Un estudo recente encargado pola Asemblea das Rexións Europeas demostra que as rexións dos estados europeos cun maior grao de descentralización posúen maiores niveis de renda e que en xeral medran por cima das demais ao longo do tempo.
A investigación advirte que nos estados máis descentralizados, e sobre todo en España, a [...]
Hans Rosling é un profesor sueco que revolucionou hai agora tres anos o xeito en que se visualiza a información estatística vinculada aos fenómenos de desenvolvemento económico.
Aproveito algunhas gráficas da autoría de preguiceiro para marcar o terreo electoral onde se xoga a tan adiada como imprescindíbel redefinición do proxecto político estratéxico do nacionalismo galego.
Tras as eleccións europeas o CIS publicou o primeiro estudo postelectoral rigoroso acerca das eleccións autonómicas galegas. Tento sintetizar nesta anotación o máis importante dos catro volumes de táboas que inclúe o estudo.
Despois de facer un curso en liña e gratuíto do IGN, e de tentar infrutuosamente matricularme noutro máis, atopei o outro día no blogue da IDEE unha anotación sobre unha ferramenta informática moi tentadora: o MapAnalyst.
Con esta aplicación libre e gratuíta pódense comparar dous mapas e establecer cales [...]
Nesta anotación analizo a relación entre a evolución do voto ao BNG e unha escolma de máis de 50 variábeis socioeconómicas con información dos últimos anos no ámbito galego.
A evolución do voto ao BNG mídese como a diferenza entre as porcentaxes de voto obtidas en 2005 e 2009, calculadas ambas sobre o total do [...]
A campaña de manipulación informativa que La Voz de Galicia levou a cabo contra o BNG nas pasadas eleccións ao Parlamento de Galiza é un dos factores máis recorrentes nas análises dos resultados que o nacionalismo vén de colleitar.
Non pretendo agora dilucidar cales foron os erros cometidos polo Bloque nas súas estratexias política e [...]
E non é precisamente pola altura de miras. Atopei pola rede esta análise dos programas electorais das tres principais forzas galegas. Nela revélase como todos eles están inzados de lugares comúns, pero tamén se amosan, e isto é o que me chamou a atención, algunhas diferencias sutís:
- O PSOE foi o que máis falou [...]
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
ESTÁS EN
Home > 2009Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta

