Nesta anotación abordo por fin un aspecto que é 100% responsabilidade dos Concellos e dos seus gobernantes: a fiscalidade municipal, a facenda local. Os resultados amosan que as principais forzas políticas galegas se comportaron nos concellos segundo cabía esperar dos seus discursos, aínda que todas en conxunto seguen contribuíndo ao raquitismo fiscal dos concellos.
Continúo a análise do rendemento das forzas políticas nos 315 concellos galegos co tema crucial do desemprego. Os resultados amosan un comportamento moi semellante para a maioría de partidos políticos, máis aínda que no caso da poboación, e igual de desalentador para calquera tipo de concello que consideremos: desde os moi dinámicos até os recesivos.
Nas últimas semanas volvemos asistir máis un ano á constatación do atraso demográfico de Galicia en relación con España e da Galicia interior con respecto á costeira. Medios de comunicación e forzas políticas volven colocar por un tempo este tema nos destaques da actualidade informativa.
Con ocasión das eleccións municipais do 22 de maio de 2011 enceto a publicación dunha serie de artigos de análise do rendemento das forzas políticas nos gobernos municipais dos 315 concellos galegos.
Desde A nave das ideas chégame un convite para colaborar nunha reflexión colectiva sobre a necesidade dun novo medio de comunicación en Galicia.
Recentemente veño de dar de baixa o primeiro automóbil autenticamente meu, pagado por min. Debido á (de)formación profesional que padecemos os economistas, ao longo da súa vida útil fun gardando todos os papeis e facturas vinculadas ao seu uso, e como san e verde exercicio dediqueime a contabilizar cal foi o seu [...]
Achéganse as eleccións municipais e as principais empresas e organismos que elaboran enquisas en Galicia xa están traballando para obter as primeiras mostras da situación política no ámbito local. Por iso achei interesante facer un balance de como funcionaron as sondaxes ou enquisas de intención de voto na última década.
O INE vén de publicar as primeiras estimativas do Padrón de Habitantes a 1 de xaneiro de 2010, que contabilizan 2.796.811 galegas e galegos de residencia, o cal supón apenas 722 habitantes máis que un ano antes e un crecemento do 0,0%, ou sexa, inferior outra volta ao que medrou a poboación española [...]
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea aquí.
ESTÁS EN
Home > Articles by: CarlosTraducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Twitter
- RT @bufetalmeida: Lo más cercano a cero #esserespañol y por eso todo español quiere ser uno, y único.
- RT @GALANTIQUA: +Galiza se inclina por abandonar el BNG http://t.co/x9NBz5nU vía @elcorreogallego
- RT @xesgarcia: IU parece a gañadora do congreso do psoe e da asamblea do BNG
- RT @millanfernandez: @fbatallan moito, amigo, moito. estou dacordo. nos, o bng e a esquerda en xeral. facendo todo o contrario doq tiña ...
- RT @flipaita: 100% acordo @EstevoSG: Pois qué queredes que vos diga, pensei que era só o BNG, pero non. PArece que ninguén ten interese ...
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito localización lugo música mapa multimedia municipais municipal nacionalismo ourense partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta

