O prognóstico prometido, estimado tan só con base nas enquisas publicadas até o luns pasado. PP 39-41 PSOE 18-21 BNG 8-11 AGE 6 Resto 0

A Coruña: PP 12-13 PSOE 6-7 BNG 3-4 AGE 2

Lugo: PP 8-9 PSOE 4 BNG 1-2 AGE 1

Ourense: PP 7-8 PSOE 3-4 BNG 1-2 AGE 1

Pontevedra: PP 11-12 PSOE 5-6 BNG 3 AGE 2

Lembro as consideración realizadas sobre as fontes de información utilizadas e as limitacións nos datos dispoñibles. O prognóstico tería sido plenamente válido se na última semana non se tiveran producido innovacións que os nosos datos non recollían. Nese sentido entendemos que foi nese treito final de campaña cando se produciu o sorpasso da AGE ao BNG, nutríndose fundamentalmente de votos do PSOE, de xeito análogo aos transvases de voto que sustentaron nos últimos anos o crecemento de IU en España, e que complementaron a aqueles que recibiu directamente do BNG. A caída adicional do PSOE colocouno contra a parte inferior do abano de escanos que prognosticabamos, incrementando as posibilidades do PP de, como forza maioritaria e en virtude da Lei d’Hondt, apañar os restos que deixaron libres tanto PSOE como BNG, o que o elevou até o límite superior da forquita sinalada.

Gonzalo Rivero analizou no seu blog como rendiu o noso modelo en relación a todas as enquisas preelectorais, e conclúe que, malia a usar só os resultados desas enquisas publicadas e non as súas matrices de datos, o noso prognóstico estivo máis perto do resultado final que a maioría delas. A nosa avaliación, por tanto, é máis que satisfactoria e permítenos dispór dunha metodoloxía de traballo imprescindible para calquera cociña que se preze, e un xeito de producir prognósticos electorais máis eficaz, eficiente, fiable e barato que a realización dunha enquisa.

ame

Etiquetas:
 

2 Responses to OPA 2012: Un prognóstico para o 21O

  1. Gonzalo Rivero di:

    “Máis eficaz, eficiente, fiable e barato” e tamén replicable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*