4 Responses to 20 anos de canción galega

  1. A min gustaríame que algún día nos falases dese cuadrante baleiro. Hai algún intento/interese partidista en ocupalo? Mereceríalle a pena facer o esforzo de cubrilo? Existe unha masa de poboación galega situada nesa posición? Cal é a relación que pode existir dese cadrante co equivalente doutras nacións estatais?

    • Costadamorte di:

      Ise cuadrante está valeiro e case mellor que siga así…, onde alguén o ocupa son case sempre movementos moi próximos ao fascismo e ao racismo, os ultranacionalismos excluintes que agroman nalgunhas nacións sen estado e nalgunhas rexións moi ricas, (ise espazo non é o do PNV ou CiU, que andarían por onde está CG ou algo mais arriba en nacionalismo, pero non mais a dereita), ise espazo é o do bloque flamenco, a Liga Norte, e mais ainda, o dalgúns grupos ultranacionalistas na exYuigoslavia que deron lugar as guerras civís…
      Na Galiza algún intento anecdótico houbo, coma Identidade Galega e cousas así…

  2. Costadamorte di:

    Unha reflexión…, hai un erro de principio estatístico, ben, non é un erro en si, pero ao contemplar esquemas coma iste sempre é a primeira idea que pensa un, e isa idea é o que é un erro descomunal…
    Apriori un diría que para gañar unha eleccións hai que situarse onde está o electorado, é penso que o partido mais coincidente co electorado foi CG no 93, e logo cecais o PSOE no 2009 e no 2012…, e os resultados disas forzas nises anos foron malos…, logo?…
    Pois cal é a posición ideolóxica media do electorado é bastante pouco importante, e moi probable que nisa posición media de todo o electorado non haxa ningún elector…, (o da media de que si eu como un polo e ti ningún, a media é que comimos medio polo cada un, cando na realidade ninguén comiu medio polo)…
    O dado relevante sería saber cal é a moda do electorado, onde realmente está a maioría real, que probablemente coincida coa posición mais moderada, (mais centrista e galeguista do PP, precisamente pola zona na que no gráfico puseches as siglas PP)…

    • Nunca nos meus artigos lerás nada de proximidade á media do electorado. Si lerás e eventualmente entenderás que falo da necesidade tanto do nacionalismo como de PSOE ou IU de se aproximar a posicións de galeguismo ou nacionalismo moderado de esquerdas, onde sempre houbo e segue habendo electores. Cada vez que calquera deles o fixo mellorou electoralmente, e cada vez que camiñaron en sentido contrario empeoraron. TODAS E CADA UNHA DAS VECES. E van 5 eleccións desde 1993. 20 anos da Historia de Galicia estragados por varias xeracións de líderes políticos e estrategas galaicos que só souberon mirar polas cotas de poder e influencia partidaria en troques de analisar a realidade, medila, conrolala e intervila. Aínda que para ser xustos tampouco están exentos de culpa todos os seus seguidores, ben ou malintencionados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*