Pluralidade informativa bipartita
Enviado por Carlos o 26/Setembro/20087 Comentarios
As novas tecnoloxías é o que teñen. Abonda cun fluxo RSS, un cron e un script para obter un banco de datos informativo de primeira magnitude. Daí ao datamining só hai un paso.
Touriño e Quintana. Das novas institucionais publicadas pola Xunta de Galicia na súa web desde que comezou o novo curso político só o 14% mencionan a Anxo Quintana ou ao Vicepresidente. O 86% falan de Touriño ou do Presidente da Xunta.
O PSOE ten o 66% dos deputados do bipartito, e o BNG o 34%.
Os datos saen dunha mostraxe sistemática das novas publicadas realizada do 6 ao 25 de setembro de 2008.

…e isto é só o comezo, espero
Proudly powered by blogaliza.org ;-)
[...] segundo publica calidonia, as informacións sobre Touriño gañan por goleada. E é que nas novas institucionais publicadas [...]
Sen ánimo de defender a Touriño ou a Salgado, non se poden achegar eses datos sen explicar o porqué. A parte nacionalista do Goberno deixou en 2006 de achegar noticias á web debido a un durísimo enfrontamento entre as dúas partes do bipartito logo de que o PSOE adxudicou as licencias de tv ás súas empresas amigas (case todas non galegas).
Hai máis un menos un par de meses que as consellarías do BNG envían as noticias de novo á web xeral da Xunta. Eis a razón dese 14%.
Prezada Ro:
O que dis ti é certo e dábao por sabido, polo menos nalgúns círculos, quizá restritos demais. Obrigado por apuntalo.
Mais as porcentaxes que sinalo están calculadas sobre novas publicadas despois do acordo que citas e que acadaron os dous socios do goberno. As datas do traballo de campo, por así dicilo, son as que se apuntan na anotación.
Daí que saliente esa baixa porcentaxe do BNG en relación co seu peso institucional (no Parlamento e por extensión no Goberno) co único ánimo de denunciar que malia a ese acordo recente para recuperar a necesaria presenza do sector nacinalista do Goberno na portada da web institucional algúen (obviamente o PSOE) está incumprindo o criterio de proporcionalidade que como mínimo se lle debería esixir.
Se iso é un efecto derivado de que o acordo é aínda moi recente direillo en datas vindeiras, pois penso seguir observando ese fenómeno.
Saudiña
BTW iso do 86% da propaganda debe ser proporcional á porcentaxe de orzamento que manexa o PSOE.
O 18 de outubro os servidores da Xunta de Galicia comezaron a bloquear a lectura do RSS das novas institucionais por parte dos robots de Yahoo!
Un mes depois, detectada esta censura, tiven que volver a activalo empregando un intermediario.
Como se pican estes do PSOE!
Deixe a súa resposta!
cultura
Actitudes galegófobas
As gráficas que presento a seguir foron extraídas dunha enquisa sociolingüística realizada dentro dun colectivo humano moi concreto pertencente a unha cidade galega. Non debo, por razóns obvias desvelar máis detalles sobre este traballo, mais …
economía
Descentralización e desenvolvemento
Un estudo recente encargado pola Asemblea das Rexións Europeas demostra que as rexións dos estados europeos cun maior grao de descentralización posúen maiores niveis de renda e que en xeral medran por cima das demais …
estatística
política
tecnoloxía
Songbird 1.4.3 en galego
Continuando a tradición natalicia cada ano aproveito as festas para revisar a localización ao galego do xestor musical Songbird. Comecei no inverno do 2007 traducindo a versión 0.8 e retomei no nadal de 2008 a …
Google
Facebook
Calendario
Arquivo
Idioma
Galego
Blogroll
Anotacións Aleatorias
Última anotación de vídeo
Máis Comentadas