Nas sondaxes a pé de urna realízanse entrevistas ás portas daqueles colexios electorais que mellor representan os resultados electorais pasados.

Fagamos un exercicio e seleccionemos aquelas mesas que mellor reproducen o resultado non para Galicia senón para cada unha das catro circunscricións establecidas para estas eleccións autonómicas. Se atendemos aos dous últimos resultados das eleccións ao Parlamento de Galicia, 2005 e 2009, estas son as mesas individuais que máis se aproximaron do resultado das principais opcións de voto (abstención, PP, PSOE, BNG, IU (AGE), UPyD e TEGA) en cada provincia:

A Coruña

  • Concello: Cabanas
  • Distrito: 01
  • Sección: 002
  • Colexio electoral: Colexio de Ed. infantil e primaria Eladia Mariño
  • Enderezo: Barreiro s/n, San Martiño do Porto
  • Mesa: Única
  • Apelidos: A-Z
  • Resultado electoral en 2005 (en % do CER):
  • Abstención: 303 | 33,19%
  • PP: 259 | 28,37%
  • PSOE: 190 | 20,81%
  • BNG: 139 | 15,22%
  • IU: 4 | 0,44%
  • Resultado electoral en 2009 (en % do CER):
  • Abstención: 285 | 31,81%
  • PP: 267 | 29,80%
  • PSOE: 193 | 21,54%
  • BNG: 98 | 10,94%
  • IU: 5 | 0,56%
  • UPyD: 11 | 1,23%
  • TEGA: 18 | 2,01%
  • Resultado electoral en 2012 (en % do CER):
  • Abstención: 295 | 33,60% … Sobe como en Galicia
  • PP: 267 | 30,41% … Mantense en votos e sobe un pouco en porcentaxe, estable como en Galicia
  • PSOE: 93 | 10,59% … Baixa como en Galicia, pero máis da metade!
  • BNG: 76 | 8,66% … Baixa como en Galicia
  • AGE (IU-Anova): 88 | 10,02% Sobe e bastante máis que en Galicia
  • UPyD: 5 | Baixa, aínda que en Galicia baixa en votos e sobe en porcentaxe

Lugo

  • Concello: Rábade
  • Distrito: 01
  • Sección: 001
  • Colexio electoral: Casa Consistorial
  • Enderezo: Praza 28 de Maio s/n, San Vicenzo de Rábade
  • Mesa: B
  • Apelidos: L-Z
  • Resultado electoral en 2005 (en % do CER):
  • Abstención: 216 | 28,13%
  • PP: 276 | 35,94%
  • PSOE: 198 | 25,78%
  • BNG: 67 | 8,72%
  • IU: 0 | 0,00%
  • Resultado electoral en 2009 (en % do CER):
  • Abstención: 208 | 26,91%
  • PP: 277 | 35,83%
  • PSOE: 167 | 21,60%
  • BNG: 94 | 12,16%
  • IU: 1 | 0,13%
  • UPyD: 9 | 1,16%
  • TEGA: 4 | 0,52%

Ourense

  • Concello: Viana do Bolo
  • Distrito: 01
  • Sección: 001
  • Colexio electoral: Colexio de Ensinanza Infantil e Primaria
  • Enderezo: Rúa Nicolás Tenorio 15, Santa Maria de Viana do Bolo
  • Mesa: B
  • Apelidos: L-Z
  • Resultado electoral en 2005 (electores/as e % do CER):
  • Abstención: 158 | 27,15%
  • PP: 209 | 35,91%
  • PSOE: 133 | 22,85%
  • BNG: 70 | 12,03%
  • IU: 4 | 0,69%
  • Resultado electoral en 2009 (electores/as e % do CER):
  • Abstención: 150 | 29,07%
  • PP: 191 | 37,02%
  • PSOE: 105 | 20,35%
  • BNG: 60 | 11,63%
  • IU: 1 | 0,19%
  • UPyD: 5 | 0,97%
  • TEGA: 0 | 0,00%

Pontevedra

  • Concello: Vigo
  • Distrito: 09
  • Sección: 003
  • Colexio electoral: CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao
  • Enderezo: Rúa da Pedra Seixa 29, Xuncal – San Paio de Navia
  • Mesa: U
  • Apelidos: A-Z
  • Resultado electoral en 2005 (electores/as e % do CER):
  • Abstención: 259 | 33,59%
  • PP: 227 | 29,44%
  • PSOE: 174 | 22,57%
  • BNG: 94 | 12,19%
  • IU: 2 | 0,26%
  • Resultado electoral en 2009 (electores/as e % do CER):
  • Abstención: 232 | 29,07%
  • PP: 269 | 33,71%
  • PSOE: 163 | 20,43%
  • BNG: 90 | 11,28%
  • IU: 7 | 0,88%
  • UPyD: 16| 2,01%
  • TEGA: 0 | 0,00%

* A selección destas mesas é o resultado de calcular unha métrica de distancia euclidiana ao resultado provincial das opcións de voto referidas.

Naturalmente unha única mesa por circunscrición non é plenamente confiable, pois nunca reproducirá exactamente o resultado agregado de todas as forzas para Galicia, o seu comportamento en dúas eleccións pode ser simplemente froito dunha coincidencia e vir afectado por circunstancias sociais ou políticas de carácter local, posuír unha estrutura demográfica e socioeconómica moi diferente á da circunscrición, reproducir o nivel medio de voto nuns momentos dados pero non a magnitude das variacións producidas, etcétera. Por iso os deseños de mostraxe seleccionan normalmente un número maior de mesas (de colexios en realidade, para poder efectuar as entrevistas fóra do local electoral) pretendendo conservar a representatividade pero atendendo a todas estas posibles variables e circunstancias.

Estes datos por mesas serán máis útiles para os/as interventores/as e apoderados/as que teñan a posibilidade de estar presentes nos colexios no intre do reconto. Se sabedes de alguén, por favor, non deixedes de comunicarme o reconto para verificar como se comportaron en relación ao novo resultado electoral.

Etiquetas:
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*