1 millón de cidadáns
O INE vén de publicar as primeiras estimativas do Padrón de Habitantes a 1 de xaneiro de 2010, que contabilizan 2.796.811 galegas e galegos de residencia, o cal supón apenas 722 habitantes máis que un ano antes e un crecemento do 0,0%, ou sexa, inferior outra volta ao que medrou a poboación española no mesmo período, un 0,4%.
Mais o dato aínda non publicado, dado que o INE non presentará resultados por concellos para o 2010 até o ano vindeiro, é o que se pode adiantar xa, sen deixar moita marxe para o erro: Hai en Galiza 1.000.000 de cidadáns. Isto é, enténdase, un millón de galegas e galegos que residen nas sete cidades, nos concellos con máis de 50.000 habitantes. É ben sabido que a moitos veciños deste país aínda lles custa autodenominarse cidadáns.
| 1-10.000 hab. | 10.001-20.000 hab. | 20.001-50.000 hab. | Máis de 50.000 hab. | |
|---|---|---|---|---|
| Fonte: INE, Padrón Municipal de Habitantes e Avance de Explotación | ||||
| 1996 | 946.640 | 539.924 | 282.258 | 973.800 |
| 2009 | 877.163 | 496.711 | 423.466 | 998.749 |
Son 1.251 habitantes os que lles faltaban ás nosas cidades o 1 de xaneiro de 2009 para acadar esa cifra redonda. Alén do dato máis ou menos curioso ou mediático o certo é que este acontecemento é bastante importante en moitos planos. No demográfico, no económico, no urbanístico… no político. A marca lógrase no mesmo ano en que o primeiro partido galego en número de votos consolida un equilibrio interno de poder no que o liderado corresponde ao mundo urbano.
Xa hai varios anos que a poboación da Galiza máis dinámica economicamente supera á poboación da Galiza menos dinámica ou regresiva. E xa en 2008 a poboación dos concellos de máis de 20.000 habitantes tiña superado á dos concellos cunha poboación inferior a esa cantidade.
Non é doado nin directo estimar con base na poboación total municipal cal é a verdadeira proporción da poboación galega que reside nun hábitat urbano, pois moitos concellos medianos posúen aínda importantes porcentaxes de poboación rural. Mesmo nalgún dos grandes concellos unha significativa parte da súa poboación reside no medio rural. Mais o que parece claro é que a poboación urbana galega xa superou tamén hai tempo o 50%. Como no conxunto do mundo.
O que está claro é que esta Galiza non é a do Atraso Económico de ídem nin tampouco a do cambio de século. Todo será cousa de que todo o mundo vaia tomando nota. Comezando polos da casa.
2 respostas a 1 millón de cidadáns
Deixa unha resposta Cancelar a resposta
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Twitter
- RT @bufetalmeida: Lo más cercano a cero #esserespañol y por eso todo español quiere ser uno, y único.
- RT @GALANTIQUA: +Galiza se inclina por abandonar el BNG http://t.co/x9NBz5nU vía @elcorreogallego
- RT @xesgarcia: IU parece a gañadora do congreso do psoe e da asamblea do BNG
- RT @millanfernandez: @fbatallan moito, amigo, moito. estou dacordo. nos, o bng e a esquerda en xeral. facendo todo o contrario doq tiña ...
- RT @flipaita: 100% acordo @EstevoSG: Pois qué queredes que vos diga, pensei que era só o BNG, pero non. PArece que ninguén ten interese ...
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito localización lugo música mapa multimedia municipais municipal nacionalismo ourense partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta





O equipo do blog Feijoomente deixouche un agasallo neste enderezo: http://feijoomente.blogaliza.org/?p=1713
Saúdos e parabéns polo grande traballo no blog.
[...] 1 millón de cidadáns. Esa é a cifra de habitantes que xa superaron o conxunto das sete cidades [...]