Os resultados das eleccións municipais demostran que a cultura dos pactos de goberno depara mellores resultados a todas as forzas políticas que gobernar en solitario, con maioría ou en minoría. Isto é especialmente certo para PSOE e BNG, que están chamadas a falar, entenderse e cooperar para non seren varridas do mapa polo PP.

Non foi o BNG quen freou ao PP, nin moito menos o PSOE. Se ben o castigo aos de Zapatero foi xeralizado non é certo que arrastrara ao BNG, pois o retroceso do conxunto de concellos con maiorías absolutas nacionalistas é o máis grande de todos.

Antes e ao contrario, foron os pactos de goberno entre as forzas progresistas, bipartitos a maioría ou con outros participantes engadidos, foi a cultura do entendemento entre forzas políticas distintas pero con electorados próximos, foi a esquerda galega actuando como un encontro de progreso ou unha fronte popular, foron todos eles os que, sen lograr frear ao PP, conseguiron conter a caída da esquerda. E son eles os que sinalan o camiño para a súa futura recuperación, inmediata a pouco que PSOE e BNG fagan os deberes e antepoñan o ben común ao seu propio beneficio.

Descargar en PDF (v2.0) grazas a Artritris!

Descargar en PDF (v1.0)

Etiquetas:
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*