Proxección de escanos
Trasladar as proxección de voto estimado a escanos é unha operación tan simple como aplicar a Lei d’Hondt e repartir.
Mais aínda hoxe hai casos en que os principais institutos demoscópicos non realizan correctamente esta operación. Sen ir máis lonxe Sondaxe e La Voz de Galicia realizaron mal a atribución de escanos nesta provincia durante dous días en plena campaña electoral, outorgándolle un terceiro escano ao BNG que por voto estimado correspondía ao PP (7-5-3 no canto de 8-5-2). Ao cabo corrixiron o erro pero non o comentaron nin o esclareceron, dando pé no entanto a comentarios xornalísticos sen fundamento (demoscópico, cando menos).
Tamén hai non poucos casos en que as enquisas só publican a asignación de escanos e non o voto estimado sobre o que se calculan, e tampouco é infrecuente que a proxección de escanos se faga para toda Galiza sen detallar o dato de cada circunscrición. Logo está o tema dos abanos ou diademas de escanos, que permiten as máis das veces agochar un tamaño de mostra insuficiente para facer proxeccións cun mínimo de rigor. Son todas deficiencias ás que os profesionais do sector non parecen darlle demasiada importancia, pois case sempre acábase interferindo o criterio editorial, económico e temporal do xornal ou medio que financia a enquisa sobre o ético e o profesional.
Malia a todo iso e con base en todo iso a proxección de escanos realizada polos sucesivos inquéritos permiten visibilizar, como no caso do voto directo e do estimado, o ciclo de crise que experimentou o PP en toda Galiza e o seu aproveitamento temporal polas forzas do bipartito con magnitudes diferentes en cada círculo electoral.
As proxeccións medias revelan un escenario bastante pechado pero incerto pola proximidade á fronteira dos 38 escanos que outorgan a maioría no Parlamento. En realidade e se o nivel medio de voto estimado polos inquéritos non anda descamiñado, son poucos os escanos en xogo, moi localizados, e son moi claros os contendentes.
Na Coruña non está vendido todo o peixe, pero case, sendo quizá a provincia coa proxección máis estábel. As diferenzas nos restos son grandes abondo para que cando menos no CER se produzan variacións. Iso si, o PP está algo por cima do undécimo escano e o BNG un bocadiño por baixo do quinto, o que pode manter o suspense (máis que nada mediático) até o reconto da emigración. O PSOE manterá o seu resultado de oito escanos salvo catástrofe das enquisas.
En Lugo batemos co resultado máis incerto, xa que se pode rexistrar en relación con 2005 a perda dun escano do PP que iría parar ao BNG, deixando o reparto nun 7-5-3 que suporía a primeira maioría progresista en escanos nesta provincia de toda a historia das eleccións ao Parlamento de Galiza. A proxección media das enquisas sitúan hoxe por hoxe este escano en disputa máis próximo do BNG que do PP, pero moi discutido en todo caso, tanto que parece claro que a emigración decidirá o destino final deste escano. Se ben Lugo é a provincia co CERA máis pequeno, e que nunca antes neste círculo o voto da diáspora induciu cambios no resultado interior (os coeficientes da Lei d’Hondt están máis separados ao se repartiren menos escanos) hai que ter en conta que o PP pode adiantar ao BNG no CERA en case 5.000 votos, 333 papeletas no resto número 15. O PSOE repetiría o resultado de hai tres anos e medio.
En Ourense a situación é semellante á de Lugo, cun escano menos a repartir, o que reduce a incerteza a saber se a diferenza de +2 escanos que o PP ten actualmente sobre o bipartito (8-4-2) se queda en empate (7-5-2). A proxección media das enquisas indica que o último escano, o 14, estaría disputado entre PSOE e PP, sendo en principio máis probábel que caia do lado do PSOE. Aquí o CERA só virá a confirmar esta ganancia dos socialistas, pois se prevé que en todas as circunscricións o PSOE adiante ao PP no voto emigrante.
En Pontevedra a proxección media apunta a unha situación inestábel na que as tres forzas poderían ou ben repetir resultado ou ver mudar a súa representación. O PP sobe e podería tirarlle un deputado ao PSOE caso que o resultado final agrandase as diferenzas que ambos manteñen nas enquisas. O BNG tamén tería trazas de mellorar pero o resultado esperado no CERA (uns 3.000 votos de vantaxe do PSOE sobre o PP, e máis de 10.000 sobre o BNG) limitaría a loita polo último escano a PP e PSOE. E dado que falamos do resto 22 a diferenza compensábel aquí é de só unhas 150 papeletas, con que o resultado interior sería, salvo carambola, o que prevalecería finalmente.
4 respostas a Proxección de escanos
Deixa unha resposta Cancelar a resposta
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Twitter
- RT @bufetalmeida: Lo más cercano a cero #esserespañol y por eso todo español quiere ser uno, y único.
- RT @GALANTIQUA: +Galiza se inclina por abandonar el BNG http://t.co/x9NBz5nU vía @elcorreogallego
- RT @xesgarcia: IU parece a gañadora do congreso do psoe e da asamblea do BNG
- RT @millanfernandez: @fbatallan moito, amigo, moito. estou dacordo. nos, o bng e a esquerda en xeral. facendo todo o contrario doq tiña ...
- RT @flipaita: 100% acordo @EstevoSG: Pois qué queredes que vos diga, pensei que era só o BNG, pero non. PArece que ninguén ten interese ...
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito localización lugo música mapa multimedia municipais municipal nacionalismo ourense partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta










Carlos, eres espectacular coas túas analises. Parabéns!!!
Ou sexa, vostede apostaría a un 36-25-14? Ou iso é o que lle din os papeis pero vostede apostaría outra cousa?
aquí só hai dúas posibilidades:
a) maioría absoluta do PP
b) maioría absoluta do bipartito
díganos, por favor
que probabilidade lle dá vostede a a) e a b)
móllese, veña :)
(todos sabemos que as marxes de erro e outros factores poden inclinar a balanza dun lado e do outro)
Telegraficamente:
Maioría absoluta do PP, posíbel mais pouco probábel. 38 aguantando o tipo en LU e OU e recuperando na emigración 1 na Coruña. 5% de probabilidades, por dicir algo. 39 véxoo imposíbel.
As proxeccións numéricas considerando todas as enquisas por igual independentemente da súa autoría, metodoloxía e mostra, dan 35-26-14, mais eu aposto por 36-25-14, sen descartar o 37 para o PP.