Verán: antes de pasalo traballando e menos conectado que de costume aos blogues e ás redes sociais, e agora que o Parlamento Galego finaliza o período de sesións, non me puiden resistir a deixarlles aos nosos gobernantes, representantes e ás súas organizacións políticas algo no que pensar.

A verdade é que me gustaría terlle dedicado máis tempo, e criticar máis demoradamente as consecuencias políticas e económicas, éticas e estéticas do asunto. Mais como ao final o que queda case sempre é o titular, e como moitas veces as árbores non nos deixan ver a fraga, decidín publicalo as-is.

O gráfico seguinte reflicte as convocatorias no Diario Oficial de Galicia de un ou varios postos de libre designación na Administración autonómica ou nos seus arrabaldos. Os datos recollen o número de anuncios publicados cada trimestre, excluídas as resolucións e as correccións de erros (premer no gráfico para velo ampliado).

Postos_de_libre_designacion_DOG

É o resultado de explorar de xeito semiautomático todo o que está publicado no DOG desde 1989, o ano en que chegou Fraga á Xunta de Galicia. O traballo de programación está feito en R, como de costume ultimamente.

Deixo abertos os comentarios para o debate. Gustaríame recoller tamén suxestións para realizar análise semellantes sobre outros temas. Por exemplo, se o tempo mo permite nos próximos meses, teño pensado tratar o asunto dos convenios, e en particular os subscritos cos medios de comunicación.

Etiquetas:
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*