Esta é a evolución esperada do voto estimado para as principais forzas políticas de cara á cita electoral europea coas urnas o vindeiro domingo 25 de maio, no último día en que a arcaica lei electoral permite difundir enquisas (aínda que isto non o sexa).

trajectory_2014

Clave intepretativa do gráfico:

  • Cada punto representa a estimación de voto que deu cada unha das 39 40 43 enquisas preelectorais diferentes publicadas sobre as eleccións europeas desde os últimos comicios celebrados.
  • Cada liña amosa a evolución do apoio subxacente a cada forza política, unha vez descontados os efectos caseiros de cada instituto demoscópico (e de cadanseu medio de comunicación e/ou cliente).
  • As bandas escuras sinalan a marxe de erro admitida na estimación do voto a cada opción, cun nivel de confianza do 95%.

Cos últimos sinais recollidos, correspondentes ás enquisas de La Razón e El Diario publicadas hoxe, e que son as únicas cuxo traballo de campo se estendeu cando menos parcialmente alén do debate a dous entre Arias Cañete e Valenciano, e baixo o suposto de que nada novo vai acontecer desde esas datas até o día 25 (presunción obviamente falsa pero á que nos condena como cidadáns a prohibición de difundir sondaxes durante os próximos días), o noso sistema permite estimar e proxectar o comportamento de PP, PSOE, IU e UPyD. O feito de que a inmensa maioría das enquisas non ofrezan estimacións para todas as forzas minoritarias impide aplicarlles a mesma metodoloxía de cálculo. Mais se atendemos á tendencia media dos datos publicados é posible completar o cadro de resultados:

 % do votoDeputadas/os
PP32,920-21
PSOE28,417-18
IU (AGE)11,06
UPyD6,13
CEU (CxG)4,93
Esquerra3,21-2
Podemos3,11-2
Ciudadanos2,31
Os Pobos Deciden (BNG)1,81
Primavera Europea1,50-1
Vox1,30
Outros (+Brancos)3,50

Esta proxección reflicte o prognóstico medio das enquisas, libres da contaminación propia de cada cociña, na hipótese de que globalmente consideradas non cometesen nesgos e atinasen co resultado. Existen algúns datos, e eu persoalmente teño varios elementos de dúbida, que me fan pensar que si van incorrer en erros e que, independentemente de que algunha casa acerte, debemos esperar sorpresas. Nos próximos días debullarei aquí mesmo algunhas destas cuestións.

Nota: O método de cálcúlo é o mesmo que empreguei como base do meu prognóstico final para as eleccións autonómicas. Como entón, as ferramentas débollas a Jackman, Fernández i Marín e Rivero, anque os erros só a min me son atribuíbles.

Etiquetas:
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*