Novidades nos medios galegos
Hoxe a rede dispénsanos dúas novidades dentro do panorama dos medios de comunicación no noso idioma. Ámbas as dúas se producen arredor de Vieiros, esa matriz ou melting point da internet galega que aínda non achou ese concorrente serio que cando menos algúns acharíamos enriquecedor.
Dun lado a revista mensual Tempos Novos, que até agora contaba cunha canle propia en Vieiros onde se publicaban extractos dos artigos e entrevistas, faise maior, independízase e abre a súa propia edición dixital. Nace Tempos Dixital coa vocación irrenunciable de se converter nun espazo de opinión e debate deses que verdadeiramente escasean -e hoxe máis que nunca- neste País.
Polo menos até agora e na miña opinión os columnistas e articulistas dos diferentes medios de comunicación de masas en lingua galega -a meirande parte electrónicos- cumpren malamente ese papel. Enténdaseme ben, quizá a culpa é máis dos comentaristas que dos opinadores, quizá é unha culpa distribuída. Debe ser por iso que nestes anos só a blogosfera achegou, puntualmente por desgraza, esas ágoras -ou tascas, como se prefira. (Non lean isto pero reparo agora en que task é tarefa en inglés, e así entende un mellor esa expresión nosa de ir tomar os choios).
O proxecto impulsado xa hai unha década por Atlántica de Información e Comunicación dá un pequeno paso máis no fecundo camiño encetado coa reestruturación do seu soporte en papel e a creación do suplemento ProTexta. Con este avanzo o proxecto gaña en madurez e distánciase dos perigos que ameazan aos medios inmobilistas.
Doutro lado Vieiros suple a perda da canle Tempos con unha primeira colaboración con radiofusión, o portal da programación común das emisoras municipais galegas agrupadas en EMUGA.
Esta sinerxia é máis simbólica que real. Consiste nunha simple sindicación de contidos que irá publicando en Vieiros as novas locais producidas polas emisoras nun ticker, visíbel ao lado do que xa funcionaba a través de Europa Press. É o mínimo polo que comezar, e máis que nada coloca sobre a mesa todo un abano de posibilidades e complementariedades, co único límite que ten a natureza diferente -privada e pública- das entidades promotoras.
Con todo, este movemento reaviva o até hoxe algo parado sector da comunicación local, tan importante para o noso idioma como que é case o único reduto informativo no que o galego é maioritario.
Desde aquí saudamos as dúas iniciaciativas e desexámoslles todo o mellor.
2 respostas a Novidades nos medios galegos
Deixa unha resposta Cancelar a resposta
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Twitter
- RT @bufetalmeida: Lo más cercano a cero #esserespañol y por eso todo español quiere ser uno, y único.
- RT @GALANTIQUA: +Galiza se inclina por abandonar el BNG http://t.co/x9NBz5nU vía @elcorreogallego
- RT @xesgarcia: IU parece a gañadora do congreso do psoe e da asamblea do BNG
- RT @millanfernandez: @fbatallan moito, amigo, moito. estou dacordo. nos, o bng e a esquerda en xeral. facendo todo o contrario doq tiña ...
- RT @flipaita: 100% acordo @EstevoSG: Pois qué queredes que vos diga, pensei que era só o BNG, pero non. PArece que ninguén ten interese ...
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito localización lugo música mapa multimedia municipais municipal nacionalismo ourense partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta





Efectivamente. Ambas as dúas iniciativas son moi positivas. O de Tempos xa tardaba e trae á rede algúns dos contidos máis interensantes do xornalismo galego.
Sobre o de Radiodifusión, todo debería camiñar cara a unha integración multimedia, aproveitando os propios boletíns e cortes de audio da emisora. Sería moi necesario
Saúdos Calidonia: Supoño que falaría Palmira de Bágoas Insomnes contigo respecto á Xuntanza de Agolada. Eu como organizador e portavoz da Asociación Amigos dos Pendellos de Agolada reitéroche as palabras de Palmira para invitarte á nosa Xuntanza como relator para disertar sobre a actualidade dos blogs en Galicia. Coñezo os artigos que tes publicados na documentación e parécenme sumamente interesantes.
Déixoche o meu e-mnail para que me comuniques a túa opinión.
mbusto@edu.xunta.es
No blog da Xuntanza está o resto da información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com
Unha aperta e grazas por anticipado.