Hans Rosling
Hans Rosling é un profesor sueco que revolucionou hai agora tres anos o xeito en que se visualiza a información estatística vinculada aos fenómenos de desenvolvemento económico.
Aínda que como profesor doutor en saúde internacional realizou varios descubrimentos e traballos dignos de mención (traballou varios anos en Mozambique xunto a comunidades rurais atacadas por enfermidades relacionadas coa desnutrición), non foi até 2006 que a súa sona sobrepasou o ámbito científico internacional. Iso foi debido á compra por parte da Google dunha Fundación que Rosling artellou xunto á súa muller e máis a súa sobriña.
De nome Gapmider (que se podería traducir como ‘lembrete da brecha’) o seu obxectivo é comunicar ao mundo da mellor forma posíbel a realidade do subdesenvolvemento. E Hans Rosling logrouno mediante o deseño dun software chamado Trendalyzer, un programa de visualización de información que atraeu a atención da Google tras unha presentación pública na TED, unha feira do coñecemento baixo a forma de ciclos de conferencias (en realidade unha universidade popular con base tecnolóxica) que ten sede en California.
Dito software caracterízase pola súa simplicidade e vistosidade, xa que mediante animacións e a interactividade co usuario permite afondar nos datos tanto no plano temporal canto no territorial. Aplicado ás fontes estatísticas internacionais sobre o desenvolvemento económico e humano permite apoiar reflexións e discursos moi interesantes sobre a situación e o devir do mundo actual, ás que Rosling acrecenta a súa peculiar e orixinal forma de comunicar.
Mellor que as palabras que eu poida escribir son as imaxes, ver a súa posta en escea. Estes son os vídeos que fan deste home un dos gurús da visualización da información, esa disciplina lindante entre a estatística, o deseño e o sentido común que tanto se bota en falta nesta profesión. Se podedes dedicarlles unha horiña do voso tempo, os tres son altamente recomendábeis e non te deixarán indiferente (posúen lendas en varios idiomas).

Fotografía de Wikimedia
Pódense seguir máis informacións relacionadas con este home e os seus proxectos no blog da Gapminder ou no seu twitter persoal. YouTube rexistra tamén varios vídeos con estas e outras conferencias.
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta




