Loading

10 anos de…

Blogs, blogues, bitácoras, habitáculas.

Díxitos que transcenden os números.

Minifundio iluminado, non há lugar a parcelaria.

Persoas de aquí e de acolá e arredor de si.

Xente nova, vella, de máis, de menos, o xusto, o inxusto.

Xente que ficou e que marchou, xente que volve e devolve.

Amigas e inimigas, que xa vai tendo un unha edá.

Maruxos, camaradas de abordaxe e piratas de escrita doce.

Todas xuntas e revoltas, pero nunca soas.

Erros e acertos en eterno combate desigual.

A dose innecesaria de Prestige, A medida exacta de orgullo.

Ilusión a mares, nos ríos e polos aires da miña terra.

E para compañía real a vosa.

Por todo, grazas.

C a l i d o n i a

Top