Aforrármonos o CERA
Prognóstico
Realidade
A esixencia dunha acreditación adicional reduciu o número de sobres validados durante o reconto do voto da emigración. Porén, todo parece indicar que a medida afectou a todas as forzas por igual, sen alterar significativamente a porcentaxe relativa de votos obtida por cada unha delas. O modelo econométrico que fixen hai dous meses para predicir o resultado da votación no CERA axustouse bastante ben á realidade.
Onde o modelo prediciu un reparto PSOE-PSOE-BNG de 50,5%-39,5%-3,5% o escrutinio deparou un resultado 53,6%-37,5%-3,8%. 2 puntos menos para o PP e 3 máis para o PSOE. Confírmase que malia a estar o PSOE á fronte dos gobernos estatal e autonómico existe un factor adicional que provoca que en igualdade de circunstancias e no CERA o resultado no ciclo-tendencia do PP das autonómicas é mellor que o das xerais. Entre xerais e autonómicas consecutivas a dereita sempre acada un plus adicional de voto, con e sen Fraga polo que se ve. Non é estraño, acontece o mesmo que no interior.
Repetimos: En verdade o voto da emigración é o soño de todo político -da maioría deles cando menos. Un electorado en crecemento constante -ad infinitum-, fiel, carente de control, desinformado e cun comportamento totalmente predicíbel.
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta






