Songbird en galego
Songbird é un reprodutor multimedia multiplataforma (linux, windows, mac) gratuíto e libre, vinculado á Fundación Mozilla.
O Songbird aproveita así moita da arquitectura que está facendo trunfar aos produtos da casa Mozilla, e conta entre as súa funcionalidades cun navegador web integrado, a posibilidade de incorporar extensións desenvolvidas polos usuarios, integración con dispositivos portátiles (iPods, USB e demais), unha boa política de control da privacidade sobre os teus ficheiros multimedia (audio e vídeo), pódese integrar co Audioscrobbler da last.fm… Fai todo o que fan outros reprodutores que non son de código aberto, e ademais faino ben, bonito, e barato.
E agora, para acabar de enumerar as súas vantaxes, conta ademais cunha tradución ao galego. Remateina en pouco máis dun día a partir dunha tradución incompleta de aproximadamente o 20% que alguén principiara nunha versión anterior da aplicación. Podedes descargar esta extensión .xpi para traducir a interface do Songbird ao galego aquí.
Songbird é o complemento ideal ao trío formado polo Firefox, o Thunderbird e o Pichiño.
A que esperas para pór os catro mosqueteiros no teu PC?
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta






Pingback: chuza.org
Pingback: Calidonia » Songbird 1.0 en galego