Sobre algunhas das enquisas publicadas
Hoxe coñecemos dúas novas enquisas, a de Opina para a Cadena Ser e a do CIS. Sería moi pesado para quen escribe e acho que até pouco interesante para quen le comentar todas e cada unha das enquisas que se publican.
Porén hai algunhas cousas que me levo gardando e que aproveito para comentar:
- Infortécnica para La Región (1/2/09): Un novo traballo infumábel desta empresa catalana para a empresa editora do xornal ourensán e do vigués Atlántico Diario. O rigor técnico da mostra é ínfimo. Entre outras cousas só delimitan tres únicos intervalos de idade -fronte aos catro ou seis que son habituais- e nin sequera aplican efectivamente un sistema de cotas para manter a representatividade de cada grupo etario. O prezo ridículo que cobran por cada enquisa explica esta e outras cuestións. Non lles importa encher a mostra con persoas maiores, inactivas e amas de casa se así acaban antes o traballo de campo. Así sae a posíbel maioría do PP (37-38 escanos). Nin caso. En enquisas precedentes do mesmo binomio detectáronse erros ou manipulacións nos datos que levaban por exemplo a que a suma de escanos provinciais e a galega non coincidisen.
- CIS (12/2/09): A presenza na mostra de persoas de 18 a 24 anos se reduce a 2/3 da que tiña hai 4 anos. A xuventude pasa de reunir o 12,2% da mostra a só 8,7% das observacións ou entrevistas. Significa unha caída de case o 33%. Inexplicábel. Pódese dicir que o electorado do BNG ten toda a traza de estar infrarrepresentado, o cal abondaría para inferir resultados anormalmente baixos para o nacionalismo. Pode ser a principal causa que explique a asignación de escanos máis baixa de todas as enquisas publicadas até o momento, agás o bodrio de Infortécnica publicado por La Región. Tampouco me convence a cociña do CIS, especialmente nesta enquisa: ofrecen unha proxección de escanos moi semellante á de 2005 con cifras de intención de voto diametralmente diferentes.
-Quadernas para Xornal de Galicia (2, en xaneiro e febreiro) e GZnación (1, en outubro). Como de costume, desde que as primeiras enquisas desta consultora comezaron a ver a luz -aquelas sobre o estatuto de nación comentadas neste blog con anterioridade-, os seus resultados sempre se sitúan nun extremo do escenario demoscópico, e sempre no mesmo sentido e favorábeis ás teses e resultados do BNG. O historial desmerece a súa fiabilidade, pero en concreto e centrándonos nas recentes, presentan datos pouco críbeis, algúns claros como a clasificación das mellores provincias para o Bloque, e outros máis técnicos como a inexistencia de transferencias de voto do BNG ao PP -que as hai, sempre, aínda que mínimas. Tampouco cadra que non sendo o BNG a forza coa maior fidelidade de voto nestes intres sexa a que máis aumenta en termos absolutos e relativos o seu resultado. Para pór no conxelador.
Podería seguir, pero para mostra un botón. Das enquisas publicadas até o momento quedo coas feitas por Obradoiro de Socioloxía para Público, Grupo La Capital e Grupo El Progreso. Obradoiro foi a que máis perto estivo do resultado final en 2005, e xusto é recoñecerllo, cando menos até ver o que acontece nesta ocasión.
3 respostas a Sobre algunhas das enquisas publicadas
Deixa unha resposta Cancelar a resposta
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Twitter
- RT @XabierIglesias: A ver se espabilamos e collemos porta, que Vázquez se impacienta
- RT @NicoMaMi: Teresa Táboas deixa o Parlamento, fixádevos que penso que cada vez menos cousas me unen ao BNG, a xente na que confío está ...
- RT @joseprecedo: se pone la costa a disposición de los emprendedores. La xunta autoriza piscifactorías en red Natura
- RT @GLlamazares: Condenan al juez Garzón a once años de inhabilitación. Un linchamiento y un escándalo que ni respeto ni acato.
- RT @manuelrico: La ultraderecha infiltrada en el PSOE ataca de nuevo: http://t.co/8rT2l17P
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito localización lugo música mapa multimedia municipais municipal nacionalismo ourense partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta





Teño medo de apostarlle unha cea… pero eu diría que 38, 25, 12. :)
Alá vai. Outra cea que lle ganas a Cesare! :D
Vou dicir 37,24,14… para non gañarlla ;-)