Xornalismo 3 – Política municipal 0
Había que preguntarlle aos Alcaldes, que para min como políticos que teñen poder executivo son os máis covardes do arco político español, porque son políticos que se dedican só a quedar ben co cidadán pero que nunca se esforzaron en tomar medidas que solucionen problemas.
Fala Vostede da dispersión poboacional. Cantos concellos en Galiza levan feito unha política urbanística que vaia contra a poboación que está dispersa? Primeiro.
Cantos concellos se esforzan en recadar o que deben recadar?
Hai pouco en Vigo aparece un incendio pavoroso onde había nunha nave 11 empresas. Só unha tiña licenza de actividade.
Cantos concellos se preocupan non da licenza de obra senón das licenzas das pequenas reformas que se fan que non paga ninguén?
Cantos concellos cobran pola auga o que deben cobrar? Polos servizos? [...]
Vamos ver. A min paréceme ben que os alcaldes fagan esta política. Non entendo que a fagan agora. Nunha época de crise isto de vir a pedir máis a min non me parece politicamente correcto.
O debate sobre o financiamento municipal comeza no minuto 23. A transcrición pertence á intervención de Xosé Luís Portela, xornalista da Radio Galega, no minuto 32.
Cada vez estou máis convencido de que os tres principais partidos políticos galegos teñen os mesmos planos para os concellos. Algo moi parecido a non ter ningún.
- http://www.insomniorizar.blogspot.com insomniorizar
- http://oblodelm.blogspot.com l&m
- http://www.insomniorizar.blogspot.com bagoas insomnes
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta




