Observatorio Político Municipal 2011
Con ocasión das eleccións municipais do 22 de maio de 2011 enceto a publicación dunha serie de artigos de análise do rendemento das forzas políticas nos gobernos municipais dos 315 concellos galegos.
O obxectivo deste traballo de análise e divulgación é obter unha medida comparativa do labor de goberno dos partidos políticos nas institucións municipais, co ánimo de fornecer unha información valiosa ao conxunto da cidadanía que procura para o seu voto unha utilidade política práctica. Se ben nos concellos o factor humano, colectivo ou personalista, é moitas veces o protagonista dos comicios non esgota nin explica ao 100% o sentido do voto popular.
Para levar a cabo esta tarefa botarei man das fonte estatísticas públicas galegas de ámbito municipal e cruzarei os datos que ofrecen coa composición política dos concellos: cor da alcaldía, presenza e composición dos pactos de goberno, maiorías absolutas ou relativas, incidencia de tránsfugas e mocións de censura, etc. Por razóns operativas acoutarei a análise aos 12 últimos anos, tres mandatos municipais de catro anos cada un desde as eleccións de 1999, o cal déixanos perante un estudo de aproximadamente 315*3*4=3.780 casos potenciais que debera ser o suficientemente representativo como para avanzar algunhas conclusións proveitosas.
Así concibida a investigación producirá outros resultados interesantes, como pode ser determinar que concellos se desempeñan mellor nun determinado plano socioeconómico -demografía, actividade económica, fiscalidade…-, comprobar en que medida a práctica política municipal dos partidos responde ou contradi os seus programas e idearios políticos, ou verificar se existen diferenzas significativas entre votar a unha ou outra forza.
Aínda que xa teño en mente algunhas dsa análises que pretendo realizar de aquí á cita electoral, gustaríame contar coas vosas ideas, críticas e suxestións. Propóñovos que coloquedes aquí comentarios en forma de preguntas que teñan unha resolución numérica con base nas fontes de datos existentes. Cuestións do estilo son ‘Que forza política facilitou máis a burbulla da construción?’ ou ‘A que membro dos gobernos bipartitos beneficiou máis os pactos de goberno municipais?’ son por tanto benvidas.
Compartir
- http://osak.blogaliza.org Sak
- Gabriel Vázquez
- xose ramon
- Carlos
- xose ramon
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE





