Velaquí está, con algo de atraso, o prometido. Unha análise estatística, numérica e fría, pretendidamente descritiva e obxectiva, espida de xuízos políticos ou persoais -pois xa os realizo noutras anotacións- dos resultados electorais.

Tras enviarlla a uns 20 coñecidos descubrín que axiña comezo a circular a través de correo electrónico, até o punto de que cando menos un colectivo do BNG, o Encontro Irmandiño, pediume permiso para publicala na súa web.

Como lles dixen a eles a presentación é libre, pódese descargar desde aquí, e toda distribución, contribución e crítica é benvida.

[kml_flashembed movie="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=anliseresultados-090312153547-phpapp02&stripped_title=analise-dos-resultados-das-eleccins-ao-parlamento-de-galiza-2009" width="490" height="350" wmode="transparent" /]

 
  • calidonia

    Grazas aos vosos comentarios corrixín un par de erros menores nos textos que acompañan ás gráficas.

    Tamén aproveitei para actualizar a presentación con dúas diapositivas máis: unha referida á relación entre a variación do resultado do BNG e o uso do galego (onde se aprecia unha forte relación causal ou casual, directa ou indirecta), e unha última sobre a licenza do documento (creative commons Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza 3.0).

  • Pingback: chuza.org

  • http://chimpin.blogspot.com Chimpín

    Senhor Calidonia, a ligaçom de descarga nom tira (Slideshow Has Been Removed. This slideshow is no longer available)

  • calidonia

    Arranxada a ligazón de descarga (download na páxina do destino). Obrigado chimpín.

  • Juan

    No semanario dixital http://www.temposdixital.com fíxose eco do estupendo traballo.

  • Pingback: A darlle voltas at toxo verde

  • Pingback: Por un BNG de futuro e con futuro » Arquivos » A teimuda realidade electoral: datos (I)