Blogomillo2005-2008Mostra

Grazas aos xogos malabares do Goretoxo podemos gozar desta nova versión da nube de palabras do blogomillo. A gráfica está composta polos termos do VOLGA máis frecuentes en todas as anotacións publicadas desde 2005 nos blogs galegos rastrexados pola araña da Blogaliza.

A diferenza de ocasións anteriores desta volta podemos personalizar a nube grazas ao servizo da IBM ManyEyes.

 
  • Pingback: chuza.org

  • http://cinemafriki.blogaliza.org/ ifrit

    dorfun, a min paréceme bastante festeiro:)

  • dorfun

    …así, de primeiras, parece un blogmillo bastante cultureta, non? :D …bo traballo!

  • http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/ ghanito

    eu concordo con ifrit :lol:

  • http://estercolaria.blogaliza.org/ reidotoxo

    Neste país o ‘cultureta’ e o ‘festeiro’ van xuntos. Somos así de guais.

  • http://demares.blogaliza.org goretoxo

    mmmmmm…. creo que xa mesmo vou encargar unha camiseta…

  • calidonia

    Sen dúbida é máis bela a descrición que a nube. E máis que ambas os elos, os sensos. E con eles as cadencias. E todas as palabras que baixaran da nube en forma de orballo e de chuvia. E aínda as que prenderan no humus e no lique. Mais antes que todas elas quedo coas que ficaron en reticencias.

  • http://www.estibalizes.wordpress.com estibaliz…

    [Como moitos outros, tamén me fixo nas anti-spam words. Para este comentario tocoume "van". Cintura, furgoneta en injlés, 3ª persoa do plu. presente verbo ir]

    Van aquí, pois, algunhas impresións sobre o cúmulonimbo blogomillo:

    Ademais das evidentes festas e festivais e premios e concursos, semella que os blogomilleiros escriben máis sobre cine que sobre teatro, e máis sobre teatro que sobre cinema. Resulta preocupante que a palabra concello alcance as mesmas proporcións que a palabra mundo. Entroido e Nadal van á par. Tamén o sol e a noite. Non deixa de ter a súa lóxica. O termo no que primeiro me fixei, quizais por ficar algo máis separado do resto e en vermello, a cor que sobresae da páxina como unha labazada, foi no termo «vida». Pero naturalmente a «morte» tamén merodea e, como é lóxico a falta de negro, de azul escuro.

    Tamén o mar azul é un chisco máis grande que a terra marrón. A terra, tamén a auga. Pero non aire nin lume.

    Pareceume curioso que dos días da semana só aparezan o venres e o domingo [podemos afirmar, pois, que o blogomillo celebra o shabbat e que,por tal feito, amosa tendencias xudaístas?]. Que os meses máis sobranceiros, sexan abril e maio, aínda que tamén rastrexamos xullos, marzos, agostos e setembros. Que a casa sexa máis grande que a terra. Que a radio teña máis peso que a rede. Que a memoria sexa máis pequena que a historia.

    Unha lei máis grande có dereito.

    Sen embargo hai un pro e non atopo ningún contra.

    A literatura é diminuta, apenas se ve. A lectura, en troques, lese ben.

    Rescato do maremágnum de nubes unha pequena carta, un canto, unha voz e unha man. Por suposto hai un bar, un plan e unha pena.

    Un pobo pequeno e unha vila algo máis grande. Unha cidade sen país.

    Como protagonistas espreito un can, unha muller, un home, un tal Pedro, unha tal Luz [probablemente o substantivo e non o nome propio] e o Che. Non hai deus nin cristo nin virxe nin hostias. Podemos afirmar, pois, que o blogomillo é laico.

    A menos que tomemos «ala» como divindade musulmana e non como a extremidade emplumada das aves. Nese caso, unha nova volta de torca orientaría o blogomillo cara ao islamismo.

    Hai alcalde pero non presidente.

    Amor hai.

    Sexo non hai.

    Si poder, traballo, paz, liberdade, guerra e violencia.

    Un pequeno manifesto.

    Como en todo, hai un pero.

    [...]

  • http://demares.blogaliza.org goretoxo

    gracias, estibaliz; gracias calidonia.

    fios como este reconcilian co mundo, e coa xente que o pisa…