Comentários em: Descentralización e desenvolvemento

Por: Carlos
O sistema de pesos parece ser decidido por un grupo de expertos entre varias posibilidades e/ou tras varias voltas. Imaxino que a propia conformación dos grupos en base a uns indicadores cuantitativos ou outros, nun número ou noutro, responde máis que nada á existencia e dispoñibilidade de datos estatísticos. O cuestionario empregado para a información cualitativa está como anexo nun dos volumes.

Os efectos son pequenos pero significativos estatisticamente coa aparataxe empregada. mesmo no caso da variación do PIB no período 2001-2006, que é a análise probablemente máis feble. A min tamén me quedou a sensación de que o tipo de influencia que puidera existir debe ser analizada dentro de períodos de tempo máis amplos.

Non é que eu sexa un fan das función de produción, nin que non considere as limitacións na análise que o propio estudo menciona varias veces ao longo da publicación, pero como dis é un comezo para un debate.

O do índice de Shanghai si que é chocante, sen dúbida, e eu estendería a crítica tamén ao número de patentes. Hai un tempo participei nun traballo do CESGA que medía a ‘performance’ investigadora dos usuarios dos supercomputadores, e por desgraza a única forma dispoñíbel de medir iso era contar o número de artigos, ‘reviews’, participacións en congresos, etc… Ou sexa, ao peso, como as toallas de Valença. Dubido por experiencia da validez deses indicadores.

Canto á existencia de organismos de coordinación dos investimentos públicos parece que pola Península estamos en fases incipientes. Lerías a recente proposta do ministro Blanco para crear unha Comisión de Coordinación para os aeroportos galegos. Cheira a distración política, aínda que non sei se detrás está o desexo do Ministerio de desfacerse a medio prazo do déficit dos aerportos pequenos e medianos. No estudo imaxino que a homoxeneización da información deixa fóra aspectos específicos e puntuais dos países máis avanzados en materia federal.

Por último, grazas por manterse fiel na distancia.

Un saúdo.

Por: Gonzalo
Un estudio realmente curioso e cun tratamento clásico. Se cadra a maior novidade é o índice de descentralización (aínda que non acabo de entender o sistema de pesos que empregaron para construilo). A literatura de federalismo non é o meu forte, conste. Non obstante, as conclusións son moi febles: os efectos do índice de descentralización, aínda que significativos, son moi pequenos. Ademáis, a estratexia de identificación se cadra non é a máis adecuada (ninguén aceptaría hoxe en día una regresión de sección cruzada en estudios de desenvolvemento, simplemente porque pode estar capturando disparidades non medidas ten gravísimos problemas de “endoxeneidade”) e algúns dos controles que empregan son “raros” (o índice de Shanghai é case unha broma). Por outra parte, o estudio non ten en conta a existencia de organimos de coordinación para os investimentos/bens públicos públicos con spillover effects que poden diferenciar Alemaña de España (mesmo en cuestións de descentralización financeira).

De todas formas, si debería ser un punto para iniciar unha reflexión seria sobre a estructura territorial dende una perspectiva económica e de eficiencia (re)distributiva (igual me teñen un pouco queimado últimamente tódolos debates sobre a lingua).