Non só enquisas (3): Forzas galegas ou españolas?
Outra dimensión analítica empregada con frecuencia en estudos e enquisas é a que confronta ámbitos territoriais, sentimentos de identidade ou pertenza a nacións políticas.
Os resultados electorais históricos permítennos observar o comportamento do pobo galego en relación con esta dimensión. Para ilo agregamos os votos ás candidaturas segundo pertenzan a forzas políticas galegas ou españolas (léase se se quer, de ámbito español).
A efectos desta suma consideramos Izquierda Unida e as súas coalicións electorais como unha forza española -malia ao seu carácter federal-, con excepción das autonómicas de 1993, en que os votos da coalición EU-UG se asignaron como pertencentes a unha forza galega.
A observación da gráfica e dos datos permítenos destacar:
- Existiu e existe unha enorme distancia entre o voto a forzas españolas e o voto a forzas galegas. A diferenza mínima, medida en porcentaxe do voto a candidaturas, atinxiu 46 puntos, o que significa que as primeiras reunían o 73% do voto e as segundas o 27%.
- Malia estas diferenzas, no conxunto do período democrático constatamos unha tendencia á redución da distancia que separa ás forzas españolas e ás galegas, isto é, un crecemento do voto a forzas galegas en detrimento das españolas.
- Porén, son apreciábeis ciclos electorais que dan lugar en períodos determinados a un crecemento da porcentaxe de voto que reúnen as forzas españolas. Pódese afirmar que os últimos 12 anos configuran un período deste tipo.
- Existen enormes diferenzas nos niveis de voto a unhas e outras forzas segundo a natureza do comicio sexa estatal -xerais- ou nacional -autonómico-. A distancia entre ambos tipos de eleccións configuran o que varios autores deron en chamar voto dual, que sería o resultado dun comportamento diferencial dos electores en eleccións de distinto tipo.
- De forma xeral o voto dual é o que exercen as persoas que nas eleccións autonómicas votan a unha forza galega e que nas xerais votan a unha forza estatal. Porén, como estamos falando de resultados agregados, e como poden existir tamén persoas que se comporten á inversa, a dimensión do voto dual é sempre un mínimo, xa que existen comportamentos de signo oposto que se compensan parcialmente.
- A diferenza entre o voto a forzas españolas e galegas entre eleccións de distinto tipo dános unha idea do volume do voto dual. Así por exemplo, se a distancia entre as xerais de 1982 e as autonómicas de 1985 é de case 40 puntos (véxase a gráfica) podemos concluír que cando menos un 20% do voto emitido se comporta dualmente. A mesma comparación permite afirmar que desde 1989 aproximadamente e por termo medio un 10% do voto emitido é dual.
- Se atendemos aos comportamentos provinciais -as circunscricións vixentes- as provincias occidentais xuntan case sempre máis voto a forzas galegas que as orientais. A única excepción a este feito rexistrouse entre 1985 e 1989, desde a aparición de Coalición Galega até a chegada de Fraga a Galiza.
- Observamos tamén que a magnitude do voto ás forzas políticas así clasificadas tende a converxer nos catro círculos no ámbito das eleccións xerais, pero diverxen moito máis nas autonómicas. Isto débese a dúa razóns: a que existe concentración bipartidista do voto nas forzas estatais nas eleccións xerais, e a que historicamente e salvo a excepción anterior, con ocasión dunhas eleccións ao Parlamento de Galiza e en comparanza coas xerais, nas provincias occidentais o voto a forzas galegas -designadamente ao nacionalismo galego e especialmente ao BNG- aumenta máis que nas orientais.
- As forzas galegas obtiveron o seu máximo apoio electoral nunhas eleccións xerais ou autonómicas en 1997, coincidindo co máximo electoral histórico do BNG, que foi froito como é sabido dun elevado voto de castigo ao PSOE. Porén, sendo isto certo para o conxunto de Galiza, o máximo histórico das forzas galegas nas provincias de Lugo e Ourense rexistrouse en 1985 e debeuse ao resultado de Coalición Galega. Aínda que hai agora disto 24 anos pódese intuír como este fito condicionou (e hipotecou?) a estratexia electoral do nacionalismo galego nos últimos tempos.
Visita o Especial Eleccións ao Parlamento de Galiza 2009 na portada do blog.
Unha resposta a Non só enquisas (3): Forzas galegas ou españolas?
Deixa unha resposta Cancelar a resposta
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Twitter
- RT @XabierIglesias: A ver se espabilamos e collemos porta, que Vázquez se impacienta
- RT @NicoMaMi: Teresa Táboas deixa o Parlamento, fixádevos que penso que cada vez menos cousas me unen ao BNG, a xente na que confío está ...
- RT @joseprecedo: se pone la costa a disposición de los emprendedores. La xunta autoriza piscifactorías en red Natura
- RT @GLlamazares: Condenan al juez Garzón a once años de inhabilitación. Un linchamiento y un escándalo que ni respeto ni acato.
- RT @manuelrico: La ultraderecha infiltrada en el PSOE ataca de nuevo: http://t.co/8rT2l17P
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito localización lugo música mapa multimedia municipais municipal nacionalismo ourense partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta






gran análise….pouco máis se pode dicir!!