A vitoria do FCB Barcelona na Copa de El-Rei foi froito dun traballo colectivo máis que das xenialidades dun xogador ou outro. A elección do MVP presentábase complicada. Atinou a organización ao concederllo a Pete Mickeal?

Na miña opinión non. E polo que preguntei e escoitei por aí moita outra xente tampouco. Os números de Pete Mickeal son bos, pero hai outros xogadores do equipo gañador con iguais ou mellores estatísticas ca el. Mickeal encheu a súa ficha a base de moitos minutos sobre a pista, pero outros compañeiros, tanto titulares como suplentes, fixeron tanto ou máis ca el.

Empregando os dous indicadores desenvolvidos nas anotacións anteriores, a estatística +/- neta, como reflexo da eficacia colectiva do xogador, e o índice PER neto, como medida da eficiencia individual, atopamos que Brad Oleson ou Marcelinho Huertas contribuíron a maiores vantaxes no marcador que Mickael, ambos saíndo desde o banco. E descubrimos tamén que Ante Tomic, integrante como Mickael do cinco inicial nos tres partidos xogados polo FCB Barcelona, produciu moitos máis puntos por minuto xogado. Mesmo se seleccionamos unha media podnerada de calquera xeito dos dous indicadores analizados Mickeal situaríase por detrás dos outros tres xogadores blaugranas.

O gráfico seguinte recolle a valoración de todos os xogadores con máis de catro minutos por partidos sobre a pista (premer para ampliar):

O verdadeiro MVP da Copa

Etiquetas:
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*