O Gran Salto (cara abaixo)
Na gráfica móstrase o crecemento económico de 10 Estados membros da UE, entre eles o Reino de España, durante o decenio 1995-2005. Cada columna representa a acumulación dos diversos factores que inciden no crecemento, tanto en sentido positivo (pilas por riba de cero) como negativo (por baixo). O Reino de España é o que presenta o segundo maior crecemento tras Finlandia, e é o segundo por que malia a ter unha acumulación de factores positivos superior á do país nórdico ten tamén un factor negativo de peso considerábel. Quitado o nivel de crecemento calquera outro parecido entre eles é pura coincidencia.
A mensaxe importante da gráfica, e da investigación que a sustenta, é que o crecemento español fundamentouse centralmente no número de horas traballadas, máis que en ningún outro Estado, entanto a produtividade (de cada hora traballada) deceu e contribuíu de forma negativa, tamén como en ningún outro Estado. Só ese parceiro mediterráneo chamado Italia mostra un comportamento semellante ao caso español. Como os dous Estados partillan unha estrutura produtiva e unha situación económica semellante, os seus Presidentes van ter que facer fronte nos próximos anos a problemas parecidos (maiores no caso de ZP se cabe, dada a febleza do modelo de crecemento español dos últimos anos).
Unha última reflexión. O contributo do capital tecnolóxico (ICT) ao crecemento no caso español só foi superior ao da Italia e máis ao da Francia (olalá Monsieur Sarkozy). Nos outros 7 Estados a achega porcentual da tecnoloxía ao crecemento foi superior e relativamente máis importante, sobre todo nos pequenos Estados do Mar do Norte. O Reino de España presenta a maior dependencia do capital non tecnolóxico. Probablemente se tratar diso que dan en chamar “ladrillo” ou tixolo.
Waring Hudsucker nunca tomou o camiño fácil. Cada paso que deu foi sempre cara arriba. Excepto este último, claro.
(Joel & Ethan COHEN, The Hudsucker Proxy).


Por certo, no mesmo documento da fonte, na páxina 16 pódese comprobar como o Estado do Reino de España comunica a Europa unhas estatísticas de cobertura rural da banda larga que dan vergoña. Segundo o que aí figura o Estado español sería o que dos 27 Estados memnbros ten unha fenda dixital menor entre zonas urbanas e zonas rurais (datos de finais de 2006). Parece que o goberno de Zapatero segue crendo na sacrasanta palabra de Telefónica, como facía cando o amiguiño de Aznar estaba á fronte.
este comentario que deixaches Calidonia, eche tan certo, como que eu o sufro directamente no meu traballo e convivo con esta realidade rural a diario.
na meirande parte dos concellos e vilas que me rodean agora mesmo, son os menos os que acadan unha velocidade de “adsl rural” de uns 412 kpbs, e a maioria rexistran velociades de 36 de baixada!
e ata coñezo aulas, telecentros e demías sitios que se adican a alfabetización dixital con presupostos do estado do reino de españo que rexistran velociades de 44 de baixadas, que se conectan vía satelite…. e…. bueno para facer unha memoria, pero unha memoria da realidade rural auténtica e non a que dan certas estadísticas.
por iso, parece moi meritorio, ousado e valente a creación de blos dende o rural, que cada vez son máis e que supoñen, con estas caracteristicas de conexión, ser un canto a paciencia e o traballo case artesanal, pois por espewriencia te digo que subir un post, pode ser unha tarefa moi moi longa.
E disto quero deixar contancia na I xuntanza de Blogueiros que se celebrará en Agolada.
por certo compañeiro calidonia, falei con Mbusto de AQUAM LATAM e pediume que te escribise para solicitar atúa colaboración na Xuntanza, e que compartises con nos os estudos que tes feitos ata o momento acerca dos blos nas nosas terras, ponte en contacto con él, o podes facer ben no blo da Xuntanza que sei q coñeces, ou ben a través do seu blo AQUAM LATAM, se non a través do meu correo podo darte o seu enderezo de correo persoal.
Un saúdiño!
Segundo esa gráfica, Dinamarca atópase nunha situación semellante á de Italia ou de España, agás pola contribución do capital tecnolóxico. E tamén se comproba coo en Alemaña non a rañan, que é o que todo o mundo sabe.
Tamén o meu país queda bastante ben parado… :)
Deixe a súa resposta!
cultura
Actitudes galegófobas
As gráficas que presento a seguir foron extraídas dunha enquisa sociolingüística realizada dentro dun colectivo humano moi concreto pertencente a unha cidade galega. Non debo, por razóns obvias desvelar máis detalles sobre este traballo, mais …
economía
Descentralización e desenvolvemento
Un estudo recente encargado pola Asemblea das Rexións Europeas demostra que as rexións dos estados europeos cun maior grao de descentralización posúen maiores niveis de renda e que en xeral medran por cima das demais …
estatística
política
tecnoloxía
Songbird 1.4.3 en galego
Continuando a tradición natalicia cada ano aproveito as festas para revisar a localización ao galego do xestor musical Songbird. Comecei no inverno do 2007 traducindo a versión 0.8 e retomei no nadal de 2008 a …
Google
Facebook
Calendario
Arquivo
Idioma
Galego
Blogroll
Anotacións Aleatorias
Última anotación de vídeo