OPA 2012: As enquisas máis cociñadas
- Compartir en Twitter (Opens in new window)
- Click to share on Facebook (Opens in new window)
- Compartir en Google+ (Opens in new window)
- Compartir en Linkedin (Opens in new window)
- Compartir en Tumblr (Opens in new window)
- Compartir en Pinterest (Opens in new window)
- Imprimir (Opens in new window)
- Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)
Uns resultados rápidos, brutos e provisionais de aperitivo mentres Gonzalo Rivero e mais eu traballamos nunha estimación electoral para o 21 de outubro.
O que amosan as gráficas seguintes é a corrección media que cada casa demoscópica realiza a partir dos datos da intención directa de voto que emiten as persoas entrevistadas nas súas mostras. Reflicten por tanto o cambio que as cociñas ou modelos de estimación de voto introducen nos datos orixinais obtidos a partir do proceso de mostraxe, independentemente do método de entrevista, de se a mostra é boa ou mala en relación ao seu deseño e execución, e de se produciu datos máis ou menos aliñados coa tendencia histórica de intención de voto posta de manifesto polo conxunto das enquisas.
Non se poden confundir estes datos, xa que logo, coas desviacións entre a estimación de voto que ofrece cada casa de enquisas para unha forza e o seu resultado electoral. Son cousas distintas. Nestas gráficas unha casa de enquisas pode ter un valor próximo a cero porque apenas cociña os datos da mostra, e ao mesmo tempo a súa estimación ficar lonxe, trala aplicación da corrección ao voto directo na enquisa, do resultado electoral. Do mesmo xeito, unha casa que obtén sistematicamente datos de mostraxe anómalos ou afastados do que é en cada momento a tendencia xeral precisará realizar correccións de maior magnitude na cociña. Por tanto, o único que medimos aquí e que reflectimos nestas gráficas é a intensidade e dirección dos axustes que a cociña de cada casa realiza sobre os datos.
A cociña, como a gastronómica, é a arte do equilibrio e da precisión. Por iso estes datos son os das casas de enquisas coa cociña máis grande, non coa mellor.
- Compartir en Twitter (Opens in new window)
- Click to share on Facebook (Opens in new window)
- Compartir en Google+ (Opens in new window)
- Compartir en Linkedin (Opens in new window)
- Compartir en Tumblr (Opens in new window)
- Compartir en Pinterest (Opens in new window)
- Imprimir (Opens in new window)
- Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)
Etiquetas:autonómicas • campo • cociña • demoscópico • elecciones • electoral • encuesta • enquisa • estimación • galicia • house effects • inquérito • intención • mostraxe • muestreo • sondaxe • sondeo • voto
Twiter
My TweetsEtiquetas
abstención acb age anova autonomía autonómicas bng cis compostela concello demografía economía eleccións electoral encuesta enquisa españa esquerda estatística estimación europa galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipal nacionalismo parlamento partido poll política pp psoe resultado santiago sondaxe sondeo voto xerais xuntaSubscricións
RSS