cultura

economía

estatística

política

tecnoloxía

Inicio » cultura

Actitudes galegófobas

Enviado por Carlos o 19/Janeiro/201010 Comentarios
Actitudes galegófobas

As gráficas que presento a seguir foron extraídas dunha enquisa sociolingüística realizada dentro dun colectivo humano moi concreto pertencente a unha cidade galega. Non debo, por razóns obvias desvelar máis detalles sobre este traballo, mais o que me interesa é verificar como unha ferramenta científica de natureza estatística serve para describir de forma gráfica o que está a contecer co conflito lingüístico en Galiza.

Nas imaxes pódese apreciar unha nube de puntos na que cada punto corresponde a un individuo da poboación estudada. Sobre a nube sitúanse as respostas a varias das preguntas que se lles fixo ás persoas entrevistadas a través dun cuestionario, de forma que a unha maior proximidade espacial entre individuos (puntos) e respostas (etiquetas) corresponde unha maior asociación entre eles, e a maior distancia unha maior oposición.

Nesta representación obsérvase como a maioría dos individuos conforman unha nube alongada anque compacta, entanto unha minoría sitúanse fóra da nube a maior distancia, contribuíndo a tensionala e a, en certa medida, visualizar extremos opostos onde antes había unha certa concentración (consenso). Ao longo do arco de cor branca superposto, desde o seu estremo dereito e movéndonos cara ao esquerdo, imos atopando as persoas que habitualmente só falan galego até as que non o falan nuca, pasando polos grupos intermedios onde se usa o galego con maior ou menor frecuencia. Os individuos que se sitúan fóra da nube, outliers en terminoloxía estatística, son precisamente os máis próximos ao colectivo dos que nunca falan galego.

Este colectivo de monolingües en castelán caracterízase entroutras cousas por estar en desacordo coas seguintes afirmacións ou ideas:

- O deber dos pobos de transmitir a súa cultura e lingua ás xeracións futuras.
- O galego mellora as posibilidades de comunicación e acceso ás culturas lusófonas.
- O impulso á presenza e ao uso do galego en ambientes informais de comunicación.
- A necesidade de medidas de discriminación positiva a favor do galego fronte ao castelán.

Estoutra gráfica segue a mesma lóxica da anterior, só que neste caso o que se visualiza é a asociación ou non asociación de determinados adxectivos coa lingua galega, na opinión do mesmo colectivo. Outra vez os individuos anormais en sentido estatístico son os que non usan nunca o galego, e para eles os cualificativos que mellor describen ao idioma propio de Galiza é que se trata dunha lingua ‘secundaria’, ‘inventada’ e ‘imposta’.

10 Comentarios »

  • chuza.org dixo:

    O rostro da galegofobia…

    Soberbio análise estatístico de Calidonia, a respecto do uso e da percepción social do galego. As conclusións son ben esclarecedoras: Existe unha maioría social máis ou menos ‘compacta’, pero cunha minoría máis alonxada de parámetros ‘normais’. Est…

  • caralladas dixo:

    Magnifica análise, veño de chuzala.

    Podes explicar os eixos das gráficas, qué miden en cada caso?

  • Colazo dixo:

    Non se podería ver con máis detalle?

  • Carlos (author) dixo:

    En cada unha das gráficas os eixes de coordenadas non son variábeis observábeis, senón unha combinación lineal de varias variábeis. Cada eixo é un factor complexo que subxace ao conxunto da información analizada, correspondendo o eixo horizontal ao factor que explica unha maior parte da información total, e o vertical ao segundo.

    Na primeira das imaxes ambos eixos están definidos conforme ás respostas dadas ás 8 preguntas realizadas e máis á variábel frecuencia de uso do galego. Na segunda das imaxes tívose en conta esta última variábel conxuntamente coas respostas de tipo binario asociadas a unha lista inicial de 14 adxectivos, dos que ao final só se representaron os máis significativos.

    Noutras análises semellantes introdúcense variábeis de clasificación sociodemográfica que permiten observar ademais as diferenzas por xénero, idade, estudos ou hábitat en relación coas variábeis representadas. Nestes casos optouse por non incluír estas variábeis porque non resultaban excesivamente significativas ao se tratar dunha mostra plenamente urbana moi determinada.

  • Carlos (author) dixo:

    Instalei un complemento que permite facer zoom sobre as imaxes ao premer nelas. Espero que iso permita ver mellor as gráficas.

  • suevo dixo:

    Seguro que o seu traballo será bo, coma sempre. Mais eu continúo sen ver zocho!

  • qualquer dixo:

    Non sei, non sei… estas aproximacións cuantitativas poden conter sesgos importantes, especialmente no que se refire á identificación (e á escolla, coas conseguintes desviacións) das variábeis analisadas. Unha imaxe vale mais que mil palabras, mais sen unha análise previa e unha xustificación rigorosa do universo escollido e das variabeis selecionadas para o estudo, moito me temo que a súa validez é mais mediática que academica… por moito que intuitivamente poidamos estar dacordo co que se amosa, que é o meu caso.

    Ana.

  • Carlos (author) dixo:

    Totalmente pertinentes os comentarios. A mostra foi autoseleccionada e polo tanto pode conter nesgos, mais o salientábel non é tanto a maior ou menor importancia numérica do grupo de ‘outsiders’, que inequivocamente e por moito nesgo que exista son claramente menos, senón precisamente a súa existencia como elementos estranos ou alleos aos ‘lugares comúns’ do discurso acerca da lingua, ese espazo onde o consenso pode ser construído. En todo caso o universo a partir do cal se conformou a mostra está composto por individuos que se sitúan por riba da media en termos de xuventude, formación e ingresos. Canto ás variábeis son as habituais nunha enquisa sociolingüística e neste caso foron visadas e aprobadas por máximos especialistas na materia. Un saúdo.

  • Gonzalo dixo:

    Acabo de atoparche esta entrada (levo un tempo moi desconectado). Parece un traballo moi interesante, pero me faltan datos para interpretar correctamente os resultados. Podes dar algún dato máis sobre as análises? Por exemplo, non teño moi claro que representan as figuras. Entendo que o deseño é confidencial, pero podo vivir sen eso.

  • Actualizacións estatísticas « Calidonia dixo:

    [...] Actitudes galegófobas: Unha aplicación de técnicas estatísticas multivariantes aos datos dun estudo sociolinguístico [...]

Deixe a súa resposta!

Achegue embaixo o seu comentario, ou trackback from your own site. You can also subscribe to these comments via RSS.

Sexa agradábel. Fágaoo ben, breve e bonito. Non desvíe o tema. Non faga propaganda.

Pode usas as etiquetas seguintes:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Esta bitácora emprega Gravatares. Se quer ter o seu g(lobalmente) r(coñecido) avatar, por favor rexístrese en Gravatar.

</div>