Non imos esperar por outro Prestige. Esta vez ímonos manifestar antes de que aconteza. Os tempos son chegados dun outro Xurelo, outro Baldaio, outro Xove, outras Encrobas.

Defende o que é teu, o que é noso. Deixa que os teus fillos coñezan o que ti viches e gozaches. Maniféstate o 2 de xuño en Santiago de Compostela contra a megaminaría contaminante.

Contra os seus executores e os seus cómplices. Pola nosa paisaxe e o noso medio natural. Por Corcoesto, por Xinzo da Limia e pola Fonsagrada, por Santa Comba e Ordes, por Cartelle e pola Terra Chá, polas Fragas do Eume e pola Serra do Galiñeiro.

Asina na web. E logo vén. 2 horas por todo un futuro. Atora as peaxes. Ateiga a cidade. Ímolos parar e desmostrarlles quen manda aquí.

A túa indignación é a nosa dignidade.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*