Con este nome dei a coñecer hai uns meses as miñas estimacións sobre as eleccións xerais en España. Trátase dunha síntese analítica de datos alleos que decidín ofrecer de forma gratuíta á AMEGA nun intento de promover a cooperación entre os medios privados en lingua galega.

Presentación

O Mirante non é unha enquisa. A aclaración é importante, pois é un erro bastante común encadrala ao lado doutros datos que si proceden de traballos de campo específicos. Trátase dunha estimación que utiliza datos alleos, e baséase para o seu cálculo na eliminación dos nesgos ou desvíos sistemáticos nos que incorren os institutos demoscópicos -e cadanseus clientes.

Dun tempo a esta parte O Mirante analiza tamén outras fontes de datos diferentes das enquisas tradicionais. É o caso das estimacións realizadas por outros analistas con base en microdatos de enquisas devoltos ao dominio público. Un terceiro tipo de datos utilizados son os paneis de (máis ou menos) expertos en liña que con certa periodicidade elaboran tamén as súas propias estimacións. A inclusión deste último tipo abusa dos fundamentos estatísticos do método, pero teño comprobado que axuda a consolidar a miña estimación.

En primeira instancia O Mirante publica só estimacións de voto para as eleccións xerais, por ser aquelas para as que hai máis datos dispoñibles. Non descarto, porén, ampliar a estimación ao reparto de escanos, ou implementar o método para outras eleccións como as autonómicas galegas ou mesmo as municipais -aquí inevitablemente de xeito agregado. Obviamente para iso son precisos non só máis datos dos que existen na actualidade senón a aplicación de novas metodoloxías, o que resulta complexo e require dun tempo do que non dispoño.

O Mirante é o nome co que bapticei este traballo, tratando de apartarme das denominacións que tradicionalmente reciben as prospectivas electorais publicadas polos medios de comunicación. Mirante é unha palabra galegoportuguesa, non recollida polo Dicionario da RAG pero si polo Estraviz e por todos os dicionarios portugueses, que ten na forma miradoiro o sinónimo máis extendido entre nós. O seu signficado xoga coa miña posición como observador atento dos acontecementos desde unha posición distante e neutral.

Estimación de xaneiro

1

2

3

Os principais comentarios que me merecen os resultados son:

  • Podemos segue como primeira forza, mais detén o seu crecemento, vendo reducida a un punto a súa vantaxe sobre o Partido Popular.
  • O Partido Popular recupérase, e tralos escándalos de corrupción coñecidos no mes de outubro que afundiron os seus apoios, medra por vez primeira nos últimos catro meses. Perde, con todo, máis de 5 puntos desde o final do verán.
  • O maior cambio deste mes é o retroceso do PSOE, que cae un punto no último mes e dous desde outubro, o que converte nun bluff a rexeneración personificada en Pedro Sánchez. O PSOE afástase significativamente de Podemos e o PP, co que se desfai o triple empate que aínda tentan trasladar á opinión pública algúns medios.
  • Segue a existir unha maior variabilidade entre as forzas minoritarias, máis afectadas pola volatilidade xeral, dependentes dos cambios experimentados polas tres primeiras forzas, e tamén pola maior marxe relativa de erro estatístico inherente ás súas estimacións. IU mantén por pouco a cuarta posición, e a tendencia é que Ciudadanos cómelle terreo paulatinamente a UPyD fóra de Cataluña.
  • ERC comeza a acusar o xiro dos acontecementos en relación co proceso soberanista, ao tempo que CiU detén o seu retroceso. Cabe esperar un intercambio de posicións entrambos nos próximos tempos.
  • Entre o resto de formacións nacionalistas destaca a caída de EH Bildu. Como outras forzas nacionalistas situadas na esquerda están a sufrir, en maior medida que as instaladas na dereita, a auxe de Podemos.

O informe público do Mirante de xaneiro pode descargarse aquí.

20150110OMirante.pdf

20150110OMirante.pdf

Etiquetas:
 

6 Responses to O Mirante

  1. […] mes, realizaremos un repaso á actualidade electoral da man do informe que o investigadorCarlos Neira realiza para a Asociación de Medios en Galego.O Mirante non é unha enquisa, se non que se trata […]

  2. […] de QPC a raíz do informe de Carlos Neira, de Calidonia Hibernia, para a Asociación de Medios en […]

  3. […] repaso á actualidade electoral de cara ás Eleccións Xerais da man do informe que o investigador Carlos Neira realiza para a Asociación de Medios en Galego. O Mirante non é unha enquisa, se non que se trata […]

  4. […] repaso electoral de cara ás Eleccións Xerais que fai todos os meses o investigador Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego, o maior cambio neste último mes súfreo Podemos ao […]

  5. […] de QPC a raíz do informe de Carlos Neira para a Asociación de Medios en […]

  6. […] Mirante de Outubro, o completo estudo da estimación de voto realizada polo experto demoscópico  Carlos Neira para a Asociación de Medios en […]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*