Política e urbanismo en Galiza (I): O reaxir na rede
Comezo con esta anotación unha serie de varios artigos sobre a situación da política no urbanismo e do urbanismo na política, e en xeral sobre o planeamento e ordenación do territorio. Todo isto enmarcado conscientemente na axenda política que se aveciña, a uns poucos meses das eleccións municipais.
Nesta primeira entrega quero chamar a atención sobre a importancia que está collendo a rede para vehicular denuncias, protestas e debates acerca destes temas. Velaí vai unha relación actualizada de ligazóns:
- A Estragada (A Estrada) (RSS).
- A-76 por Monforte (RSS).
- Alternativa Veciñal Vigo (RSS).
- Autovía por Trives (RSS).
- Cangas do Morrazo.com (RSS).
- Cangas non se vende.
- Coordinadora pola defensa do litoral (A Mariña) (RSS).
- Defendamos a Carbalheira de Menáncaro (Ferrol) (RSS).
- Ferrolterra – Ciudadanos aliados para defender su entorno (RSS).
- Colectivo Fusquenlla (SOS Pontedeume).
- Hai que salvar Ponzos! (Ferrol) (RSS).
- OAR Redondela (Atom).
- Ortigueira sostible (Atom).
- Outro Vigo.
- Parque Rosalía (Lugo).
- Plataforma Ártabra 21 (Atom).
- Pontedeume (RSS).
- Pregúntome desde Pontedeume (RSS).
- PXOM Nigrán (RSS).
- Sárdoma en loita (Vigo) (RSS).
- PXOM Gondomar.
- PXOM Nigrán (RSS).
- PXOM Vigo.com.
- Ronda Non (Sanxenxo).
- Salvemos Monteferro (desaparecida).
- Urbanismo en Pontedeume (Atom).
Hai moitas outras webs e blogues que falan puntualmente destes e outros casos, nomeadamente aquelas páxinas con claro contido político local e orientación partidaria.
O protagonismo que os medios tradicionais furtan á corrupción urbanística, ou que filtran adecuadamente, ten desembocado non só na proliferación de páxinas como as que sinalo, senón de iniciativas tan interesantes como a de Zero Vacas, propoñendo un espazo aberto para a realización de denuncias: Manda-ti.
Na relación hai concellos de todas as cores. Que ninguén pense que esta anotación ten algunha orientación diferente da que se propón evidenciar a necesidade dun debate social sobre a planificación urbanística, a necesidade de artellar mecanismos de participación cidadá, a reforma necesaria no reparto de competencias e, mesmo, a necesidade de mudar o mapa municipal galego, perante a evidencia de que a inmensa maioría dos nosos concellos non poden artellar políticas minimamente eficaces e transparentes, xa non nesta materia, senón en case todas as que lles competen. Como se ve, a cousa vai máis aló do debate do feísmo. Tamén atinxe ao financiamento dos partidos políticos e dos propios concellos, e, por que non diiclo, a un cambio profundo de mentalidade cidadá.
Quero agradecer o contributo que Taurozen fixo en Chuza!, onde apuntou case todas as páxinas que non posúen sindicación de contidos, das que non adoito facer o seguimento.
- zerovacas
- Joam
- http://www.espacioblog.com/ortigueira Ortigueira Sostible
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta




