OPM 2011: Enquisas en Ourense

O PSOE vería aumentar a súa representación, segundo as últimas sondaxes de cada instituto, entre 1 e 3 escanos, para acadar de 9 a 11 representantes, en vez dos 8 que ten agora. Esa sería a cifra de edís que perdería o BNG, que podería obter entre 3 e 4, entanto o PP manteríase na cifra de 13, con tendencia á baixa e posibilidades de quedar en 12.
En Ourense temos que descartar unha enquisa filtrada polo PSOE que era a única que o poñía por diante do PP. Tamén desconfío das de Sondaxe, que nas municipais e nesta cidade sempre mediron mal o voto flutuante entre PSOE e BNG, tendendo en 2007 a outorgarllo aos nacionalistas cando ao final se inclinou do lado dos socialistas. Por iso non acredito nos 6 edís que lle outorgaba ao BNG a deste ano.
O candidato do PP non acaba de callar e está mal visto por parte dos seus propios votantes. O candidato natural tivo que deixar paso a outro no medio das liortas entre Feijóo e Baltar. Cando o seu nomeamento un dos bandos filtrou unha enquisa na que Novoa o derrotaba cunha claridade meridiana. O alcalde Rodríguez ten unha valoración de 5,5 sobre 10, por un 4 do candidato popular. A candidata do BNG aínda que relativamente ben valorada apenas supera o 50% de coñecemento, e ten complicado superar o escándalo da contratación irregular da publicidade urbana que provocou os cambios no grupo municipal e no liderado do Bloque na cidade.
Só na medida en que na cidade Ourense as eleccións municipais se convertan nun plebiscito ao goberno de ZP podería o PP ter algunha oportunidade de acadar a maioría absoluta.
Avaliación á vista dos resultados (25/5/2011)
As enquisas acertaron no fundamental: adiantar a conservación da maioría de progreso, mais non atinaron na intensidade da baixada do BNG. Constátase como xa apuntara máis arriba, os enormes erros cometidos polas enquisas de Sondaxe e Ikerfel á hora de outorgar o voto flutuante entre nacionalistas e socialistas, sendo estrepitoso o resultado da última enquisa publicada por La Voz de Galicia. Porén, as de Ipsos, Infortécnica e EPS si amosaron a caída do PP e a suba do PSOE.
Tampouco foron quen de adiantar a a entrada de DO na corporación municipal. Só unha enquisa neste mandato outorgáballe a posibilidade de obter 1 edil, cando finalmente tivo 2. No mandato anterior até 3 enquisas déranlle chances de irromper no consistorio, mais daquela non acadou ningún representante. Sempre é difícil para as sondaxes medir o nivel de voto destas candidaturas independentes minoritarias, aínda que iso non debe servir de desculpa para non tentar corrixir posíbeis defectos.
Compartir
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE




