Tecnoloxía é…
Saber, querer e poder construír barcos aínda que non nos deixen. Aproveitar os coñecementos adquiridos durante décadas por unha comunidade de traballadores. Acabar coas prexubilacións. Trocar a banca polos bancos de tempo e de terras. E seguir aproveitando a horta familiar.
Rebelarse cando unha industria perigosa asenta ao lado da casa, ou cando vai e amplía pola vía dos feitos consumados. Esixir o dereito a unha menor contaminación. Alarmarnos cando as empresas funcionan sen licenza, os malos empresarios campan pola Administración e as Leis só se aplican aos máis febles. Dar un día coa xustiza fóra dos discursos.
Decidirmos que ir por autoestrada de Vigo á Coruña ten que ser gratis, aínda que teñamos que pagar para penetrar na Meseta, e non ao revés. Prever a caducidade do motor de explosión e comezar de vez a artellar unha rede de transporte público como Deus manda. Non hai como viaxar para comparar.
Preguntarnos por que temos a internet máis cara de toda a OCDE -en Portugal é oito veces máis barata- e por que pagamos un canon dixital inxusto. Saber que un galego do rural paga por cada byte máis do dobre que os que vivimos nas vilas e cidades. Compartir na rede coma quen emprestaba un libro prohibido na Ditadura.
Pór en valor os valores. Saber vivir en épocas de crise e de abundancia á medida das nosas posibilidades. Non competir por un catroporcatro e unha casa máis grandes. Lembrar o valor do esforzo e do aforro, a importancia do investir para producir e progresar, e non para gastar e consumirnos. Colocar o sentidiño na economía, no canto de ter que andar todo o santo día cos cinco sentidos enriba dela.
E Vostede, sabe ou non sabe de tecnoloxía?
Primeiro e último artigo de colaboración en Xornal de Galicia, publicado o día de noiteboa de 2008 na columna de opinión titulada ‘O Estaleiro’. Somos tres as persoas contactadas antes da súa saída para colaborar con este esperanzador proxecto xornalístico na súa sección de cultura e tecnoloxía. Dóeme dicir que até o día de hoxe fomos ignoradas sen recibir a cambio nin unha soa explicación. Aínda así, sorte.
Unha resposta a Tecnoloxía é…
Deixa unha resposta Cancelar a resposta
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Twitter
- RT @bufetalmeida: Lo más cercano a cero #esserespañol y por eso todo español quiere ser uno, y único.
- RT @GALANTIQUA: +Galiza se inclina por abandonar el BNG http://t.co/x9NBz5nU vía @elcorreogallego
- RT @xesgarcia: IU parece a gañadora do congreso do psoe e da asamblea do BNG
- RT @millanfernandez: @fbatallan moito, amigo, moito. estou dacordo. nos, o bng e a esquerda en xeral. facendo todo o contrario doq tiña ...
- RT @flipaita: 100% acordo @EstevoSG: Pois qué queredes que vos diga, pensei que era só o BNG, pero non. PArece que ninguén ten interese ...
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito localización lugo música mapa multimedia municipais municipal nacionalismo ourense partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta





Cónteme a min. Pero non sei se rematar coma vostede.