mareas

NOTAS:

Criterio múltiplo para cualificar unha candidatura municipal como marea:

  1. Maioría de candidatos/as e/ou edís independentes sen filiación partidaria
  2. Participación de persoas afiliadas a cando menos dúas forzas políticas diferentes
  3. Participación asemblearia e métodos de decisión realmente abertos á cidadanía

Criterio para clasificar as outras candidaturas, ademais do seu ámbito territorial:

  1. Ideoloxía explícita ou posición en relación co Estado do Benestar
  2. Comportamento no Pleno de constitución da Corporación municipal e rol nos pactos de goberno
  3. Historial da formación ou aparición por escisión a partir doutra forza
 

5 Responses to Máis unidade ____ menos partidos (enche o oco)

  1. Costadamorte di:

    Eu, nas miñas contas particulares, metía a todas as candidaturas son e “raras” no epígrafe de “mareas”…
    Imos ver…, cecais é que non creo no concepto así, espontaneo de “cidadanía”…
    A marea artabra de Ferrol, ou a de Vigo, controladas e encabezadas por militantes de “EU” son mais marea que a candidatura do BNG de Mazaricos que na práctica está formada por independentes?…
    Para min que isas contas non son moi de fiar…
    Para candidaturas populares, o que se di “populares”, as do PP, que ademais de chamase así, na práctica son as que mais votos do “pobo” recollen!…

    • Carlos di:

      É un pouco cansino o de ouvir criticar aquelas cifras que non gustan. Fagamos un trato: ti pásame unha lista dos 314 concellos, clasificando todas as candidaturas municipais ‘mareas’, Son ou BNG que ti consideres que son ‘abertas’ ou verdadeiramente independentes, e eu pásoche os resultados segundo o teu criterio.

      • Costadamorte di:

        Perdoa, non pretendía ser molesto ou cansino…
        O meu comentario referíase a que polas miñas contas metía en Mareas a todas as candidaturas inspiradas pola esquerda non partidaria e a partidaria que renunciou as suas siglas para ir nese conglomerado…
        Polo tanto, sen coñecer todas as candidaturas do país, en principio eu consideraba mareas as 29 que ti tes como “mareas” mais as 47 que tes como SON, mais as 18 que tes arredor de Podemos mais as 13 que tes coma CERNA e que eu sepa non presentáronse como tal, o que da 107 candidaturas, que obviamente non presentaronse en 107 concellos, xa que en algúns concellos había ate tres “mareas” tras desavenencias entre elas…, (exemplo o caso de Ourense)… Ben, ao que ia, que o fenómeno iste das mareas pens que foi exitoso a medias, e que, coma pasou con AGE no Parlamento, na sua indefinición e, se queres, no seu oportunismo, levan o xermolo da división… Veremos ao final do mandato se, mesmo nas mareas mais exitosas, non remata por haber división e concelleiros tránsfugas e mesmo mocións de censura… Lembro que mesmo no primeiro gobernó con mayoría de Paco Vazquez na Coruña, con aquel PSOE recén formado a base de militantes moi variopintos provintes da case toda a esquerda, (do PC, do PSG, da extrema esquerda marxista da ORT e o PT, mesmo do BN-PG), houbo dous concelleiros que remataron fora do grupo socialista e enfrontados a Paco, coido que eran Pedro Arias, (o hoxe deputado do PP e que daquela viña do PC, e Segundo Pardo, que coido viña do nacionalismo do PSG)…
        Ao que ia, con todolos seus problemas, as candidaturas presentadas baixo siglas preexistentes, ou mesmo novas pero con vontade de perdurar e con una certa definición ideolóxica, mais ou menos sabemos do que van…, pero iste conglomerado mareante?…, estamos seguros de a que respostan…
        Exemplo práctico, os concelleiros electos baixo as siglas de PSOE en Boimorto ou de CxG en Miño, polo seu comportamento foron expulsados e podemolos clasificar de tránsfugas…, pero, concelleiros dalgunha das mareas, se desmarcanse do seu “líder” por discrepancias políticas e configuran maiorías alternativas con outras forzas…, poderían catalogarse como tránsfugas?…

        • Carlos di:

          Penso que temos unha visión distinta do que é unha marea. As dúas visións son lexítimas, mais obviamente eu creo que a miña é máis realista. Non chega con agochar as siglas baixo outro nome (Cerna), nin dicir que se é unha marea cando aínda que se fagan unhas primarias para abrirse á cidadanía ao final dentro das listas é maioría a xente con carné. Tampouco é unha marea o que simplemente é unha coalición de partidos a dúas ou máis bandas, ou o inserimento de independentes nas listas, cousa que moitas veces no pasado xa fixeron os partidos e as coalicións.

          O fenómeno político e electoral novidoso é o protagonismo da cidadania apartidaria (ollo, non antipartidaria) e a capacidade de chegar alén dos habituais círculos de militantes, simpatizantes e achegadas/os dos partidos políticos. En paralelo actúa non só a desafección partidaria senón tamén a descoordinación entre a oferta e a demanda partidaria. É dicir, nin se queren tantos partidos nin o que din encaixa xa coa demanda de amplos sectores da poboación. As mareas son a última resposta exitosa a esa situación, e por iso triunfa onde antes triunfaron AGE ou Podemos.

  2. Costadamorte di:

    Discrepo nunha cousa, pode que a tua visión do que é una marea sexa mais rigurosa teóricamente, mais pensó que realista non o é…
    Tal como o plantexas, isa cidadanía apartidaria, (bastante indefinida e confusa), ademáis de que persoalmente non creo nela, (nin que exista nin que sexa espontánea), pode ser o perfecto caldo de cultivo para embaucadores ou pretensos líderes que poden desembocar en novos populismos e autoritarismos…
    En fin, xa veremos o que duran e como acaba o conto…
    Mudando de tema, espero a ver se adiantas un “Mirante” de Catalunya…, sei que hai poucas enquisas, e menos ainda enquisas fiabeis…, pero son dos que pensa que de como resolvase a cuestión catalana dependerán moitas cousas, mesmo incluso a configuración das candidaturas galegas as Xerais!…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*