Non é só que asistíramos nas pasadas eleccións a unha manipulación sen precendentes das sondaxes preelectorais en favor do bipartidismo. Agora, ademais, asistimos áproliferación de enquisas sobre a Monarquía que inclúen preguntas irrelevantes e nesgadas, ou que son utilizadas xornalísticamente como armas de desinformación masiva.

Permitinme buscar e representar algúns dos datos das enquisas realizadas sobre o tema na últimas dúas décadas.

Algunhas das enquisas recentes inclúen puntualmente, malia a todo o comentado, algunhas preguntas neutrais cuxas respostas son facilmente interpretables. As enquisas vellas son de todo punto fiables, ao non estar sometidas e contaminadas pola actual e vergoñante campaña dos medios de comunicación de masas en favor da Monarquía.

Confianza

Monarquía

Referendo

Se tes a impresión de que estas son as cifras que están transmitindo os medios de comunicación tradicionais, por favor dime onde te informas. Porque na semana escasa que pasou desde o anuncio da abdicación eu non vin ningunha canle de televisión, nin lin ningún xornal nin ouvín ningunha emisora de radio que estea a utilizar estes datos que vos presento para describir a realidade. Por non falar da incapacidade/maldade da maioría dos tertulianos, comentaristas e opinadores á hora de interpretar e explicar de forma holística a opinión pública a través dos números.

Con efecto, non só hai unha ruptura xeracional nos resultados do 25M, tamén unha brecha informativa e comunicativa sen igual desde a morte do Ditador. O analóxico contra o dixital. Non é que non entenderan nada. É que son ruíns e nos toman por idiotas.

O afundimento

Especialmente indecorosa é a liña editorial que veñen mantendo os medios de comunicación do grupo PRISA desde hai exactamente tres meses. Todo comezou en febreiro co cambio de Director de El País, ao que seguiu, ademais dun cambio perceptible na liña editorial, un sospeitoso cambio de nivel na estimación de voto do PSOE nas enquisas preelectorais de Metroscopia, sondaxes que, en contra do publicado polo resto de institutos e medios (en conxunto xa nesgados a favor do bipartidismo), colocaron en repetidas ocasións aos de Rubalcaba por diante do PP en intención de voto, tanto nas eleccións europeas como nunhas xerais.

A situación do PSOE é esperpéntica, e os seus antigos votantes sábeno. Xa lle perderon a fe no final do felipismo, e aínda que logo volveron confiar nel este semella o divorcio definitivo. Caiu o veo e a connivencia do PSOE cos poderes económicos e antidemocráticos é total. Moitas persoas chegaron a esa conclusión por si mesmas e desde o comezo da crise lles negaron o voto cada vez en maior número, refuxándose na abstención, en IU ou en Podemos.

Á incapacidade para rexenerarse internamente, non só mediante o cambio de caras (que tamén) senón mediante a remuda completa do aparato e das baronías, súmaselle a imposibilidade de facer o máis obvio e prioritario: recoñecer  de vez os erros e as traicións cometidas, e construír por fin un discurso e unha práctica política verdadeiramente de esquerdas. Son condicións que simplemente non están dispostos a acometer. O apoio vergoñante á Monarquía vén a demostrar até que punto ao PSOE lle importan un pemento os seus votantes:


elmundo

 

elpais

A primeira táboa corresponde a unha enquisa de Sigma Dos para El Mundo publicada a comezos deste ano. A segunda está incluída na enquisa de Metroscopia que hoxe publica El País en portada (si, voume abster de facer comentario ningún sobre o enunciado da pregunta nesta última).

Como pode verse, tanto se consideramos a opinión do electorado do PSOE antes ou despois do 25M, a metade dos votantes socialistas en 2011 (o seu mínimo histórico) están a favor da República como forma de Estado. En vez da solución lóxica e intelixente consistente en defender un referendo no que a xente, e os seus divididos votantes decidisen, a resposta da dirección do PSOE é contribuír a alongar unha institución anacrónica cuxa lexitimidade orixinaria devén dun dedazo de Francisco Franco (isto é todo o que de dixital poderedes atopar no PSOE).

Réquiem polo partido de Pablo Iglesias o vello.

Etiquetas:
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*