PP 43, PSOE 21, BNG 11
Se para a última década de enquisas electorais referidas aos comicios autonómicos galegos se realiza un cálculo dos efectos domésticos (house effects) de cada un dos autores de enquisas, e se ao mesmo tempo se calcula o nesgo que cometen o conxunto das enquisas como instrumento de medición da conxuntura política, pódense corrixir os datos de cada sondaxe publicada para obter unha estimación neutral (ou cando menos máis neutral) da proxección de escanos en cada momento.
A última enquisa publicada é a que apareceu en La Voz de Galicia en febreiro deste ano, realizada por Sondaxe. Trátase da segunda enquisa pública da lexislatura Feijóo e da primeira que realiza unha estimación de voto e de escanos. A enquisa debuxaba este escenario: PPdeG 40, PSdeG-PSOE 23, BNG 12. O resultado corrixido de efectos domésticos e nesgos das enquisas é en cambio: 43 escanos para o PPdeG, 21 para o PSdeG-PSOE, e 11 para o BNG. Tres escanos máis para os populares, dous menos para os socialistas e un menos para os nacionalistas.
A continuación pódense consultar as gráficas que resumen este exercicio numérico de seguimento e control das ferramentas demoscópicas.



Compartir
Traducir Traduzir Translate
Servizo fornecido por OpenTradTwitter
Facebook
Google+
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención acb age anova autonomía autonómicas baloncesto bipartito bng cis cociña concello economía eleccións electoral encuesta enquisa esquerda estatística estimación galego galicia galiza house effects inquérito iu localización mapa modelo municipais municipal nacionalismo parlamento participación partido política psoe resultado sondaxe sondeo tradución votoIndicadores IGE





Pingback: chuza.org
Pingback: Por un BNG de futuro e con futuro » Arquivos » Olladas na web