Ola! Sou Carlos Neira Cortizas e Calidonia Hibernia é o meu nome comercial e o título deste sitio web. Sou consultor e analista nas áreas da estatística, a economía, a administración pública, a investigación social, os medios de comunicación e as novas tecnoloxías da información.
Formeime como economista especializado en metodoloxías cuantitativas na USC. Fun tamén bolseiro do Instituto Galego de Estatística e desde entón realicei traballos en diversas áreas científicas e profesionais relacionadas coas enquisas, o diagnóstico socioeconómico e financeiro-empresarial, a avaliación e implementación de políticas públicas, así como o uso de programas informáticos e servizos web para a obtención, análise e a visualización de datos, a mellora da produtividade, o control de proxectos e, en xeral, a xestión do coñecemento.
Nesta web podes atopar artigos sobre todos estes temas, e de forma destacada sobre demoscopia electoral e analítica do baloncesto, as miñas principais afeccións. A finais de 2011 o meu traballo de análise e de prognóstico electoral xunto a Gonzalo Rivero mereceu a atención dos medios de comunicación, e desde entón colaboro como comentarista de actualidade na Radio Galega.
Podes atopar máis información sobre o meu currículo na rede profesional LinkedIn e en Cuvitt.
Compartir
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE

