos de súpeto todo o que levaba anos e anos retido e concentrado. A realidade hoxe é ben outra. E probablemente tamén nisto esteamos asistindo a un fenómeno de stagflation.

Acontece que os medios en galego, en particular os medios dixitais, e en xeral todo canto proxecto de comunicación teña a ver coa nosa lingua, desde a literatura até a televisión, enfronta un problema de difícil resolución no curto e medio prazo: A falta de mercado.

Permítanseme uns números: As persoas que acadaron a maioría de idade en Democracia (18 anos en 1975 ou 21 en 1978) teñen hoxe 51 anos. En 2001 tiñan 43, coincidindo coa elaboración do Censo de Poboación que incluía no noso país varias preguntas sobre o uso da lingua. Pois ben, con base naqueles datos, hoxe seguramente superados para peor, só o 46%, menos da metade, deste sector máis novo e alfabetizado da poboación emprega sempre o galego (déixenme que non inclúa a categoría ‘as veces’ que tan só reflicte unha posición politicamente correcta de indiferencia ante as agresións á lingua e a perda de falantes).

Esta porcentaxe, que a algúns poderá parecer aínda elevada, redúcese drasticamente na Galiza máis urbana: A Coruña 10%, Ferrol 8%, Santiago de Compostela 36%, Lugo 32%, Ourense 27%, Pontevedra 25%, Vigo 12%. Nos concellos circundantes, algo máis novos, apenas se rexistran 10 ou 20 puntos máis que nesas cidades, e sempre por baixo dos niveis medios de Galiza.

Quen coñeza a estrutura do voto nacionalista saberá que até hai ben pouco tempo dependía ante todo da idade (as diferenzas territoriais son inducidas polas diferentes pirámides de poboación), sendo esta relación perfectamente lineal e decrecente cos anos. A pregunta é inmediata: como comunicar ideas en galego neste segmento da poboación e do electorado?

Unha das cousas que demostra a rede, onde o usuario ten que decidir en maior ou menor grao que ler (e que non), co feito de todas as tecnoloxías até a data funcionar en base á palabra (iso e non outra cousa son as etiquetas), é que a lingua é unha fronteira, permeábel pero fronteira á fin de contas. Quen é galegofalante (e galegolente e galegoescribinte) pode e de feito está acostumado a visitar páxinas web en varios idiomas e normativas. Pero o galego castelanbaseado normalmente só visita sitios galegos en castelán, ou sitios españois ou internacionais nese idioma (salvo excepcións que non deixan de ser iso, excepcións). O seu monocultivo lingüístico, por así dicilo, é moito maior que os dos galegofalantes. Estes son, cada vez máis e por reducción, máis militantes da lingua (e máis reintegracionistas, por certo); máis cultos, no sentido anterior. Pero a inmensa maioría dos galegos castelán-falantes rara vez len, escoitan ou ven algo nun sitio web en galego.

O corolario disto é que calquera medio de comunicación que queira chegar á maioría da poboación galega formada e socializada nos últimos 30 anos ten que empregar o castelán. Aínda máis, se o nacionalismo quere comunicar, espallar as súas ideas, a toda esta xente, inevitablemente terá que facelo tamén en castelán.

Aquí chegamos ao punto crítico deste artigo. O inimigo, a traición, a inxustiza… O mesmo discurso de hai 30 anos nunha sociedade (seguramente para mal) radicalmente diferente. Non é unha conclusión agradábel pero é o que hai. Pensen en Irlanda ou en Euskadi, fagan o favor.

Os medios afíns á ideoloxía nacionalista precisan versións en castelán. Non telas implica dirixirse ao implicado, ao coherente, ao consciente, ao convencido. Pero deste xeito a expansión social e electoral das ideas nacionalistas ficará imposibilitada, cando menos se falamos de grandes números, da totalidade da poboación.

Xa non se trata de que as ideas e discursos máis dinámicos, menos instalados e máis transformadores da política galega cheguen a unha maioría da poboación lectora de xornais ou usuaria da rede. É que esta comunicación tamén é precisa cara a fóra, para sermos mellor entendidos (ou criticados con maior fundamento) fóra do noso territorio. Tamén sería necesario proxectarnos cara fóra en português e en english, por suposto. Eu comecei a usar o galego nos caixeiros cunha entidade catalana, non sei se me explico.

Dúas son por tanto as limitacións ou condicionantes fundamentais dos medios en galego, e tamén dos medios nacionalistas. A existencia dun mercado reducido concentrado nas áreas urbanas (precisamente onde se concentra o 80% das vendas, onde maior é o nivel de alfabetización da poboación, onde hai máis vida social, por onde se estenden os puntos de venda e as redes de distribución comercial, onde se dispón de conexións de banda larga en condicións) e a utilización maioritaria do castelán (e do castelán en exclusiva, ou cun papel pasivo a respecto do galego) nesas mesmas zonas.

Sendo conscientes destas limitacións parece inevitábel que nos medios dixitais en galego se produzan cedo ou tarde procesos de plurilingüismo na publicación (aínda que nun primeiro momento se baseen en traducións automáticas) e de concentración na propiedade (ou simplemente na xestión). Eses pasos supoñerán traspasar o estadio das iniciativas case personalistas que inzaron a rede nos últimos anos e permitirán pensar no sector en termos dunha certa rendibilidade e autosustentabilidade.

Este proceso precisa unha intelixencia ordenadora (algo así como unha man visíbel), estratexias de colaboración e cooperación (inexistentes ou ridiculamente agora timoratas), apostas decididas pola dixitalización (artellando verdadeiras redes de profesionais e colaboradores con base nas TIC), superar as rémoras dunha concepción dos medios como extensión do aparato partidario (que aínda impera no nacionalismo) e acabar de vez coas remóras e os prexuízos de toda unha xeración caduca (no político, no social e sobre todo no profesional).

Até aquí unha longa reflexión que foi incitada por unha conversa e un correo de dous prezados blogueiros. Agora é a vosa vez.

Obertura, de Antón Baamonde
‘Pois iso’, titúlase. E como sintetiza claramente o meu pensamento de hai anos sobre a cuestión, permítome adiantarme a Tempos Dixital, que aínda non o publicou (non sei se a sección Obertura se vai verter ou non na edición dixital), e reproducilo aquí antes da data sinalada de mañá:

POIS ISO

Non é fácil decidir o alcance das principais institucións da cultura galega. Sucede que existe un Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades. Tamén existe o Instituto da Lingua Galega que parece duplicar algunhas funcións do Centro Ramón Piñeiro -ou viceversa, considerando a orde de prelación-. Ademais, contamos coa Real Academia Galega, de venerable e digresiva historia, tan eficaz nas elipses, e co Consello da Cultura Galega, de funcións consultivas -aínda que é difícil pensar que Fraga ou Touriño consultaran nada-. Son entidades de paso lento e pesado. A estas institucións poderían sumarse outras, como o Padre Sarmiento, herdeiro do Seminario de Estudos Galegos e hoxe dependente do CSIC. E veremos as que nacerán ao calor da Cidade da Cultura.

Son institucións que se deslizan pola superficie do país sen apenas causar fricción, como coches dos que as rodas xiran no baleiro e que non conducen a ningunha parte. Parece como se cultivaran unha especie de solipsismo, que xa quixera para si Don Vicente Risco na época en que escribiu «Nós, os inadaptados».

Padecen unha enfermidade usual no galeguismo: a de conformarse con constituír un universo á parte, ensimesmado, que abandona toda vontade de inserción eficaz na sociedade. Se han de ser recuperadas para os seus fins estas institucións necesitan ser áxiles, racionalizar os seus medios, especificar a súa función e non volver a usar xamais a palabra «persoeiro». O enteiro mapa das institucións culturais debería ser reformado. Un amigo retrucaba hai anos ao verso de Novoneira «A forza do noso amor non pode ser inútil» así: «Tanta inutilidade non pode ser amor». Pois iso.

Antón BAAMONDE. Tempos Novos nº 132, páx. 3

[O destaque é meu, trocaría só 'inserción' por 'transformación'] Parece claro que a reestruturación/ordenación/unificación que reclama Baamonde non vai partir de ningunha das institucións nomeadas, así que é evidente que a tarefa sitúase na órbita da esfera política, dos políticos que nos gobernan. Trátase dunha simple cuestión de valentía e de ‘normal facer’, cualidades ambas que -á vista está- escasean por uquer.

Novidades nos medios galegos
Hoxe a rede dispénsanos dúas novidades dentro do panorama dos medios de comunicación no noso idioma. Ámbas as dúas se producen arredor de Vieiros, esa matriz ou melting point da internet galega que aínda non achou ese concorrente serio que cando menos algúns acharíamos enriquecedor.

Dun lado a revista mensual Tempos Novos, que até agora contaba cunha canle propia en Vieiros onde se publicaban extractos dos artigos e entrevistas, faise maior, independízase e abre a súa propia edición dixital. Nace Tempos Dixital coa vocación irrenunciable de se converter nun espazo de opinión e debate deses que verdadeiramente escasean -e hoxe máis que nunca- neste País.

Polo menos até agora e na miña opinión os columnistas e articulistas dos diferentes medios de comunicación de masas en lingua galega -a meirande parte electrónicos- cumpren malamente ese papel. Enténdaseme ben, quizá a culpa é máis dos comentaristas que dos opinadores, quizá é unha culpa distribuída. Debe ser por iso que nestes anos só a blogosfera achegou, puntualmente por desgraza, esas ágoras -ou tascas, como se prefira. (Non lean isto pero reparo agora en que task é tarefa en inglés, e así entende un mellor esa expresión nosa de ir tomar os choios).

O proxecto impulsado xa hai unha década por Atlántica de Información e Comunicación dá un pequeno paso máis no fecundo camiño encetado coa reestruturación do seu soporte en papel e a creación do suplemento ProTexta. Con este avanzo o proxecto gaña en madurez e distánciase dos perigos que ameazan aos medios inmobilistas.

Doutro lado Vieiros suple a perda da canle Tempos con unha primeira colaboración con radiofusión, o portal da programación común das emisoras municipais galegas agrupadas en EMUGA.

Esta sinerxia é máis simbólica que real. Consiste nunha simple sindicación de contidos que irá publicando en Vieiros as novas locais producidas polas emisoras nun ticker, visíbel ao lado do que xa funcionaba a través de Europa Press. É o mínimo polo que comezar, e máis que nada coloca sobre a mesa todo un abano de posibilidades e complementariedades, co único límite que ten a natureza diferente -privada e pública- das entidades promotoras.

Con todo, este movemento  reaviva o até hoxe algo parado sector da comunicación local, tan importante para o noso idioma como que é case o único reduto informativo no que o galego é maioritario.

Desde aquí saudamos as dúas iniciaciativas e desexámoslles todo o mellor.

Lingua e internet: poder, fronteira e realidade
Estatísticas de visitas á Blogaliza por procedencia.

Salienta a deaparición de Ferrol como única cidade fóra dos primeiros postos, a posición moi baixa de Vigo, o peso do microcosmos compostelán, e tamén a ausencia de Buenos Aires e demais cidades americanas hispanofalantes en favor de cidades brasileiras e portuguesas.

A lingua e internet: poder, fronteira e realidade.

Datos subministrados por Pedro Silva, administrador da Blogaliza.